Xuliano, Flavio Claudio o Apóstata
Emperador romano (361-363). Educado xunto co seu irmán Galo por Eusebio, bispo de Nicomedia, completou os seus estudos en Nicomedia, na escola de Libanio, onde se achegou ao neoplatonismo e á filosofía pagá. En 355 seu primo Constancio II elixiuno o seu sucesor e, á fronte do exército, derrotou os francos e os alamáns na Galia. Despois das vitorias, as tropas aclamárono como emperador en Lutecia (360). Aínda que Constancio II non o recoñeceu, á súa morte confirmouno como emperador. O seu goberno caracterizouse polo intento de revitalizar o paganismo, coa creación dun clero pagán, mentres limitaba os privilexios do clero cristián e restituía os bens incautados por motivos relixiosos. Isto provocou tensións e enfrontamentos cos cristiáns. Realizou unha reforma fiscal e reduciu os impostos e os gastos da corte. Continuou a guerra contra os persas, pero foi derrotado na Batalla de Ctesifonte.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Constantinopla