colgante
colgante
(< colgar)
-
adx
Que colga. Ex: Para atravesar o río só existe unha ponte colgante.
Ex: Para atravesar o río só existe unha ponte colgante.
-
s
m
Obxecto de adorno persoal ou decorativo que colga de algo. Ex: Regalámoslle un colgante cunha perla natural.
Ex: Regalámoslle un colgante cunha perla natural.
-
s
m
[COMUN]
Cartel publicitario impreso por ambas as dúas caras e deseñado para colgar do teito de calquera establecemento comercial. Existen colgantes de moi variadas formas e incluso poden chegar a ser tridimensionais. Os materiais a partir dos que están feitos varían dende o tradicional cartón ao plástico termomoldeado.
-
s
m
[ARQUIT]
festón.
-
s
m
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘candil’.