colgar
(< lat collocāre‘colocar’)
-
v t
Colocar algo ou a alguén sosténdoo por unha parte sen que a inferior teña ningún apoio.
Ex: Colga o abrigo nesa percha. Os niños dalgúns paxaros colgan das árbores.
Sinónimos: dependurar, pendurar. Antónimos: descolgar, despendurar. -
v t
Suspender unha persoa ou animal dunha corda ou doutro obxecto semellante que se coloca arredor do pescozo para que morra.
Ex: No século XIX colgaban os ladróns de gando sen xuízo previo.
Sinónimos: aforcar, enforcar. -
v t
Cortar a comunicación telefónica colocando o auricular no seu soporte. Ex: Cando te chame, colga o auricular. OBS: O complemento pode ser a persoa coa que se fala e nese caso o verbo adquire réxime intransitivo Ex: Colgueille e non o quixen escoitar máis.
Ex: Cando te chame, colga o auricular. OBS: O complemento pode ser a persoa coa que se fala e nese caso o verbo adquire réxime intransitivo Ex: Colgueille e non o quixen escoitar máis.
Antónimos: descolgar. -
v t
Abandonar unha actividade ou profesión. OBS: A actividade ou profesión aparece indicada cun substantivo relacionado co seu desempeño Ex: Colgou os hábitos (a vida relixiosa). Colgou as botas (o fútbol).
Ex: Colgou os hábitos (a vida relixiosa). Colgou as botas (o fútbol).
-
v t
Atribuír a alguén con intención difamatoria unha cousa que non fixo, que non dixo ou que non lle corresponde.
Ex: Colgáronlle o asasinato a un pobre inocente.
Sinónimos: cangar, cargar. -
v i
Estar algo ou alguén suxeito nun sitio por unha parte quedando libre pola inferior.
Ex: Sentou no bordo do balcón e colgábanlle as pernas. A bandeira colga dunha hasta metálica.
Sinónimos: dependurar, pender, pendurar. -
v t
Colocar colgaduras. Ex: Colgou nas paredes do salón as colgaduras que lle regalaran.
Ex: Colgou nas paredes do salón as colgaduras que lle regalaran.
-
v i
Ter unha peza de roupa unha parte máis longa ca outra. Ex: Esa saia cólgache un pouco pola dereita.
Ex: Esa saia cólgache un pouco pola dereita.
-
v pron
Colocarse nun sitio suxeito por unha parte sen que a parte inferior teña apoio.
Ex: Colgueime das varandas para poder pasar dun piso a outro.
Sinónimos: dependurar, pendurar. -
v pron
Matarse unha persoa suspendéndose dunha corda ou doutro obxecto semellante colocado arredor do pescozo.
Ex: O pobre colgouse porque estaba aburrido da vida.
-
v pron
[INFORM]
Bloquearse o funcionamento dun ordenador. Ex: Cando se colgue o ordenador apágao e volve acendelo.
Ex: Cando se colgue o ordenador apágao e volve acendelo.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles colgo
colgas
colga
colgamos
colgades
colgan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles colgaba
colgabas
colgaba
colgabamos
colgabades
colgaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles colguei
colgaches
colgou
colgamos
colgastes
colgaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles colgara
colgaras
colgara
colgaramos
colgarades
colgaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles colgarei
colgarás
colgará
colgaremos
colgaredes
colgarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles colgaría
colgarías
colgaría
colgariamos
colgariades
colgarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles colgue
colgues
colgue
colguemos
colguedes
colguen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles colgase
colgases
colgase
colgasemos
colgasedes
colgasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles colgar
colgares
colgar
colgarmos
colgardes
colgaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
colga
-
-
colgade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles colgar
colgares
colgar
colgarmos
colgardes
colgaren
colgada
colgados
colgadas