Tsaratanana

Tsaratanana

Macizo do N da illa de Madagascar, onde se atopa a maior altitude da illa, o Maromokopo (2.886 m). Está cuberto de bosque tropical húmido. A vertente oriental cae abruptamente sobre a estreita chaira litoral.