Xosefo Flavio ou Flavio Xosefo

Xosefo Flavio ou Flavio Xosefo

Historiador. Descendente dunha familia de sacerdotes fariseos, trasladouse a Roma e defendeu con éxito os xudeus deportados. Participou na sublevación contra Roma e foi escollido polo sanedrín como comandante de Galilea, pero foi derrotado e procesado (67). Liberado polo Emperador Vespasiano asistiu á destrución de Xerusalén. Instalouse en Roma e recibiu a cidadanía romana e o rango ecuestre. Escribiu Περ ἱ το ῦ ιουδαïκο ῦ πολέμου (Historia da guerra xudía, 77-78) e Iουδαïκ ἠ αρχαιολογ ἰ α (As antigüidades xudaicas).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Xerusalén