Vicus Film

Vicus Film

Produtora galega creada en Vigo en 1929 e dedicada preferentemente á produción documental, entre a que destaca a creación do seu propio noticieiro galego, destinado non só ao mercado local, senón tamén á súa distribución por Europa e América. Patrocinou a primeira tentativa de realizar unha longametraxe de ficción propiamente galega: La tragedia de Xirobio (1930), dirixida por José Signo e baseada nun relato de Castelao que aparece no libro Cousas da vida.

Palabras veciñas

Victoria, Tomás Luis de | Vicuga | vicuña | Vicus Film | 1 vida | 2 vida | Vida