"sin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 907.
-
-
Relativo ou pertencente a Tunes ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Tunes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación agraria creada en 1907 na Coruña. Naceu con bases anarquistas e o seu programa baseábase na reclamación da supresión dos arbitrios municipais e dos foros, as reparticións de consumos ou a exportación dalgúns produtos agrícolas. En 1908 parte dos seus afiliados pasaron a Solidaridad Gallega. En 1919 desfíxose totalmente e o seu nome foi recollido como título da publicación doutra organización agraria socialista coruñesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sindicato obreiro, fundado en Asturias en 1960 a raíz do aumento do nivel de conciencia obreira producido pola conflitividade laboral nas minas asturianas. Malia a incorporación de sectores de militancia cristiá (Juventud Obrera Católica), foi sempre un sindicato aconfesional. Inicialmente colaborou con Comisiones Obreras. Deu moita importancia á autonomía sindical con relación aos partidos políticos, e impulsou un socialismo de autoxestión que intentou recoller unha corrente socialista diferenciada do PSOE e de UGT. En 1977 conseguiu a legalidade e celebrou en Madrid o seu primeiro congreso federal. Pese a unha escisión, dirixida polo antigo secretario xeral, José María Zufiaur, integrouse en UGT (1977).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orsini.
-
PERSOEIRO
Antipapa (366-367). Oposto ao Papa Dámaso I, foi elixido por unha parte da clerecía romana á morte de Liberio. Foi desterrado por un decreto de Valentiniano I.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao oso.
-
GALICIA
Profesor e escritor. Colaborador da revista Dorna, publicou Historias da cidade do deserto (1988) e Paradise lost (1996), así como diversos relatos curtos en obras colectivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Hormona que é segregada polo hipotálamo e se acumula no lóbulo posterior da hipófise. A súa acción é a de aumentar a presión sanguínea e inhibir a diurese. OBS: Tamén se denomina hormona antidiurética ou pitresina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parálise unilateral dos pares craneais IX, X e XI que se caracteriza por transtornos da deglución e da fonación, abolición dos reflexos náuseos e parálise do trapecio e do esternocleidomastoideo.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Portomarín baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Texto haxiográfico escrito entre 1172 e 1190 polo monxe Ordoño de Celanova, que narra a vida e milagres de san Rosendo. Consta de tres libros e contén, ademais da vida do santo, unha serie de 42 milagres, os primeiros 30 da autoría de Ordoño e os posteriores engadidos por diferentes autores.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro e industrial francés. En 1906 ideou un modelo de biplano con flotadores que constituíu o primeiro hidroavión. Co seu irmán, Charles Voisin (Lyon 1882 - Corselles 1912), dedicouse á construción de diversos modelos de avións. Tamén se dedicou á fabricación de automóbiles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
č (Odessa 28.11.1883 - Nova York 22.11.1954) Político ucraíno. Foi fiscal xeral da URSS (1931-1938) e acusador principal dos procesos de Moscova. Participou na creación dos réximes comunistas nos Balcáns. Delegado na ONU (1946-1949 e 1953-1954), sostivo con dureza a política stalinista de expansións e tensión con EE UU.
-
PERSOEIRO
Director de orquestra. Asistente de Mahler en Hamburgo, dirixiu a ópera da corte de Viena (1901-1912), a orquestra de Múnic (1913-1922), a ópera de Berlín (1925), a Gewandhaus de Leipzig (1929) e, desde, 1941 na orquestra sinfónica de Nova York.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico irlandés. Investigou, xunto con J. D. Cockroft, as partículas aceleradas. Recibiron o Premio Nobel de Física (1951) polos seus traballos sobre a transmutación de núcleos atómicos mediante partículas atómicas aceleradas artificialmente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sínodo da igrexa de Northumbria, celebrado en 663-664, en que se decidiu o cambio da liturxia celta pola romana.
-
RIOS
Río de EE UU, afluente do Mississippi pola esquerda (692 km). Atravesa o estado de Wisconsin.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de EE UU situado entre os lagos Michigan e Superior (145.436 km2; 5.363.675 h [2000]). A súa capital é Madison. Limita ao N co estado de Michigan e co lago Superior, ao S co estado de Illinois, ao L co lago Michigan e ao O con Minnesota e Iowa. Predomininan as terras baixas (Rib Hill 582 m). As augas do sector SO van cara ao Mississippi, mentres que o resto son tributarias dos lagos Superior e Michigan. Entre os seus recursos minerais destacan o zinc e o ferro. Forma parte do Dairy Belt, zona de produción leiteira do N e o NL estadounidense. Ten industrias de construción mecánica e naval e refinarías de petróleo. A súa aglomeración principal é Milwaukee. Explorado e colonizado polos franceses (s XVII), pasou a poder de Inglaterra (1763) e formou parte da Unión; constituíuse como estado en 1848.
-
VER O DETALLE DO TERMO
síndrome de Aldrich.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da codia terrestre que se afunde e se enche de rochas sedimentarias ou volcánicas, e que pode ter un grosor de miles de metros. Localízase nas marxes das placas litosféricas cuxo movemento dobra os sedimentos e orixina as cadeas montañosas.