"cis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1012.
-
PERSOEIRO
Pintor e dorador. Realizou case todas as súas obras en colaboración co seu irmán Xoán Antonio Rolán de Santa Cruz . Destacan o retablo de santa Rosa, na igrexa parroquial da Guarda; os retablos laterais de San Pedro do Castro de Laza; o retablo da Expectación da catedral de Tui (1728) e o retablo maior de Santa Mariña do Rosal (1729).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen escribía en lingua romance, en oposición ao que o facía en latín.
-
Persoa que escribe romances.
-
-
-
Calidade de romántico.
-
Movemento artístico e espiritual que, nos últimos decenios do s XVIII e durante o s XIX, se estendeu por Europa e determinou unha renovación profunda, sobre todo na literatura, pero tamén noutras manifestacións da arte e da vida. O termo romántico apareceu primeiro en Inglaterra durante o s XVII, e a complexidade dos aspectos da vida e das actitudes que revestiu o romanticismo, xunto á diversidade das tradicións nacionais en que se inseriu, dificultan unha definición. Así, aparece ás veces como un movemento revolucionario e outras veces como un movemento de restauración. Tamén se estableceu unha distinción entre o romanticismo da primeira xeración e o da segunda, e fíxose constar que a evolución seguiu direccións diferentes en Alemaña e no resto de Europa occidental. Mentres o romanticismo alemán partiu dunha actitude revolucionaria e foi parar a unha posición reaccionaria, o europeo occidental partiu desde unha posición conservadora e monárquica e evolucionou cara a unha actitude puramente...
-
-
GALICIA
Mariño. Foi garda mariña en Ferrol (1780) e interveu en numerosas batallas navais en Europa, América e o norte de África. Ascendido a tenente de navío (1797), enfrontouse cos ingleses do almirante Jewis fronte ao cabo de San Vicente. Loitou durante a Guerra da Independencia, ascendeu a brigadier (1814) e opúxose á restauración da monarquía apoiando o levantamento de Porlier. Fuxiu a Reino Unido e volveu a España tras o Pronunciamento de las Cabezas de San Juan, pero tivo que volver a exiliarse ata 1832. Presidiu a Xunta Revolucionaria de Cádiz, foi capitán xeneral da Armada e director xeneral da mesma, ademais de senador pola Coruña (1837-1838) e senador vitalicio (1845-1846). Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Foi catedrático de Anatomía Descriptiva e reitor en tres ocasións da Universidade de Santiago de Compostela, á que representou como senador en 1896. Colaborou en El Eco de Santiago e Fin de siglo, e escribiu Tratado de angioneurología o sistema vascular y nervioso, considerados paralelamente en su parte anatómico-filosófica (1869), Ensayo de angilogía anormal: casos de notable anomalía del sistema vascular (1875) e Programa de Anatomía humana: normal y fisiológica, general y descriptiva (1884). Académico da Real Academia Nacional de Medicina, foi académico fundador da Real Academia Galega (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo e escritor. Cofundador do Seminario de Estudos Galegos (1923), escribiu La lengua de Cristóbal Colón (1969), onde tentaba demostrar a orixe galega do descubridor e, postumamente, Vocabulario de Soneira (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Catedrático de Patoloxía Cirúrxica (1910) pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en otorrinolaringoloxía e oftalmoloxía. Publicou numerosos traballos sobre a súa especialidade, como Hematomas del tabique de las fosas nasales como complicación de los traumatismos de la nariz, estudiados a partir del conocimiento de varias observaciones prácticas (1913), Nociones de terapeútica de las enfermedades de la nariz, garganta y oídos: para uso del médico práctico (1913) e Estudio crítico de los medios de tratamiento de la disfagia consecutiva a la tuberculosis laríngea (1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Deputado pola Unión Liberal (1856), participou na Revolución de 1868. Foi ministro de Fomento (1872) e de Gobernación (1874-1875, 1879-1881 e 1884). Colaborou cos conservadores na Restauración, pero en 1885 rompeu con eles e fundou o Partido Reformista, situado entre conservadores e liberais. Fracasado o intento de 1888, volveu ao Partido Conservador e ocupou os ministerios de Ultramar (1891-1892) e de Graza e Xustiza (1895). En 1902 foi elixido presidente do Congreso de los Diputados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Corrixidor de Madrid, foi o instigador do Motín dos Gatos (1699), contra o conde de Oropesa. Na Guerra de Sucesión Española serviu no bando borbónico e Filipe V nomeouno presidente do Consello de Castela, cargo do que foi destituído en 1714.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno fonético que consiste en articular como [r] o /ªs/ implosivo en posición interior de palabra, ou por fonética sintáctica, ante consoante sonora, e en menor medida ante as xordas /f/ e /θ/ (lesma [‘lεrma], os dedos [or’»ðe»ðoªs], os feos [or’feoªs]). No territorio galego é frequente este fenómeno ante consoante sonora, especialmente na zona suroriental: hai zonas compactas de rotacismo no sur de Lugo, interior de Pontevedra (zona de Lalín, Silleda, etc) e gran parte de Ourense. No galego exterior só se rexistrou nalgún punto do galego do Bierzo. Diante de consoantes xordas fricativas dáse excepcionalmente. Este fenómeno fonético, que rematou cara a 330 a C, obsérvase particularmente en latín antigo, en posición intervocálica (lat GENERIS provén dun anterior *GENESIS; os infinitivos AMARE, AUDIRE, LEGERE presentan rotacismo, por ser se a desinencia de infinitivo). Algunhas linguas románicas tamén coñecen, en parte, o rotacismo. Así...
-
PERSOEIRO
Médico estadounidense. Estudou nas universidades Johns Hopkins de Baltimore e na de Michigan. Foi membro do Rockefeller Institute desde 1909 e descubriu o sarcoma de Rous (1911). Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1966), xunto a Charles B. Huggins, polas súas investigacións sobre a etioloxía vírica do cancro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pedro Rubiales.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que ten un bo coñecemento das rúbricas dos ritos litúrxicos.
-
PERSOEIRO
Nobre, VIII conde de Lemos, V marqués de Sarria e grande de España, fillo de Fernando Ruiz de Castro Andrade e Portugal. Membro da orde de Santiago (1598), foi lugartenente de Nápoles durante as ausencias do seu pai e do seu irmán, Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, VII conde de Lemos. Foi embaixador en Venecia (1606) e Roma (1609) e vicerrei e capitán xeneral de Sicilia (1616). Participou na defensa da Coruña ante un posible ataque inglés en 1625 e ao ano seguinte entrou no Consello de Estado de Filipe II. En 1629 renunciou aos seus títulos e ingresou na orde beneditina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Despois de residir en Italia (1521-1526), onde coñeceu a Bembo, Sannazaro e Ariosto, introduciu as formas renacentistas italianizantes en Portugal con Fábula de Mondego e a égloga Alexo (1527). A súa tarefa innovadora concretouse na introdución da comedia en prosa e na adaptación de novas estrofas e novos subxéneros. Escribiu tamén obras de tipo tradicional e alternou as linguas portuguesa e castelá, debido á pertenza, nesa época, de Portugal á coroa castelá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar. Nomeado ministro de Facenda en 1797 por M. de Godoy, substituíu a este como secretario de estado en 1798, aínda que tivo que dimitir ao mes seguinte. Retirado en Sevilla, dirixiu a Junta Suprema para loitar contra a invasión francesa (1808).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso franciscano, irmán de X. A. Saco Arce. Ordenado sacerdote en 1870, foi superior dos franciscanos de Casablanca e Tánxer. Fundou o convento de Vistahermosa (Ourense) e foi comisario provincial (1884). Escribiu Estatutos municipales de la Venerable Orden Tercera de Penitencia... de la ciudad de Tánger (1881) e Estatutos de la Santa Provincia de Santiago (1883).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Foi autor dalgunhas das vilas novas da periferia de Madrid realizadas coa colaboración de Cubillo, Romany e Sierra como Erillas (1955), Batán (1960) e Entrevías (1956). Foi catedrático e director (1981-1983) da Escuela Superior de Arquitectura de Madrid. Das súas obras destacan as Torres Blancas (1962-1968), o Banco de Bilbao (1979) e o edificio da administración dos Recintos Feriales (1988-1991), todas elas en Madrid. Colaborou co proxecto Abrir Vigo ao Mar co deseño do centro de ocio da Laxe. Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura polo Centro Atlántico de Arte Contemporáneo de Las Palmas de Gran Canaria e en 1993 o Premio Príncipe de Asturias das Artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e sacerdote. Foi avogado da Audiencia da Coruña, membro do Real Consello de Facenda e do Consello de Castela e abade de Alcalá la Real. Escribiu Tractatus de regia protectione vi oppressorum a causis judicibus ecclesiasticis (1627), Larynthus creditorum... concurrentium (1651) e Tractatus de supplicatione ad sanctissimun a literis et bullis apostolicis, in perniciem reipublicae, regni, aut regis, aut juris tertii praejudicium impetratis: et de earum retentione interim in senatu (1664).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e escritor. Foi fiscal da Audiencia Territorial de Galicia. Colaborou en Vida Gallega e escribiu, entre outras obras, Los bacilos y los bastoncitos de Doña Perfecta, A leenda dun probe (1918), A Galicia (1918) e Cantares da Terra (1922).
VER O DETALLE DO TERMO