"Vic" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 942.
-
CAPITAIS
Capital de Colombia Británica, na illa de Vancouver, Canadá (74.125 h [2001]). Situada no extremo suroeste da illa, no fondo do estreito de Juan de Fuca, é o porto máis importante da costa do Pacífico canadense. Ten industria naval e derivada da madeira. Fundada en 1843, conserva o aspecto de cidade colonial e é un centro importante de estiba.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado do SL de Australia (227.600 km2; 4.644.950 h [2001]). A capital é Melbourne. Consta dun litoral chan interrompido por ondulacións, unha zona montañosa (1.000-2.000 m), no S da Great Dividing Range, e no N o val de Murray. Ten un clima temperado, húmido no litoral e máis seco no interior. Cultívase trigo e orxo e destaca como produtor de froita en conserva e de tabaco. Ten industria diversificada. En 1835 uns colonos de Tasmania fundaron Melbourne, e o territorio formou parte da colonia de Nova Gales do Sur. Autónoma desde 1851, en 1901 entrou a formar parte da Commonwealth de Australia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo fundado en Londres en 1852 co nome de Museum of Ornamental Art ata que en 1899 tomou o seu nome actual. Está formado tamén polo Museum of Childhood e o Theatre Museum. Contén unha rica colección de arte aplicada e decorativa de todas as épocas e estilos.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado na vertente N do Teide, no val de La Orotava (7.920 h [2001]). Destaca a agricultura de plátanos e da cana de azucre.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Victoria de los Ángeles López García.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Saltos de auga situados na fronteira entre Zimbawe e Zambia, onde o Zambeze se precipita nunha gran fisura de 122 m de altura. Son as terceiras do mundo polo seu volume.
-
VER O DETALLE DO TERMO
asta extensión desértica do centro-sur de Australia, situada entre a serra de Musgrave, ao N, e a chaira de Nullarbor, ao S (325.000 km2).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Miguel Fernández Félix.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situada ao SO da cidade de Córdoba (1.758 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago de África Oriental, o meirande do continente (300 km de lonxitude, 200-350 km de ancho e 2.200 de perímetro; 68.100 km2). Pertence aos estados de Uganda, Kenya e Tanzania. Ocupa o fondo dunha vasta cubeta, e está situado a 1.134 m de altitude. Está alimentado por numerosas correntes, entre as que destaca o Kagera, considerada a orixe do Nilo. O principal emisario é o que conduce as augas ao lago Kyoga e despois ao lago Mobutu.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión da Antártida Oriental que limita ao L co mar de Ross, ao O coa Terra de Wilkes e ao S coa barreira de Ross. Está constituída pola costa elevada coa que acaba o inlandsis e que colle a forma dunha serra escarpada duns 2.000 km de largo, con altitudes que a miúdo sobrepasan os 3.000 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Foi discípulo de J. van Kerle e de Palestrina en Roma. En1569 foi nomeado organista e mestre de capela da igrexa de Montserrat, en Roma, e a partir de 1573 dirixiu a capela do seminario romano, cargo no que sucedeu a Palestrina, e dirixiu tamén a capela de Sant Apollinare (1575). Das súas obras destacan o Officium Hebdomadae Sanctae (1585), de 4 a 8 voces, e o seu Officium Defunctorum (1605), a 6 voces. Publicou Motecta (1572), en 4 e 8 voces, o Liber primus qui Missas, Psalmos, un Magnificat (1576), Cantica B. Virginis vulgo Magnificat, a 4 voces, antífonas, himnos e outras misas e motetes.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Mamífero artiodáctilo, de ata 1 m de altura, co corpo cuberto de la, sen corcova, coas orellas longas e dereitas e o rabo curto. É un animal silvestre, gregario e territorial. Habita nas chairas dos Andes, en altitudes que van dos 3.000 aos 5.000 m. Esténdese desde Ecuador ata o N de Chile e Arxentina.
-
La deste animal.
-
Tecido que se fabrica coa la da vicuña.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produtora galega creada en Vigo en 1929 e dedicada preferentemente á produción documental, entre a que destaca a creación do seu propio noticieiro galego, destinado non só ao mercado local, senón tamén á súa distribución por Europa e América. Patrocinou a primeira tentativa de realizar unha longametraxe de ficción propiamente galega: La tragedia de Xirobio (1930), dirixida por José Signo e baseada nun relato de Castelao que aparece no libro Cousas da vida.
-
PERSOEIRO
Poeta francés, conde de Vigny. O seu primeiro poema, Éloa ou la soeur des anges (1824), foi simbólico. Dentro das súas novelas destaca a histórica Cinc-Mars (1826), Stello (1832), que o consolidou como novelista, e o drama Chatterton (1835). Algunhas outras obras foron Servitude et grandeur militaires (1835) e Jounal d´un poète (1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psicólogo ruso. Especializado en psicoloxía clínica e psicolingüística, elaborou a teoría da fala interior, segundo a cal o pensamento deriva dunha acción xa pensada interiormente no diálogo persoal íntimo (Myslenije i reč, Pensamento e linguaxe, 1934). Creou, xunto con L. S. Sakharov, o método que leva o seu nome para estudar a formación de conceptos. ; Segue a J. Piaget na concepción construtivista da aprendizaxe, pero considera esencial o factor social, que contribúe, cos mediadores, a transformar a realidade e a educación. O psiquismo e a conduta intelectual adulta son o resultado dunha impregnación social do organismo de cada suxeito, e isto non é un proceso unilateral, senón dialéctico. Nesta concepción ten unha importancia fundamental a linguaxe, posto que a palabra é o instrumento máis rico de transmisión social. A aprendizaxe é unha condición previa para o proceso de desenvolvemento. Distínguese un nivel de desenvolvemento potencial e un nivel de desenvolvemento actual....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora rusa. Coñecida como Marko-Vovčok, escribiu Rasskazy in narodnogo russkogo byta (Contos da vida popular rusa, 1859).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Meta, Colombia, situada á beira do río Meta, no confín oriental do Nevado, na Cordilleira Oriental dos Andes (273.140 h [estim 2000]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Asturias, situado ao fondo da ría do mesmo nome, a 43 km de Oviedo (13.951 h [2001]). É un porto pesqueiro e un centro comercial que destaca pola elaboración de sidra.
VER O DETALLE DO TERMO