Novosibirsk

Novosibirsk

Capital da oblast’ homónima, Rusia (1.393.000 h [2000]). É un porto fluvial, no río Obi, e un importante nó ferroviario de Siberia, que xurdiu en 1893 coa construción do transiberiano. Centro científico, cultural e industrial, destaca a metalúrxica, as construcións mecánicas, a industria lixeira e a alimentaria. Ata 1925 denominouse Novonikolajevsk.