Vida Céltiga

Vida Céltiga

Semanario publicado en Vigo entre maio e agosto de 1925. Subtitulado “Revista semanal gráfica-literaria-informativa”, a partir de xullo denominouse Vida Céltica. Fundada por Posada-Curros, foi patrocinada pola casa consignataria de Luís G. Reboredo. Ocupouse do desenvolvemento económico, a etnografía e o deporte, con colaboracións literarias.