"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
CENEBAD.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía institucional creada en Madrid en 1984 polo Instituto Nacional de las Artes Escénicas y Musicales. Dependente do ministerio de Cultura estivo dirixida desde a súa fundación por Guillermo Heras, quen desenvolveu un amplo programa de actividades ata a desaparición da compañía, en 1993. Entre as súas iniciativas, destaca a renovación da escrita dramática a través de premios, de cursos e da posta en escena de espectáculos creados a partir de textos de novos autores, así como a realización de espectáculos con obras de dramaturgos significativos das novas correntes teatrais europeas e americanas. En Galicia participou na produción do espectáculo Caderno de Bitácora (1985), do Centro Dramático Galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro de investigación inaugurado o 25 de marzo de 1994 como Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Nel desenvólvense proxectos de investigación en humanidades, con especial atención á lingua e á literatura. Este centro, que conta con infraestrutura informática, cunha biblioteca especializada e cun importante número de investigadores (a súa maioría bolseiros), está dirixido e coordinado por científicos especializados: un coordinador científico (Constantino García González), un director técnico da área de lingua (Guillermo Rojo) e un director técnico de literatura (Anxo Tarrío). Mantén, ademais, contacto con outros investigadores de centros galegos e de fóra de Galicia. Entre os proxectos que se promoveron no Centro, cómpre destacar os seguintes: na área de lingüística, o Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA), base de datos gramaticais e léxicos; o etiquetador e lematizador...
-
VER O DETALLE DO TERMO
CESID.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema romano de medición empregado para a división de grandes áreas de terreo en parcelas, especialmente nas colonias. A superficie dividíase en cadrados de 200 xugadas (iugum), que formaban parcelas de terreo de idéntica superficie, e adxudicábanse aos colonos. Dispúñanse dun xeito análogo á colonia, cun cardus maximus, un decumanus maximus e unha serie de camiños que se dispoñían paralela e perpendicularmente.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Lalín. Trátase dun edificio dunha única planta erixido a comezos do s XVIII. Destaca a fachada, decorada con elementos ornamentais relacionados co barroco de placas santiagués, cunha imaxe da Virxe do Carme sobre un escudo mariano labrado na portada e cunha espadana no remate.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Desenvolvemento do cerebro, ligado ao aumento da capacidade craniana e á cefalización, que tivo lugar especialmente nos homínidos e que constituíu unha parte importante do proceso de hominización.
-
Actividade dos hemisferios cerebrais como soporte do pensamento consciente ou inconsciente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Luz irradiada por unha partícula cargada que se despraza a través dun medio non condutor a unha velocidade superior á que tería a luz dentro do mesmo medio. Este efecto, observado por Pavel Čerenkov no ano 1934, foi interpretado por I. E. Tamm e I. M. Frank en 1937. A radiación de Čerenkov é especialmente visible nas piscinas de auga dalgúns reactores nucleares con coloración branca-azulada. Ten aplicación na detección de partículas de alta enerxía, como no contador de Čerenkov.
-
PERSOEIRO
Político. Membro da Democracia Cristiana Guatemalteca (DCG), foi presidente de Guatemala entre 1986 e 1991. Iniciou conversas coa guerrilla, pero, ante a presión da extrema dereita e do exército, acabou por impoñer unha política represiva.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno polo que as células epidérmicas dalgunhas plantas se recobren de filamentos, escamas ou gránulos cerosos que impiden o contacto entre a auga e a epiderme; deste xeito, facilitan que a auga esvare e que non se produzan infeccións provocadas por fungos, bacterias, etc. Nalgunhas plantas, como o carandaí, a produción de cera é tan grande que permite a súa recolección para aplicacións industriais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edicións do Cerne.
-
-
Acción e efecto de certificar.
-
Documento expedido por un funcionario público ou por unha persoa autorizada pola lei que certifica algunha cousa.
-
-
PERSOEIRO
Xurista ilustrado. Logo de estudar gramática no colexio dos xesuítas de Santiago de Compostela, doutorouse en Cánones e foi catedrático de Prima. Escribiu un tratado de dereito titulado Collectio setentiarum. Libri primi. Decretalium juxta ordinem capitulorum digesta (1778).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Bispo de Ourense (1922-1940) e escritor, irmán de Antonio Cerviño González. Licenciouse en Dereito Canónico e doutorouse en Teoloxía. Foi catedrático de Teoloxía e Teoloxía Dogmática no seminario de Tui dende 1884, fiscal do tribunal eclesiástico de Tui e cóengo maxistral da catedral de Tui, ata que foi nomeado bispo de Ourense en marzo de 1921. A súa doutrina teolóxica evolucionou dende un integrismo radical cara a un conservadorismo oposto ás reformas relixiosas da Segunda República española. Durante a súa mocidade escribiu varias poesías e artigos co pseudónimo de Solino Forcey, nunha polémica que mantivo con Indalecio Armesto en El Eco del Miño. Así mesmo, foi autor do panexírico polo tudense frei Rosendo Salvado e Rotea, bispo de Nova Nursia (Australia) en La Integridad de Tui. Publicou, ademais, Conferencias dogmáticas sobre el liberalismo, predicadas en la Santa Iglesia Catedral de Tui en el Adviento de 1898 (1898) e Primera carta pastoral dirigida al clero y fieles...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de cesar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Práctica consistente na adición de azucre ao mosto, co emprego de carbonato cálcico, co fin de enriquecelo e suprimir a súa acidez, para mellorar as características do viño resultante. Está prohibida en España. Inventouna o químico e enólogo francés Jean Antoine Chaptal (1756-1832), autor da obra Arte de facer viño.
-
PERSOEIRO
Médico mexicano. Foi fundador do Instituto de Cardiología de México (1944), presidente da Sociedad Internacional de Cardiología (1958-1962) e do IV Congreso Mundial desta especialidade (1962). É autor de máis de douscentos traballos, entre os que cómpre destacar o libro Lecciones de clínica cardiológica (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade patolóxica de ritmo respiratorio. Caracterízase por un período de apnea, seguido dunha serie de respiracións de amplitude crecente e outras de amplitude decrecente, para acabar novamente cunha pausa apneica. Foi descrita polo escocés Cheyne (1777-1836) e polo irlandés William Stokes (1804-1878).
-