Novos Fotógrafos Coruñeses
Novos Fotógrafos Coruñeses
[IND/ARTE]
Movemento fotográfico que se iniciou na Coruña en 1980 e en que participaron Xosé Abad, Vari Caramés, Xulio Correa, Ángel Flores, Luis Gayol, Xurxo Lobato e Xoán Piñón. O seu obxectivo era revitalizar a vida fotográfica da cidade herculina e de Galicia, e servir como motor da produción creativa. Tras a conformación deste movemento constituíuse a Sociedade Fotográfica Coruñesa, que se fundou o 13 de maio de 1984, e tirouse do prelo a revista fotográfica 40 X 50 (1985), que contribuíu á dinamización do panorama fotográfico galego. A súa primeira exposición tivo lugar na Coruña en 1984 e nela colaboraron, ademais dos membros do movemento, outros fotógrafos como Luis Carré, María Lendoiro e Manuel Vilariño.