"AVI" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 908.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Coristanco baixo a advocación de san Tomé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas que corresponde á voz ‘carabineiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aeronave en que a forza de sustentación provén duns rotores constituídos por pas que xiran arredor de eixes verticais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Asceta, predicador e escritor. Estudou filosofía e teoloxía na Universidad de Alcalá. Ordenado sacerdote, foi mestre espiritual de san Xoán de Deus. Das súas obras destacan o tratado Audi, filia, vide (1560) e o Epistolario espiritual para todos os estados (1578). A súa festividade celébrase o 8 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Descendente dunha familia de sacerdotes fariseos, trasladouse a Roma e defendeu con éxito os xudeus deportados. Participou na sublevación contra Roma e foi escollido polo sanedrín como comandante de Galilea, pero foi derrotado e procesado (67). Liberado polo Emperador Vespasiano asistiu á destrución de Xerusalén. Instalouse en Roma e recibiu a cidadanía romana e o rango ecuestre. Escribiu Περ ἱ το ῦ ιουδαïκο ῦ πολέμου (Historia da guerra xudía, 77-78) e Iουδαïκ ἠ αρχαιολογ ἰ α (As antigüidades xudaicas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (363-364). Xeneral do exército de Iliria, foi proclamado emperador á morte de Xuliano o Apóstata. Puxo fin á guerra cos persas despois de asinar un tratado de paz con Sapor II, polo que perdeu os territorios de Mesopotamia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (361-363). Educado xunto co seu irmán Galo por Eusebio, bispo de Nicomedia, completou os seus estudos en Nicomedia, na escola de Libanio, onde se achegou ao neoplatonismo e á filosofía pagá. En 355 seu primo Constancio II elixiuno o seu sucesor e, á fronte do exército, derrotou os francos e os alamáns na Galia. Despois das vitorias, as tropas aclamárono como emperador en Lutecia (360). Aínda que Constancio II non o recoñeceu, á súa morte confirmouno como emperador. O seu goberno caracterizouse polo intento de revitalizar o paganismo, coa creación dun clero pagán, mentres limitaba os privilexios do clero cristián e restituía os bens incautados por motivos relixiosos. Isto provocou tensións e enfrontamentos cos cristiáns. Realizou unha reforma fiscal e reduciu os impostos e os gastos da corte. Continuou a guerra contra os persas, pero foi derrotado na Batalla de Ctesifonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Preocupado polas relacións entre filosofía e teoloxía e entre filosofía e ciencia. Das súas obras destaca a triloxía La inteligencia humana (1982-1984).

    VER O DETALLE DO TERMO