cargar
(
-
v t
Antónimos:
descargar.
-
Colocar mercadorías ou calquera obxecto sobre unha persoa, un animal ou un vehículo para o seu transporte.
Ex: Cargamos os acios en canastras para subilos ó tractor.
Antónimos: descargar. -
Encher un vehículo de obxectos ou mercadorías.
Ex: Entre os dous cargaron o camión nun momento.
Antónimos: descargar.
-
-
v t
Antónimos:
descargar.
-
Introducir nun recipiente, dispositivo ou instrumento unha carga ou calquera cousa necesaria para que funcione ou produza determinado efecto.
Ex: Cárgame a pluma estilográfica de tinta.
-
Introducir pólvora, cartuchos ou calquera munición nunha arma de fogo.
Ex: Se cargas a escopeta, ponlle o seguro.
Antónimos: descargar. -
[IMAX]
Colocar a película nunha cámara fotográfica ou cinematográfica.
Ex: Leva a cámara a revelar e que cha carguen cun carrete novo.
-
[INFORM]
Almacenar un programa informático na memoria principal dun ordenador para poder executalo.
Ex: Colle este disquete e carga o programa de contabilidade.
-
[QUÍM/IND]
Incorporar a un produto unha materia de carga.
-
[TECNOL]
Subministrar electricidade a un condensador, un acumulador, unha batería ou calquera aparello.
Ex: Carguei o teléfono móbil durante a noite e xa non funciona.
-
-
v t
Facer que alguén soporte un peso, unha responsabilidade, un castigo ou unha obriga.
Ex: Cargoume a min o traballo del e logo atribuíuse o mérito.
-
v t
Dotar algo ou a alguén dunha cousa en abundancia.
Ex: Cargaches tanto o guiso de especias que me ardeu a gorxa toda a noite.
-
v t
[ECON]
-
Anotar un gasto no débito dunha conta.
Ex: Os recibos do teléfono cárganmos directamente na conta.
-
Engadir unha cantidade de diñeiro ao prezo dun produto.
Ex: Se che levan os mobles á casa, cárganche os gastos de transporte.
-
-
v t
[MAR]
Cerrar ou recoller un navío as velas para que non reciban a forza do vento e poidan ser aferradas.
-
v t e i
[XOGO]
Botar unha carta de valor sobre outra xa xogada.
Ex: Eu cárgoche o tres para que ganes. Cárgalle, que a baza vai nosa.
-
v t e i
Suspender un exame.
Ex: En xuño carguei catro materias. Neste exame cargou case toda a clase.
-
v t e pron
Saturar ou encher totalmente un espazo ou un líquido.
Ex: Co fume dos puros cargouse o ambiente. Ponme un combinado e cárgao ben de ron.
-
v i
Aguantar ou transportar un peso ou unha carga.
Ex: Deixa que xa cargo eu con esta caixa.
-
v i
-
Soster unha cousa o peso doutra.
Ex: As paredes cargan con todo o peso do edificio.
-
Descansar ou apoiarse sobre algunha cousa.
Ex: A bóveda carga sobre os arcos.
-
-
v i
Asumir o peso dunha responsabilidade, unha obriga ou unha culpa. OBS: Emprégase coa preposición con.
Ex: Sempre carga coas culpas dos demais.
-
v i
Apoiarse sobre algo ou alguén para que ocupe menos espazo ou se desprace do lugar que ocupa.
Ex: O defensa cargou sobre o dianteiro para evitar o gol.
-
v i
Facer presión sobre algo.
Ex: Cárgalle ó interruptor para ter luz. Carga ben a roupa para que caiba ben no caixón.
-
v i
[BÉL]
-
Emprender un ataque ou carga, acometer contra o inimigo ou contra unha multitude.
Ex: A cabalería cargou sobre o flanco dereito.
-
Acometer impetuosamente as forzas públicas contra un grupo de persoas civís.
Ex: A policía cargou contra os manifestantes.
-
-
v i
Chover de forma abundante.
Ex: Polo día non choveu, pero ó chegar a noite cargou con forza.
-
v i
Dar unha árbore froito abundante.
Ex: Este ano cargaron máis os pexegueiros có pasado.
-
v i
[HERÁLD]
Poñer sobre unha peza ou armas outra que non sexa a súa brisura.
-
v i
[LING]
Dar a unha sílaba ou a un fonema maior énfase articulatoria que aos demais dunha palabra.
Ex: As palabras agudas cargan sempre na última sílaba. Era francés e ó falar cargaba no erre.
-
v i e pron
Escorar ou inclinarse cara a un lado.
Ex: O carro carga á dereita. Cargou o nordés cara ó peirao.
-
v pron
Aumentar o vento, unha tempestade.
Ex: Hoxe o vento cargou moito por Vigo.
-
v pron
Encherse o ceo de nubes.
Ex: De repente cargouse o ceo e parecía noite.
-
v pron
Chegar a ter bastante ou moita cantidade dunha cousa determinada.
Ex: É unha pena que casara tan nova e se cargase de fillos.
Frases feitas
-
Cargar a man. 1 Reprimir a alguén. 2 Cobrar de máis. 3 Botar unha cantidade excesiva de calquera cousa.
-
Cargar de través/para Navia. Estar borracho.
-
Cargar ben a man. Tirar proveito ou abusar de alguén.
-
Cargar de alga. Encherse de algas os aparellos de pesca a causa do mal tempo.
-
Cargar o carro. 1 Beber demasiado. 2 Deixar embarazada a unha muller.
Palabras veciñas
cargador -ra | Cargaleiro, Manuel Alves | cargamento | cargar | cargo | cargo | cargoso -saIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cargo
cargas
carga
cargamos
cargades
cargan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cargaba
cargabas
cargaba
cargabamos
cargabades
cargaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles carguei
cargaches
cargou
cargamos
cargastes
cargaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cargara
cargaras
cargara
cargaramos
cargarades
cargaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cargarei
cargarás
cargará
cargaremos
cargaredes
cargarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cargaría
cargarías
cargaría
cargariamos
cargariades
cargarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cargue
cargues
cargue
carguemos
carguedes
carguen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cargase
cargases
cargase
cargasemos
cargasedes
cargasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cargar
cargares
cargar
cargarmos
cargardes
cargaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
carga
-
-
cargade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cargar
cargares
cargar
cargarmos
cargardes
cargaren
cargada
cargados
cargadas