"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Que ou quen é novo nun grupo ou nun lugar.
-
Que ou quen non ten experiencia en algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente artística italiana que se organizou en Milán a partir de 1922. Xurdiu como consecuencia dun novo xiro da arte que apareceu en Italia a finais da Primeira Guerra Mundial e que foi animado desde a revista Valori Plastici, que preconizaba un retorno á liña autóctona de Giotto ou Masaccio. Bautizado por Anselmo Buci (1887-1955), foi aceptado axiña por Achille Funi, Ubaldo Oppi, Mario Sironi e o ex-futurista Carlo Carrá. Relacionáronse tamén os pintores Giorgio Morandi, Felice Casorati, Massino Campigli e Filippo de Pisis, que representan unha opción non vangardista da arte. A primeira exposición do novo grupo tivo lugar en Milán en 1923. A corrente arquitectónica serviu os intereses da pequena burguesía, que sustentou o réxime ditatorial e se concretou nunha mestura de elementos neoclasicistas con algúns futuristas e, ata mesmo, racionalistas. Deuse preferencia á planificación urbanística ante o edificio illado e é tomado como o modelo xenérico do neoclasicismo milanés de...
-
-
Nove veces cen.
-
Que ocupa o lugar número novecentos nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor ordinal, e polo tanto equivale a noninxentésimo.
-
Representación gráfica deste número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 900 e na romana por CM.
-
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias da Arnoia, Cartelle e Castrelo do Miño, nos concellos homónimos. O seu cumio acada os 712 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Monterroso. Datada nos ss XII-XIII con reformas do s XVIII, conserva a estrutura románica. Consta de nave rectangular con ábsida tamén rectangular e os muros son de cachotaría e cantaría de granito con cuberta a dúas e catro augas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Catedrático na Universidade de Santiago de Compostela, realizou colaboracións con diversas revistas científicas. Das súas publicacións destacan a súa tese doutoral Redución cruenta de las luxaciones traumáticas irredutibles (1903), Sobre el agua mineral como agente terapéutico (1913), e Tratado de farmacología experimental y terapéutica (1943), en colaboración con R. Villarino Ulloa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. De novo emigrou a Cuba onde dirixiu o xornal Las Hijas de Eva e cando volveu a Galicia foi nomeado o primeiro director de El Correo Gallego. Foi deputado provincial pola Coruña e director do Gran Hospital de Compostela. Escribiu o prólogo de Poesías gallegas y castellanas, de Francisco Añón, El capricho de mi esposa (1875) e o poemario Romancero de Galicia (1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación cristiá do conxunto dos libros da Biblia escritos despois do nacemento de Xesús Cristo, entre os anos 50 e 150 que se coñeceron en grego, posiblemente a súa lingua. Consta de 27 documentos escritos, cunha tipoloxía que abrangue os Evanxeos, catro libros que recollen os diferentes períodos e acontecementos da vida de Xesús Cristo, as Epístolas, que constan de firma, dirección, saúdo, acción de grazas, mensaxe e despedida, os Feitos dos Apóstolos, narración histórica que se presenta desde o punto de vista teolóxico, e a Apocalipse, seguramente escrita durante a persecución contra os cristiáns do Emperador Domiciano (81-96)
-
GALICIA
Xornalista. Emigrou a Arxentina, onde fundou e dirixiu as revistas Galicia Literaria, Galicia en América e Aires da miña terra, e colaborou en numerosas revistas e publicacións arxentinas e españolas como El Porvenir, El Libredón, El Ciclón e El Huracán. Publicou a obra teatral A volta da romería de Santa Xusta. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Colaborador de diversos xornais e revistas, como Diario de Pontevedra, El Pueblo Gallego e Faro de Vigo, caracterizouse pola súa sensibilidade lírica. Publicou os libros de poemas Silencio (1932) e El sueño desanclado (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e escritor. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en 1907. Tras doutorarse, traballou no Hospital de Caridad de Teresa Herrera na Coruña, gañou a cátedra de Patoloxía Xeral tanto da Universidade de Santiago de Compostela como a de Madrid, e foi durante estos anos cando realizou moitas das súas investigacións, das que destacan a clasificación que realizou das enfermidades do fígado, o estudo dos reflexos tónico-postulares, o estudo das influencias psicoxénicas sobre o sistema neurovexetativo ou a súa achega para diagnosticar a hidatidose, enfermidade producida pola hidátide. Publicou artigos en revistas tanto nacionais como estranxeiras e varios libros e ensaios, como Documenta pathologica, a célebre Patología general (1916), convertida en obra de referencia na medicina española, Physis y Psyquis (1922), La mujer, nuestro sexto sentido y otros esbozos (1929), o ensaio Significación y devenir del sexo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dominicano de orixe galega. Tomou os hábitos no convento abulense de Santo Tomás e foi elixido colexial do Colegio de San Gregorio de Valladolid. Mestre de teoloxía nos conventos de Talavera e Pamplona, foi predicador xeral da súa orde en 1633 e prior dos conventos de Astorga e Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e matemático ucraíno. Na obra Procedementos para a medida dos gastos e os seus resultados nunha economía socialista para determinar a eficacia das novas técnicas (1958) introduciu elementos como a escaseza e a eficacia para seleccionar os investimentos que hai que realizar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento fotográfico que se iniciou na Coruña en 1980 e en que participaron Xosé Abad, Vari Caramés, Xulio Correa, Ángel Flores, Luis Gayol, Xurxo Lobato e Xoán Piñón. O seu obxectivo era revitalizar a vida fotográfica da cidade herculina e de Galicia, e servir como motor da produción creativa. Tras a conformación deste movemento constituíuse a Sociedade Fotográfica Coruñesa, que se fundou o 13 de maio de 1984, e tirouse do prelo a revista fotográfica 40 X 50 (1985), que contribuíu á dinamización do panorama fotográfico galego. A súa primeira exposición tivo lugar na Coruña en 1984 e nela colaboraron, ademais dos membros do movemento, outros fotógrafos como Luis Carré, María Lendoiro e Manuel Vilariño.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Freixo (Samos). O seu cumio acada os 897 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que provoca noxo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deserto do NL de África, situado en Sudán (400.000 km2). Esténdese desde o uadi Halfā’, ao N, ata Abū Ḥ amad, ao S, e desde o Nilo, ao O, ata a serra costeira do Mar Vermello, ao L. A parte oriental é pedregosa e de rochas volcánicas, mentres que na occidental abundan as extensións areosas. As precipitacións son escasas.
-
-
Que está relacionado co núcleo e co citoplasma dunha célula.
-
Relación entre o volume do citoplasma e o do núcleo dunha célula.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de disposicións ditadas por Filipe V entre 1707 e 1716, polas que abolía a antiga organización constitucional dos estados que integraban a coroa aragonesa, e establecía, dunha maneira máis ou menos completa, a organización política propia de Castela. Como consecuencia da vitoria que conseguira en Almansa (1707), Filipe V decidiu a abolición do réxime constitucional dos reinos de València e de Aragón, que foron integrados, en calidade de provincias, no goberno e nas leis de Castela. Foron consecuencia do afán centralizador do monarca e xurdiron como resposta ao apoio das institucións aragoneses ao arquiduque Carlos de Austria durante a Guerra de Sucesión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Descrición sistemática das moedas e das medallas.ƒ