"Rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pazos de Borbén baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Portomarín baixo a advocación de san Cibrao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xeólogo. Estudou na Facultad de Ciencias Geológicas de Madrid, e foi profesor en distintas universidades. Publicou, entre outras obras, a monografía Tres itinerarios geológicos por tierras de Galicia (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Albarellos (Lalín). O seu cumio acada os 738 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa delicada e mexeriqueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Ideou un sistema de agrupación de elementos químicos baseándose na súa obra Lei dos octavos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Era bispo de Reims cando se produciu o ataque dos xermánicos e a lenda conta que un deles lle cortou a cabeza dunha machetada cando se atopaba na catedral cantando himnos. Con el foron martirizados a súa irmá e dous diáconos. Iconograficamente represéntase con vestiduras episcopais, decapitado e sostendo a súa cabeza coas mans. A súa festividade celébrase o 14 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filóloga e escritora. Membro do consello de redacción das revistas Dorna, Boletín Galego de Literatura e da colección de poesía Letras de Cal, colaborou no proxecto “Informes de Literatura” do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (1996-2000). Publicou, ademais de diversos estudos de creación literaria, “Os outros feirantes” de Álvaro Cunqueiro (1993) e Álvaro Cunqueiro. Narrativa curta. Antoloxía (1997). A súa creación poética incluíuse en libros de autoría colectiva, como Ao mar de adentro (1989) e Oito e Médio (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Estudou piano en Galicia, canto no Conservatorio Superior de Música de Madrid e ampliou estudos con Monserrat Caballé, Danielle Ferro e Ian Baar. Profesora de canto no Conservatorio Superior de Música de Vigo desde 1992, o seu repertorio abrangue desde a música barroca ata a contemporánea. Formou parte da banda sonora do filme El rey pasmado (1992) e gravou para a CRTVG o programa O son dos clásicos e dous concertos pola celebración do Xacobeo’99. Participou no Festival Are More de Vigo en 2000 e 2002 e interpretou papeis protagonistas na ópera La Dolores, de T. Bretón, e na zarzuela La bruja, do mestre Chapí. Recibiu o Premio Nacional de Música (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cabaleiro portugués, conde de Barcelos, fillo dun prior da orde do Hospital. Entrou ao servizo da Raíña Leonor Teles de Meneses na corte de Portugal. Nomeado condestable, loitou ás ordes do mestre de Avís, en Atoleiros (1384), Valverde (1385) e Aljubarrota (1385), e en 1415 participou na conquista de Ceuta. En 1397 instaurou en Lisboa a orde dos Carmelitas. Foi beatificado en 1918 e a súa festividade celébrase o 6 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Desenvolveu a súa actividade na corte e caracterizouse por un estilo satírico que utilizou en contra dos seus inimigos, como Enrique de Almeida, Francisco de Silveira, Lançarote de Melo ou D. João Pereira. Foi un dos protagonistas da célebre tenzón poética “Cuidar e sospirar”, coa que se abre o Cancioneiro Geral (1516) e na que se enfronta a outros poetas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador probablemente galego. Foi membro dunha liñaxe galega que desenvolveu a súa actividade entre 1225 e 1250 en terras portuguesas e que se caracterizou polas excelentes relacións que mantivo cos poderes rexios casteláns. O seu pai, Rodrigo Pais de “Candrei”, foi vasalo na corte do Rei Fernando III, xunto con Rodrigo Gomez de Trastámara. Pertenceu á mesma xeración que Pai Soarez de Taveirós, Martin Soarez, Pero Garcia Burgalês e Johan Nunez Camanêz. Da súa produción, localizada nos cancioneiros da Biblioteca Nacional, da Vaticana e da Ajuda, consérvanse catro cantigas de amor “Ben deviades, mia senhor”, “En gran coita vivo, senhor”, atribuída tamén a Johan de Gaia nos cancioneiros da Vaticana e da Biblioteca Nacional, “En que grave dia, senhor” (fragmento) e “Nostro Senhor! en que vus mereci” (fragmento), que tamén se lle atribúe a Nuno Porco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á femia estéril das diversas especies de insectos sociais, como as abellas, as formigas e os térmites. As obreiras das abellas, que son as máis representativas, son femias desenvolvidas imperfectamente, e dos seus ovos só nacen machos (partenoxénese), posto que non teñen posibilidade de ser fecundadas. Son os individuos máis importantes da colonia despois da raíña, e levan a cabo toda a organización e os traballos da mesma, incluso o control da posta da raíña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Réxime económico baseado no predominio do traballo obreiro como un elemento de produción e creador de riqueza.

    2. Clase social constituída polo conxunto dos obreiros.

    3. Doutrina social que propugna a mellora das condicións de vida dos obreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao obreirismo.

    2. Partidario do obreirismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos obreiros.

      1. Que ou quen traballa nun oficio manual en calidade de asalariado.

      2. obreiro cualificado

        Obreiro que, despois de pasar un período de proba previsto ou regulamentario, executa unha tarefa para a que precisa un certificado de aptitude profesional semellante á que se require para o coñecemento dun oficio.

      3. obreiro especializado/especialista

        Obreiro que executa nun taller operacións que non requiren o coñecemento do oficio, pero si un período de prácticas e de adaptación.

    2. Persoa que tiña ao seu cargo a administración ou a obra dunha parroquia, unha confraría ou outra institución relixiosa ou benéfica. Os obreiros de parroquia eran escollidos polas universidades e estaban presididos por un cóengo, ata que no s XVIII comezaron a ser nomeados polos bispos. Algúns concellos atribuíronse a continuidade das antigas universidades e seguiron nomeando obreiros ata o Concilio Vaticano II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Frade e historiador xermánico, neto do Emperador Enrique IV. Foi abade do mosteiro de Morimond e bispo de Freising. Asistiu á segunda cruzada e foi conselleiro político de Federico I Barbarrubia. Escribiu Gesta Friderici imperatoris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo S da parroquia de Noceda (Cervantes). O seu cumio acada os 850 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO