Novo Testamento
Novo Testamento
[RELIX]
Denominación cristiá do conxunto dos libros da Biblia escritos despois do nacemento de Xesús Cristo, entre os anos 50 e 150 que se coñeceron en grego, posiblemente a súa lingua. Consta de 27 documentos escritos, cunha tipoloxía que abrangue os Evanxeos, catro libros que recollen os diferentes períodos e acontecementos da vida de Xesús Cristo, as Epístolas, que constan de firma, dirección, saúdo, acción de grazas, mensaxe e despedida, os Feitos dos Apóstolos, narración histórica que se presenta desde o punto de vista teolóxico, e a Apocalipse, seguramente escrita durante a persecución contra os cristiáns do Emperador Domiciano (81-96)