Cargaleiro, Manuel Alves

Cargaleiro, Manuel Alves

Ceramista e pintor portugués. Formouse na Academia de Belas Artes de Lisboa. Comezou a expoñer en 1949. A mediados dos anos cincuenta iniciouse na pintura. Entrou en contacto con Vieira da Silva e Arpad Szenes, que se interesaron pola súa obra de tendencia abstracta. Na década dos sesenta trasladouse a París e conectou cos artistas portugueses e coas novas correntes artísticas. A súa pintura evolucionou cara a unha abstracción xeométrica que o conduciu ata experiencias minimalistas. Na súa obra ten unha presenza importante a práctica da pintura sobre azulexo. Entre as súas obras destacan os Paneis do Jardim de Almada (Lisboa, 1956), os azulexos do Instituto Franco Portugués (1984) e os da Estación do Colexio Militar/Luz do metro de Lisboa (1987). En 1954 acadou o Premio Nacional de Cerámica.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vila Velha de Ródao