Novos, Os
Grupo de deputados galegos, de mediados do s XIX, que posuíron o dominio absoluto nos seus distritos electorais. Conformaron o 50% da representación galega que se presentaron ás Cortes, por primeira vez, levados da man da Unión Liberal. Apoiaron as manobras electorais de José Posada Herrera a cambio da súa inclusión nas listas ministeriais. Destacaron, entre outros, Saturnino Álvarez Bugallal, que comezou a súa carreira política no distrito de Bande; Eduardo Gasset Artime que, despois dos abusos cometidos polo gobernador civil, foi elixido deputado polo distrito de Padrón; a familia Calderón y Collantes que controlaron os distritos de Ordes e Celanova; Francisco M. Riestra Villaure que por primeira vez accedeu á acta de deputado; F. Saavedra Meneses, que foi elixido polo distrito de Pontedeume; María P. Vázquez Quiroga Queipo de Llano representante case ininterompidamente por Quiroga e J. Elduayen Gorriti que comezou a súa representación por Vigo.