"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Partido político turco de centro-dereita fundado en 1983 trala disolución do Büyük Türkiye Partisi (BTP). Considérase sucesor do Adalet Partisi (AP). O seu primeiro líder foi Süleyman Demirel, substituído en 1993 por Tansu Çiller.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo e mineraloxista. Estudiou a rexión volcánica de Sicilia, Calabria e os Alpes en 1790, lugar no que descubriu a dolomía, que leva o seu nome. A súa obra máis destacada é Sur la philosophie mineralogique (Introdución á filosofía mineralóxica, 1801).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Berro que marcou o comezo da independencia de México, emitido polo cura Hidalgo na cidade de Dolores en 1810.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de medida da acidez do leite. Un grao Dornic equivale a 0,1 g de ácido láctico por litro de leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra que recolle fragmentos de doutrinas e opinións de carácter filosófico, normalmente ordenados a partir de criterios temáticos ou autoriais. A primeira compilación recollida é a obra perdida de Teofrasto Φυσικ ῶ ν δόζαι (Das opinións dos físicos). O seu interese reside en que contribúe a reconstruír períodos históricos pouco documentados. Pode clasificarse en: obras doutrinais, organizadas por temas; biográficas, por autores; e sucesións, que compilan series de autores de varias escolas. Tamén cultivaron este xénero Cicerón, Plutarco e Simplicio. OBS: A grafia <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos doxógrafos e á doxografía. OBS: A grafia <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compilador de opinións ou de sentencias doutros autores. OBS: A grafia <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de impresión semellante ao offset, do que se diferenza pola utilización dunha prancha especial que non hai que mollar con auga para manter sen tinta as zonas non impresas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Forcarei baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Forcarei. De orixe románica, a ábsida construíuse en 1742 e, seguindo o modelo da construción primitiva, cubriuse con bóveda de crucería. O corpo da igrexa, a torre e a portada realizáronse en 1822. No interior conserva unha pía bautismal románica da antiga igrexa de San Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa creada na Coruña en 1987. Desde os comezos centrou a súa actividade no desenvolvemento de contidos dixitais multimedia e audiovisuais. En 1997 produciu o CD-ROM Bicho, que recibiu o Trofeo LAUS de deseño e tres premios AGAPI, e en 1998 sacou ao mercado Quick Magic, un simulador de maxia, galardoado tamén co premio AGAPI ao mellor multimedia. No ano 2001 realizou, xunto coa empresa Megatrix S A U, o filme O bosque animado, a primeira produción europea de animación en 3D. Esta película, baseada na obra de Wenceslao Fernández Flórez, conseguiu dous Premios Goya na edición de 2002 á mellor película de animación e á mellor canción orixinal, interpretada por Luz Casal. Forma parte da Asociación Galega de Productores Independentes (AGAPI), da Asociación Española de Productores de Animación (AEPA) e da Federación de Asociaciones de Productores Audiovisuales de España (FAPAE).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ucraíno. É autor de Duma pro Opanasa (Canción de Opanás, 1926), sobre a Guerra Civil de Ucraína, e da escolma de poemas Posledn’aja noc (A última noite,1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en Monforte ao redor de marzo de 1921. Trátase do voceiro da FCA de Monforte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de observación da posición, a constitución e as funcións das cavidades cardíacas e das válvulas, por medio da ecografía. Emprégase principalmente para a diagnose de valvulopatías, tromboses intracardíacas, defectos do tabique, estado funcional do miocardio e patoloxía pericárdica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro gráfico, nunha pantalla de raios catódicos, da imaxe que se obtén por ecocardiografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método que se empregaba para o estudo das estruturas intracraniais por medio do radar. Este termo introduciuno Leskell en 1956.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro gráfico nunha pantalla de raios catódicos da imaxe que se obtén por ecoencefalografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica que permite a exploración interna dun corpo mediante a emisión de ondas acústicas ou electromagnéticas emitidas por un transdutor, que se propagan polo medio (órgano ou tecido) que se quere estudiar, e a súa recepción unha vez reflectidas polo mesmo. As ondas reflectidas pódense procesar para xerar unha imaxe na pantalla dun monitor. No 98% dos casos pódese diferenciar o compoñente líquido, sólido ou mixto, dunha masa. Desta maneira, se se coñece previamente o patrón ecográfico de cada órgano, pódense distinguir as variacións patolóxicas e obter, por unha banda información anatómica das estruturas que o envolven, e por outra, un rexistro gráfico unha vez que se amplifican e se filtran as ondas ultrasónicas. A ecografía é unha técnica moi empregada en medicina para a detección dos latidos do corazón do feto no útero materno e tamén en oftalmoloxía, aínda que tamén se pode empregar noutros medios que permitan a propagación das ondas. Presenta como vantaxes principais o baixo custo...

    2. Imaxe bidimensional que resulta dunha exploración ecográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á ecografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao especialista que se dedica a facer ecografías.

    VER O DETALLE DO TERMO