"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa especializada en optometría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que serve para determinar os límites dentro dos que a visión é distinta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cartel con letras ou signos impresos de diversas medidas que os oculistas utilizan para examinar a agudeza visual.
-
-
Que posúe abundantes bens materiais.
-
Que ten abundancia dalgunha cousa.
-
Que posúe unhas formas moi abundantes e marcadas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de expresarse, de falar en público, en tanto que se estuda a súa actuación práctica, as manifestacións históricas e a evolución a través das diferentes épocas, pobos e oradores. Difundida tamén como xénero literario, a oratoria comprende os discursos elaborados segundo as regras da retórica, que, á súa vez, se divide nas partes da inventio, ordo ou dispositio, elocutio, memoria, pronunciatio, declamatio ou actio. Segundo os principios da oratoria, un bo discurso debe conter un exordium, unha narratio, a argumentatio e un epilogus ou peroratio. En Grecia, os primeiros testemuños indirectos xorden das obras dos historiadores do s V a C, como Herodoto ou Tucídides. Posteriormente, mentres Lisias fixaba a oratoria xudicial, Isócrates, Demóstenes e Esquines poñían as bases da futura elocuencia romana. En Roma, a época de ouro da arte oratoria correspondeu ao período republicano, cando apareceu a gran figura de Cicerón. Na idade imperial, a nova oratoria creada nas escolas de retórica mostrouse...
-
-
Relativo ou pertencente á sociedade do Oratorio.
-
Membro da sociedade do Oratorio.
-
-
-
Lugar dedicado á pregaria, que comprende desde as capelas autorizadas para a celebración da misa ata simples altares ou fornelas destinados á veneración dos fieis. Os primeiros poden ter o carácter de oratorio público cando todo o mundo ten acceso, de oratorio semipúblico cando acoden só certos grupos determinados, e de oratorio privado cando son erixidos en casas privadas.
-
Drama musical de tema relixioso. Inicialmente foi creado para ser representado, pero axiña perdeu a acción escénica. O oratorio desenvolveuse a partir da Contrarreforma por obra de Filipe Neri, fundador da Congregación do Oratorio, que nas reunións piadosas escenificaba fragmentos da Biblia. A primeira composición que pode ser considerada como oratorio é La rappresentazione di anima e di corpo (1600), de Emilio dei Cavalieri. Dos grandes mestres do oratorio italiano destaca G. Carissimi (Jepthe, 1650). Unha das figuras máis destacadas do barroco foi G.F. Händel (Israel in Egypt, 1739, Messiah, 1742, Judas Maccabaeus, 1747 e Solomon, 1749). J. S. Bach, escribiu, ademais do Weihnachts Oratorium (Oratorio de Nadal, 1734), as paixóns, que son unha modalidade de oratorio. Tamén destaca, a finais do s XVIII, F. J. Haydn, con Die Schöpfung (A creación, 1798) e Die Jahreszeiten (As estacións, 1801). No s XIX...
-
Institución fundada polos salesianos encamiñada á diversión dos mozos os días de festa, consistente en xogos, veladas literario-musicais e oracións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade clerical de dereito pontificio, sen votos, fundada en Roma en 1564 por san Filipe Neri. Erixida en congregación por Gregorio XIII (1575), as súas constitucións foron confirmadas en 1612 por Paulo V. O fundador non quixo fundar ningunha congregación xerarquizada e centralizada, de tipo clásico, senón unha congregación de sacerdotes seculares, unidos arredor do fundador sen ningún outro vínculo que a caridade e o apostolado de cara aos cristiáns. As fundacións posteriores non teñen dependencia xurídica ningunha da de Roma. Pierre de Bérulle fixo unha adaptación desta sociedade en Francia (1611).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao orador ou á oratoria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Orbán (Vilamarín). Ten planta irregular con patio exterior. Conserva a capela pegada ao edificio principal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de protozoos rizópodos e foraminíferos, da familia dos orbitolínidos, e propios do Cretáceo, que teñen a cuncha enrolada en hélice cónica de 1 a 3 cm de diámetro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que se utiliza para medir os eixes orbitarios.
-
-
Acción e efecto de ordenar.
-
-
Conxunto de preceptos que regulan o funcionamento de algo.
-
ordenamento real /
Colección de disposicións reais feitas polos reis de Castela e León na Baixa Idade Media cando lexislaban de acordo coas Cortes. A máis importante foi o Ordenamiento de Alcalá, aprobado en 1348 nas Cortes celebradas en Alcalá de Henares por Afonso XI, e que deu forza de lei a Las Siete Partidas.
-
ordenamento xurídico
Conxunto de normas xurídicas dun estado. Nos estados descentralizados politicamente coexisten diferentes ordenamentos de cada un dos centros de produción normativa.
-
-
-
PERSOEIRO
Escultor. Representante do Renacemento hispánico, formouse con D. Fancelli e tivo como colaborador a Diego de Siloé. Realizou a decoración da capela Caraccioli de Nápoles, o sepulcro dos reis Xoana I e Filipe I, que se instalou a comezos do s XVII na Capela Real de Granada, o sepulcro do cardeal Cisneros en Alcalá de Henares e o da familia Fonseca en Coca , ademais de traballar no coro da catedral de Barcelona (1515), onde engadiu decoracións renacentistas ao cadeirado e ao trascoro, con relevos da vida de santa Baia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Astorga (1061-1065). Foi monxe nun mosteiro de Sahagún. Fernando I confioulle a misión de traer de Sevilla a León as reliquias de santo Isidoro. Está soterrado na igrexa de Santa Marta de Astorga. A súa festividade celébrase o 23 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? - Capadocia 304) Médico. Coñecido tamén como Areste, morreu martirizado. Na iconografía leva unha cruz colgada ao pescozo como atributo. A súa festividade celébrase o 9 de novembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde ás voces ‘caldo e viño’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución onde se acollen e educan os nenos orfos. Funciona coma unha escola en réxime de internado onde os nenos non interrompen a súa estadía ata que son adultos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución especializada da Organización das Nacións Unidas, creada en 1966 e con sede en Viena, que vela polo fomento do desenvolvemento industrial nos estados subdesenvolvidos. Actúa tecnicamente e procura conseguir financiamentos de tipo internacional ou privado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo económico internacional formado polos 30 países máis desenvolvidos do mundo capitalista (todos os de Europa occidental, EE UU, Canadá, Australia, Nova Zelanda e Xapón). Creada pola Convención Xeral de París en 1960, é sucesora da antiga Organización Europea de Cooperación Económica (OECE). Trata de estimular os intercambios económicos internacionais sobre bases multilaterais, de realizar e impulsar estudos e propoñer políticas económicas aos estados membros.