"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Saxofonista de jazz norteamericano. A súa música baséase nunha progresiva simplificación dos elementos sonoros e no predominio da melodía. Foi un dos iniciadores do free jazz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Borato hidratado de calcio, de fórmula Ca2B6O11·5H2O. Cristaliza no sistema monoclínico, formando cristais brancos ou amarelados. Ten dureza 4,5 e peso específico 2,4.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista e cantante de jazz norteamericano. Coñecido como Nat King Cole, en 1940 fundou un trío. Gravou con Lester Young e Coleman Hawkins e colaborou en diversas películas, entre elas Saint Louis Blues (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa francesa, de nome Nicolette Boilet. Pertencente á orde franciscana, fundou a orde das clarisas pobres, tamén chamadas coletinas. Foi canonizada en 1807 e a súa festa celébrase o 6 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución pedagóxica fundada no ano 1598 a expensas reais e baixo o patrocinio de Diego Brocher (primado de Irlanda) e Daniel O’Sullivan Beare (conde de Birhaven), Beare e Bantry, exiliado na cidade da Coruña desde 1602. Neste centro estudiaban os fillos das familias nobres irlandesas exiliadas en Galicia como consecuencia da persecución que sufrían os católicos baixo o reinado de Enrique VIII (1509-1547). Este colexio, dirixido por Eugene Carty ata o 1613, foi o lugar de residencia dos irlandeses que asistían ás clases (normalmente estudiaban artes e canons) na Universidade de Santiago de Compostela. No 1613, por orde real, pasou a formar parte da Compañía de Xesús; a partir dese momento converteuse en seminario de nenos irlandeses de Santiago, dependente do seminario irlandés de Salamanca, centro encargado de formar sacerdotes irlandeses que, unha vez ordenados, volvían a Irlanda para loitar contra o anglicanismo. Os alumnos recibían instrución de filosofía durante tres anos e despois...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que colga. Ex: Para atravesar o río só existe unha ponte colgante.

    2. Obxecto de adorno persoal ou decorativo que colga de algo. Ex: Regalámoslle un colgante cunha perla natural.

    3. Cartel publicitario impreso por ambas as dúas caras e deseñado para colgar do teito de calquera establecemento comercial. Existen colgantes de moi variadas formas e incluso poden chegar a ser tridimensionais. Os materiais a partir dos que están feitos varían dende o tradicional cartón ao plástico termomoldeado.

    4. festón.

    5. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘candil’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á especie con mobilidade entre dúas comunidades adxacentes nas que realiza actividades diferentes en cada unha, de xeito que as relaciona funcionalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Licenciado en Dereito e codirector do Teatro Español Universitario, colaborou na prensa (La Noche, Alba, La Voz de Galicia, El ideal gallego, etc) e cofundou as revistas Atlántida e Prosa y rima. Da súa produción destaca El dolor innumerable (1971), Poemas santiagueses (1971), Poemas del golf o cómo pasar el tiempo (1972), Retratos fieles de la nada (1972), Cuestiones retrospectivas (1974) e Tras esta luz escura (1992). Recibiu o primeiro premio nos Juegos Florales Hispanoamericanos da Coruña (1948) e nos Juegos Minervales Universitarios de Santiago (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Da súa produción destacan as obras Poemas de la tierra y de la sangre (1969), Preludios a una noche total (1969), En lo oscuro (1981), Larga carta a Francesca (1986) e Tratado de armonía (1991). Recolleu parte da súa obra en Colinas: Poesía 1967-1981 (Premio Nacional de Poesía).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor renacentista flamengo. Rematou o mausoleo de Maximiliano I en Innsbruck (1561-1583) e esculpiu na catedral de Praga a tumba dos reis de Bohemia, Fernando I e Maximiliano II, rematada en 1589.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que preitea ou litiga xunto con outra ou outras. Ex: Os traballadores son colitigantes co goberno por mor do recorte de postos de traballo pactados coa empresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado na serra de Guadarrama, no val do río Guadarrama (3.681 h [1996]). As principais actividades económicas son a agricultura (hortalizas) e a cría de gando lanar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e físico. Profesor de mecánica na Escola de Artes de París e na Universidade de Xenebra. No ano 1828, mediu, xunto con Sturm, a velocidade do son na auga (1.435 m/s) e a compresibilidade dos fluídos. Demostrou as vantaxes do aire comprimido na transmisión de forza das bombas de compresión que aplicou na construción de túneles como o de Sant Gotard e o de Mont-Lein. Traballou sobre a electricidade atmosférica e sobre a propulsión das rodas de pas nos barcos de vapor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Discípulo de Vicenzo Carduci, centrouse nos temas bíblicos ambientados en fondos paisaxísticos de influencia flamenga. Realizou obras de pequeno formato. Entre os seus lenzos destacan: A visión de Ezequiel (1630), Vista dunha cidade (1634) e San Onofre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz e pintora, filla de María Antonia Dans Boado. Coñecida como Rosalía Dans, estudiou arte dramática. No eido da pintura realizou exposicións na Coruña e Madrid, e participou en mostras colectivas como a I Mostra Unión Fenosa (1989). Participou na serie Los gozos y las sombras (1981), de R. Moreno Alba; interveu tamén en varias curtametraxes e nos filmes La gran comedia (1986), de Juan Pinzás, e Gallego (1987), de M. Octavio Gómez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre galego. Emigrado a Uruguay, foi director dunha escola en Montevideo. Ademais dedicouse ao ensino de xordos e, no 1884, propuxo a creación de colexios específicos para a súa educación. No 1891 resolveuse a creación dunha clase especial para xordos no colexio que dirixía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación docente francesa creada en 1530 por Francisco I, a instancia de Guillaume Budé. Coñecido inicialmente como Collège du Roi, constituíu o núcleo parisiense do racionalismo humanístico renacentista, en certo modo alternativo aos tradicionais usos universitarios, en tanto que tinxidos de aristotelismo e tomismo. Primeiramente, só tiña lectores de grego, hebreo e latín, pero co tempo estendeu o seu campo ás ciencias e á filosofía. Desenvolve unha importante actividade cultural e científica para un alumnado e investigadores que acceden a el despois de superar estrictos controis académicos. A súa gran reputación internacional está acreditada en diversos campos científicos básicos, así como nas ciencias sociais e nas humanidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, xurista e humanista italiano. Serviu a Xoán Sforza, Lourenzo o Magnífico e César Borja. Escribiu un Compendio della storia del Regno di Napoli (Compendio da historia do Reino de Nápoles, 1539).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo alemán. Estudiou filoloxía na Universidade de Göttingen (1875-1879) e na Universidade de Berlín (1871-1882). En 1886 foi profesor asociado de alemán e no 1897 profesor de filoloxía comparada e de lingua alemá no Bryn Mawr College (Philadelphia). En 1907 conseguiu a cátedra de Filoloxía Xermánica na Johns Hopkins University. Estudioso da filoloxía indoeuropea, tamén investigou os dialectos gregos. Entre 1884 e 1915 editou, xunto con outros colaboradores, unha colección de inscricións dialectais gregas. Publicou, entre outras obras, Die Entstehung der indoiranischen Palatalreihe (1879), Die Flexion der Nomina mit dreifacher Stammabstufung im Altindischen und im Griechischen. Erster Teil (1885) e Das schwache Präteritum und seine Vorgeschichte (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando Collor de Mello.

    VER O DETALLE DO TERMO