"Abe" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 982.

  • Estado de enfraquecemento ou consunción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á tabe.

    2. Que ou quen padece tabe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comportarse como un tarabelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Especie de espantallo formado por un trebello con aspas que ao ser movidas polo vento baten contra un obxecto metálico e fan ruído.

    2. Pecho que se usa para fechar portas e ventás, que xeralmente consiste nunha peza de madeira que xira sobre unha punta cravada no medio.

    3. Peza de madeira que ao bater na moa do muíño cando xira, imprime un movemento vibratorio á canada para que os grans procedentes da moega vaian caendo no ollo do muíño.

    4. Que ou quen se caracteriza pola súa falta de seriedade e constancia con respecto ás súas opinións e accións.

    5. Que ou quen fala moito e sen tino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trade pequeno cunha barrena do tamaño dunha punta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e explorador neerlandés. Despois de diversas viaxes de exploración ao servizo da Compañía das Indias Orientais, entre 1642 e 1643, realizou unha viaxe para a exploración do hemisferio sur, en que descubriu Tasmania, Nova Zelanda, Tonga e as Fixi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Liz Taylor, destacou polo filme Little Women (1949). En 1960 foille concedido o Oscar á mellor actriz por Butterfield-8, e en 1966 por Who’s Afraid of Virginia Woolf? Da súa filmografía tamén destacan A Place in the Sun (1951), Cat on a Hot Tin Roof (1958), Cleopatra (1963), The Sandpiper (1964), Night Watch (1973), The Bluebird (1975), The Mirror Crack’d (1981), Between Friends (1986) e The Flinstones (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • termostable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto cristalino, branco, moi pouco soluble en auga, que se emprega en medicina como antihelmíntico no tratamento das infeccións por vermes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Níxer (89.623 km2; 1.418.000 h [estim 1990]). A súa capital é Tillaberi (5.270 h [1977]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea que presenta os talos volubles, as flores brancas ou azuladas e o froito en vaíña.

    2. Froito comestible desta planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza, xeralmente prismática, moito máis longa que grosa e disposta horizontalmente, que serve para soportar as cargas que non gravitan directamente sobre unha parede ou unha pilastra. Os materiais que se empregan na súa construción foron a madeira, o ferro ou o formigón armado. Existen diversos tipos: a trabe apoiada, sostida por diferentes puntos de soporte; engatada, cos extremos fixados á estrutura; continua, cando consta dunha soa peza sostida en máis de dous puntos de apoio, e articulada ou trabe Gerber, cando presenta articulacións. Segundo a posición na obra pode chamarse vigueta, cando serve para formar sobrado; trabe mestra, cando serve de soporte para outras vigas; lintel, cando pecha unha abertura nunha parede; ménsula, cando só repousa nun extremo; cumio, cando é a parte superior dunha estrutura e forma a aresta de unión das dúas vertentes do tellado; trabe de parede cando está...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de xaneiro de 1990. Subtitulada “Publicación galega de pensamento crítico”, foi dirixida por Xosé Luís Méndez Ferrín e editada por Sotelo Blanco Edicións. De periodicidade trimestral, trátase dunha publicación sobria no seu deseño, obra de Francisco Mantecón, pero con abundante contido cultural e crítico agrupado nas seccións “Cuestións”, “Acoutacións”, “Textos”, “Publicacións” e “Crónica”. Dos seus contidos destacan os artigos relacionados con cuestións de pensamento político, temas literarios e lingüísticos (poesía, recuperación de textos inéditos ou literatura noutras linguas), e ensaios sobre filosofía e socioloxía. Cunha tendencia marxista e nacionalista, a revista contou con abundantes colaboracións destacadas tanto de autores galegos coma foráneos, co obxecto de servir de foro para o debate de ideas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Toga cerimonial romana que ten unha banda púrpura e que se usaba en certas cerimonias.

    VER O DETALLE DO TERMO