"Uri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 983.

  • PERSOEIRO

    Compositor. Estudou con Moszokowski e D’Indy en París. Foi nomeado profesor do conservatorio de Madrid en 1931. As súas obras máis destacadas son Sevilla (1909), Sonata romántica (1910), Sinfonía sevillana (1920) e Rapsodia sinfónica (1931) para piano e orquestra. Das súas obras teóricas cómpre salientar un Tratado de composición musical (1947-1950). Recibiu o Premio Nacional de la Música (1926) por Trío para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Turín ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Turín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Ideou o concepto teórico dunha máquina calculadora universal, chamada máquina de Turing, traballou especialmente no campo da lóxica matemática e interesouse pola intelixencia artificial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Land de Alemaña, situado arredor da selva homónima, entre o río Werra ao O e o Weisse Elster ao L (16.172 km2; 2.431.000 h [estim 2001]). A súa capital é Erfurt. Habitada pola tribo xermánica dos turinxios (s IV), foi conquistada polos hunos (s V). Despois do 500 os turinxios estableceron un vasto reino desde as montañas Harz ata o Danubio, pero foron derrotados polos francos (531). En 908 a marca de Turinxia, erixida por Carlomagno contra os eslavos, foi tomada polo duque Odón I de Saxonia, cuxo fillo, o duque Enrique I de Saxonia foi rei de Xermania. Ao extinguirse a liña directa da dinastía saxoa (1024), os ludovinxios, por medio de Luís o Barbudo, controlaron Turinxia. O landgrave Enrique I de Turinxia foi elixido rei de Xermania, en oposición a Conrado IV (1246), mais morreu ao ano seguinte. No s XV Turinxia foi dividida entre a liña Ernestina de Saxonia, Hessen-Kassel e algúns pequenos estados. A República de Weimar creou o land de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo herciniano de Alemaña, paralelo ao Werra (afluente do Wesser). Constitúe un horst longo e estreito, formado por xistos primarios e arrasado por unha superficie de erosión terciaria, e que ten o punto máis alto no Grosser Beer (982 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro estadio do Permiano, mantido especialmente polos autores franceses, por riba do Saxoniano e por debaixo do Triásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Turinxia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Turinxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xermolo tenro que nace dun rizoma, pálido e con follas rudimentarias, típicos das esparragueiras.

    2. Talo leñoso, flexible e delgado das silvas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (4.879 h [2001]). A base económica é o cultivo da vide.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de viaxar por pracer. O termo tourist (turista) xurdiu en 1800 para designar os británicos de clase alta que realizaban o Grand Tour ou viaxe de fin de estudos, cara aos centros da cultura europea clásica (París, Roma ou Florencia), durante un ou dous anos. O conxunto de actividades que realizaban podía definirse como tourism (turismo). Algúns especialistas remontan a súa orixe á Antigüidade, -proclamando como viaxes turísticas algunhas campañas da cultura helenística- ou á Idade Media, época das grandes peregrinacións, das cruzadas e da proliferación de novas rutas comerciais. Este modelo de viaxe exploratoria afianzouse co nacemento dos primeiros estados modernos que, logo da consolidación das misións diplomáticas, xustificou a viaxe de centos de persoas dun lugar a outro do planeta. Outra tradición relacionada co turismo foi a dos exploradores. Os cambios fundamentais na maneira de coñecer o turismo producíronse a partir da segunda metade do s XX, cando pasou...

    2. Conxunto de actividades relacionadas coas viaxes deste tipo.

    3. Conxunto de turistas.

    4. Nome dado ao automóbil con capacidade para nove persoas ou menos, incluído o condutor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que practica o turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao turismo ou aos turistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • uperización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza dun exceso de uratos nos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CANTÓNS

    Cantón do centro da Suíza (1.077 km2; 34.700 h [2000]). A súa capital é Altdorf (8.583 h [1998]). Está situada no sector alpino, e correspóndese coa conca alta do Reuss, que discorre desde o SL do lago Vierwaldstättersee ou dos Catro Cantóns ata o túnel do Sant Gottard. O territorio é moi montañoso, con cumes superiores aos 3.000 m. A poboación é de lingua alemá. A riqueza económica baséase na gandaría. Xuntamente con Schwyz e Unterwalden, forxou (1291) unha Ewiger Bund (Alianza Eterna) contra os señores de Habsburgo, orixe da Confederación Helvética. Durante os ss XVI-XVII foi, con Lucerna, centro da Contrarreforma e durante o s XVIII, pasou a formar parte do novo cantón de Waldstätte. A Acta de Mediación napoleónica devolveulle a independencia cantonal. En 1925 deixou de celebrar a secular Asemblea Comunal (Landgemeinde). Foi a patria do lendario Guillerme Tell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos álcidos, ao que pertencen o arao común e o arao de Brünnich.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Aliñación montañosa de dirección SO-NL que serve de límite ás parroquias de Barcela e San Pedro de Ernes, no SL do concello de Negueira de Muñiz, coa de Marentes, no municipio de Ibias (Asturias). Culmina nos 1.286 m de altitude do Busbeirón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero da orde dos artiodáctilos de grandes dimensións (80-90 cm de alzada na cruz). Os machos están provistos de cornos en espiral (cando menos unha espiral completa) con cristas transversais ben definidas e de puntas diverxentes. Habita en Asia occidental e en Chipre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerreiro. Xeneral de David, este namorouse da súa muller, Betsabé, ao vela espida mentres se bañaba. Por iso ordenou ao xefe do seu exército que colocase a Urías en primeira liña de batalla, contra os amonitas. Morto Urías, David casou con Betsabé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro (desde 1923) e dirixente (desde 1927) do Partido Comunista Español e director de Mundo Obrero, desde o ministerio de Agricultura (1936-1939) propugnou a reforma agraria. Exiliouse en 1939. Foi autor de El problema de las nacionalidades en España a la luz de la guerra popular por la independencia de la República Española (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO