"Sar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 930.

  • Transmitir imaxes e sons por televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estirar unha cousa o máximo posible de forma que quede tensa, tirando con forza polos seus extremos, sostendo ou fixando un deles e tirando polo outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Interpretar erroneamente un discurso ou un feito de maneira intencionada ou non.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (14 a C-37 d C), fillo de Claudio Nerón e de Livia. Tribuno militar en Hispania (26 d C), cumpriu misións en Armenia, Galia, os Alpes, Panonia e Dalmacia. No 7 a C obtivo un segundo consulado e ao ano seguinte acadou a potestade tribunicia por cinco anos. Despois da morte de Augusto (14 d C), que o fixera casar (12 a C) coa súa filla Xulia, que o adoptara (4 d C) e que o obrigara a adoptar a Xulio César Xermánico, o Senado cedeulle todos os poderes. O imperio prosperou baixo a súa administración, asesorada por Salustio Crispo pero, coa morte do seu sobriño Xermánico, do seu fillo Druso, e co traspaso de Salustio (20 d C), o seu goberno sufriu un cambio radical, caracterizado polo terror. En 26 a C retirouse da vida política. Foi sucedido por Calígula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palacio dos sultáns atománs en Istambul, coñecido tamén co nome do Serrallo. Construído por Mehmet II (acabado en 1478) no lugar da antiga acrópole, baixo Solimán o Magnífico pasou a ser a sede oficial do sultán, ata que en 1855 Abdülmecit a trasladou ao palacio de Dolmabahçe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luís López Tosar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trasladar un líquido dun lugar ou dun recipiente a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cenlle baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vimianzo. Ten planta rectangular cun soportal na parte central realizado como unha columnata dórica sobre a que se sitúan os arcos que sosteñen a solaina, artellada con columnas toscanas. Edificouno Antonio de Caamaño e Quintáns no s XVII. A capela, de planta rectagular, ten acceso desde o exterior e desde a vivenda e conserva un brasón na fachada que alude aos Caamaño e Villar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Atravesar algo furándoo.

      1. Pasar ao outro lado.

      2. Pasar máis alá dun límite.

    2. Cederlle un dereito, unha propiedade ou unha obriga a outra persoa.

    3. Producir unha impresión moi aguda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Investigador. Director do Instituto Universitario de Ciencias de las Religiones da Universidad Complutense de Madrid, foi profesor do Departamento de Estudios Hebreos y Arameos desa universidade e membro do Comité Internacional de Edición de los Manuscritos del Mar Muerto. Centrado nas investigacións sobre a crítica textual e literaria da Biblia, publicou La Biblia judía y la Biblia cristiana: introdución a la historia de la Biblia (1993), La experiencia de Israel: profetismo y utopía (1996) e Libro de los Salmos: religión, poder y saber (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar pola boca o contido do estómago.

    2. trasfegar.

    3. Pasar as abellas dun trobo para outro.

    4. Torcer o fío co trouso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título do rei dos búlgaros, dos soberanos de Serbia e do emperador de Rusia. É un termo eslavo, derivado do latín caesar, que significa rei ou emperador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo do N da illa de Madagascar, onde se atopa a maior altitude da illa, o Maromokopo (2.886 m). Está cuberto de bosque tropical húmido. A vertente oriental cae abruptamente sobre a estreita chaira litoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillo primoxénito do tsar, herdeiro ao trono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filla do tsar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Réxime político na Rusia dos tsares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao tsar ou ao tsarismo.

    2. Partidario do tsar ou do tsarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago do Tíbet, no Himalaia setentrional, situado a unha altitude de 4.557 m, entre os cumios de Gagrin Pochhe (6.714 m), ao N, e o Gurlha Mandhātā (7.728 m), ao S. A súa superficie e duns 440 km2.

    VER O DETALLE DO TERMO