1 vida

1 vida

(

  1. s f [BIOL]

    Estado dinámico da materia organizada que se caracteriza pola súa capacidade de adaptación e de evolución fronte aos diferentes cambios no medio, e polo feito de poder reproducirse.

  2. s f

    Feito de existir.

  3. s f
    1. Tempo que vai do nacemento á morte dun ser vivo.

    2. Tempo que vai da aparición á desaparición de algo, ou tempo durante o que funciona.

  4. s f

    Xeito de vivir, en relación coas circunstancias vitais que condicionan a existencia.

  5. s f [ECON]

    Medio de subsistencia.

  6. s f

    Conxunto de acontecementos e feitos máis salientables que sucederon a unha persoa durante a súa vida.

  7. s f

    Actividade dun organismo ou actividade social.

  8. s f
    1. Vitalidade ou vigor dunha persoa.

    2. Viveza ou animación que reflicte algo ou alguén.

  9. s f

    Capacidade ou sensación de movemento.

  10. s f [DEMOG]

    Sucesos ou procesos que constitúen o obxecto final da análise demográfica desde un enfoque colectivo. A análise gráfica dunha poboación humana é a análise dun gran número de liñas de vida, que son as traxectorias sobre un eixe de coordenadas coñecido como diagrama de Lexis. Esta análise permite coñecer o momento do nacemento e da morte de cada individuo.

  11. [RELIX]
    1. vida activa

      ida dedicada á acción, a perfeccionar as relacións humanas, á evanxelización e ao ensino, oposta á vida contemplativa.

    2. vida común

      Maneira de vivir do cristianismo nos institutos relixiosos que comporta comunidade de casa, de oración, de mesa e a miúdo de bens, de regulamento e de hábito.

    3. vida contemplativa

      ida dedicada á contemplación, á pregaria e ao estudo dentro ou fóra dunha comunidade relioxosa.

    4. vida espiritual/interior/sobrenatural

      Actividade humana que ten por obxectivo a dedicación intensa e profunda á crenza da graza.

    5. vida eterna/divina

      Atributo esencial de Deus na Biblia, que consiste na vida participada pola graza e polos elixidos na gloria.

  12. vida media [FÍS]

    alor medio do tempo de existencia dun núcleo dunha especie radioactiva antes de desintegrarse.

Frases feitas

  • A outra vida. Existencia da alma despois morte.

  • Dar a vida por. Estar disposto a morrer por algo ou alguén.

  • En vida. Durante a vida.

  • Facer por/pola vida. Traballar ou buscar medios de vida.

  • Mala vida. Xeito de vivir que vai contra a moral ou as leis establecidas.

  • Perder a vida. Morrer.

  • Ser de vida ou morte. Cousa da que depende a vida.

  • Ser media vida. Ser algo moi san ou conveniente.

  • Xogar a vida. Expoñerse a morrer.

Palabras veciñas

Vicuga | vicuña | Vicus Film | 1 vida | 2 vida | Vida | Vida Céltiga