ordenamento

ordenamento

(< ordenar)

  1. s m

    Acción e efecto de ordenar.

    1. s m

      Conxunto de preceptos que regulan o funcionamento de algo.

    2. ordenamento real / [DER/HIST]

      Colección de disposicións reais feitas polos reis de Castela e León na Baixa Idade Media cando lexislaban de acordo coas Cortes. A máis importante foi o Ordenamiento de Alcalá, aprobado en 1348 nas Cortes celebradas en Alcalá de Henares por Afonso XI, e que deu forza de lei a Las Siete Partidas.

    3. ordenamento xurídico [DER]

      Conxunto de normas xurídicas dun estado. Nos estados descentralizados politicamente coexisten diferentes ordenamentos de cada un dos centros de produción normativa.

Palabras veciñas

ordenada | ordenado -da | ordenador -ra | ordenamento | ordenancista | ordenando | ordenanza