"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • GALICIA

    Poeta. Doutor en Filosofía, cultivou a poesía en galego e castelán dentro de distintas tendencias poéticas. Preocupado polas cuestións filosóficas, concibe a súa obra como unha forma de coñecer aquilo que non se pode ver a través dun método indutivo e reflicte nela elementos propios da natureza e da paisaxe. Das súas obras destacan Lento esvaece o tempo (1990), Orballo nas camelias (1993), O silencio das árbores (1995) e Compostela, vella memoria (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Coñecida como Belén Constela, participou en numerosas producións das compañías Caritel, Centro Dramático Galego, Teatro do Noroeste, Espello Cóncavo e UR Teatro. Traballou nas series de televisión Pratos Combinados (1995), Rías Baixas (1999) e El Comisario (2001), e nos filmes Sei quen es (1999) e Días de voda (2002). Recibiu o Premio María Casares de Teatro (1998 e 2000) na categoría de mellor actriz secundaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e profesor. Foi vicepresidente e conselleiro delegado do Banco Exterior de España (1978-1989) e presidente do Banco Simeón (1983-1989), do Banco de Asturias (1990-1996) e do grupo Natwest España (1990-1998). Escribiu El fomento a la exportación en el desarrollo económico (1966), Las regiones españolas ante la asociación con Europa (1966), Crédito y banca es España: análisis y estrutura (1971), Dicionario Planeta de Economía (1980) e La transición económica de España (1990). Recibiu a Medalla Castelao (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi redactor e responsable de servicios informativos de TVE en Galicia, e director de informativos da TVG. Traballou en Faro de Vigo e O Correo Galego e foi redactor-delegado da revista Chan en Madrid e correspondente de La Vanguardia e da revista Economía. Ademais, exerceu como xefe de prensa da Universidade de Santiago de Compostela, redactor xefe da Axencia Galega de Noticias (AGN) e director de Atlántico Diario. Das súas obras destaca Las Celulosas (1976). Recibiu o Premio Nacional de Periodismo Universitario, o Premio Ciudad de Vigo e o Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que se asentou en Mondoñedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Artista renacentista protexido polo abade Maximiliano de Austria, ao ser este nomeado bispo de Cádiz encargoulle a construción da igrexa de Santa Cruz ou catedral vella e a finalización do claustro grande de Los Arrayanes ou del Cementerio na cartuxa da Defensión de Jerez de la Frontera. En 1603, ao ser promovido o seu mecenas ao arcebispado de Santiago de Compostela, converteuse en mestre de obras da catedral, onde realizou o peche do coro, o estribo da torre das campás e a escalinata da fachada principal, na praza do Obradoiro. Reordenou a praza da Quintana, dirixiu a obra do claustro do convento de San Francisco e do colexio de San Clemente e interveu na igrexa de San Martiño Pinario (1611). Escribiu Cerramientos y trazas de montea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e gramático. Coñecido como Elio Antonio de Nebrija [Lebrija], a súa curiosidade científica abrangueu, ademais da filoloxía e da gramática, campos tan diversos como a historia, a literatura, a arqueoloxía, a cosmografía, a botánica, a filosofía e a teoloxía. Intentou restaurar o estudo e o uso do latín e, estudiando comparativamente a lingua latina e a castelá, chegou a argumentar algunhas distincións que, co tempo, habían ser fundamentais na ciencia da lingüística. Despois de estar un tempo en Sevilla (1470-1473), ao servizo do arcebispo Fonseca, marchou a Salamanca (1476-1486) como profesor de gramática e retórica. Alí foi onde iniciou a súa produción literaria e publicou Introdutiones in latinam grammaticam, per eundem recognitae atque exactissime correctae glossematis cum antiquo exemplari collatis (1481), en latín vulgar e logo en castelán. Posteriormente, publicou Repitio Secunda quam fecit anno christianae salutis MCCCCLXXXVI de corruptis hispanorum ignorantia quarumdam...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Destacou na Guerra de África, en México (1861-1862), onde loitou ás ordes do xeneral Prim, e en Cuba (1869). En 1872, voltou a España e loitou en Catalunya contra os carlistas e ao ano seguinte en València. Enfrontado co goberno republicano, dimitiu do cargo de capitán xeneral e foi confinado en Mallorca. O 29 de decembro de 1874 pronunciouse en Sagunt en nome de Afonso XII. O colapso do goberno provisional deulle a vitoria e o rei foi proclamado en Madrid. Nomeado capitán xeneral de Catalunya (1874-1886), iniciou a campaña contra os carlistas e marchou a Cuba onde dirixiu a guerra. Despois de derrotar os insurrectos (Paz de Zanjón, 1878), voltou a España e ao ano seguinte formou un goberno. Morto Afonso XII, fixo de mediador entre Cánovas del Castillo e Mateo Sagasta para que asinaran o Pacto de El Pardo (1885). Nomeado de novo capitán xeneral de Catalunya (1890 e 1893), foi xeneral en xefe das forzas de África (1893) e acabou a guerra de Melilla. Capitán xeneral de Castela-A...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, fillo de Manuel Martínez Murguía e Rosalía de Castro. Coñecido como Ovidio Murguía, integrouse na chamada Xeración Doente. Formouse na Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago desde 1887, onde tivo como mestre a J. M. Fenollera. Autorretratouse en Tarde de invierno en el Sarela e as súas primeiras obras caracterizáronse polo emprego dunha variada e brillante gama cromática, da que destaca Feria de Santa Susana (1982?). En 1895 trasladouse coa súa familia á Coruña, onde estableceu o seu primeiro estudo e onde se deu a coñecer expoñendo nos escaparates dos comercios. En 1897 viaxou a Madrid para ampliar a súa formación e instalouse na casa do seu amigo Alejandro Pérez Lugín, quen lle facilitaría o contacto coa elite intelectual e política do momento. Dedicouse fundamentalmente á temática paisaxista (Sierra de Guadarrama) e costumista (Campesina lavando, 1895). As súas   visitas aos exteriores madrileños combináronse coas visitas ao Museo del Prado e coas clases no Círculo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador. Percorreu os ríos Paraná e Paraguay ata arribar no porto de Candelaria. En 1552 foi nomeado por Carlos I gobernador de Río de La Plata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. A súa obra evolucionou cara ao expresionismo e cara ao xestualismo. Na década de 1980 interesouse polos aspectos culturais de Galicia e reflectiu nas súas obras aspectos da mitoloxía prerromana en series como Elfos ou Ninfas. Das súas obras destacan as series Rostros, Contaminación litoral (1986-1987) e Manolitos, e a performance A destrución do óvalo (2002). Tamén realizou a dirección artística do vídeo Viúda Gómez e Hijos (1986), de Xavier Villaverde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Estableceuse en Tui a partir de 1852, onde se fixo cargo dos obradoiros tipográficos de Juan Verea, o primeiro impresor de Tui (1852-1853). En 1860 imprimiu unha Pastoral, por encargo do bispo da diocese da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño mercante. De ideoloxía anarquista, desde moi novo andou embarcado nos vapores que recalaban na costa L de EEUU e do Caribe, contribuíndo xunto cos tamén galegos Juan Vidal e Secundino Brage á organización dos traballadores do mar de diversas nacionalidades na Unión de Fogoneros, Marineros y Similares. Impulsor con Pedro Esteve e Alberto Martín do semanario neoiorquino en lingua española Cultura Obrera, en que asinaba como Xan da Graña, continuou a manter durante a primeira e a segunda década do s XX vencellos cos libertarios galegos a través dos voceiros Germinal e Cultura Libertaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arbitrista. Fixo recomendacións ao erario público para impulsar a actividade económica e mellorar as condicións das clases humildes. Escribiu Memoriales o discursos para remediar la despoblación, la pobreza y la esterilidad de España (1656).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anatomista. Fundou o Museo Arqueológico e a Sociedad Económica de Amigos del País e dirixiu o Hospital de San Roque de Santiago de Compostela. Publicou un estudo sobre frei Martín Sarmiento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cirurxián. Fundou o servizo gratuíto municipal de Maternidade (1914). Colaborou en revistas médicas e das súas publicacións destacan Un caso de cesárea seguido de histerectomía (1914).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, filósofo e político. Sufriu exilio nos períodos absolutistas e ocupou cargos de embaixador, deputado, ministro de Estado (1822, 1834-1835, e 1844-1846) e presidente do goberno (1834-1835). Da súa obra dramática, en que evoluciona desde o neoclasicismo ao romanticismo moderado, destacan La viúda de Padilla (1814), Edipo (1829) e La conjuración de Venecia (1834).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi redactor dos xornais La Noche, La Hoja del Lunes e El Pueblo Gallego, e fundou e dirixiu Informe Gráfico, El Pope, Informe Gallego e El Pueblo Gallego del siglo XX. Recibiu o Premio Lija da Asociación da Prensa de Vigo (1992) e a medalla do Concello de Vigo (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega que trae como armas, en campo de goles, seis besantes de ouro e azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. Foi cóengo da catedral de Santiago de Compostela e cabaleiro da Orden de Carlos III. Escribiu Oratoria sagrada (1886) e Baraja mística (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO