doxografía

doxografía

(

s f [LIT/FILOS]

Obra que recolle fragmentos de doutrinas e opinións de carácter filosófico, normalmente ordenados a partir de criterios temáticos ou autoriais. A primeira compilación recollida é a obra perdida de Teofrasto Φυσικ ῶ ν δόζαι (Das opinións dos físicos). O seu interese reside en que contribúe a reconstruír períodos históricos pouco documentados. Pode clasificarse en: obras doutrinais, organizadas por temas; biográficas, por autores; e sucesións, que compilan series de autores de varias escolas. Tamén cultivaron este xénero Cicerón, Plutarco e Simplicio. OBS: A grafia <x> representa o son [ks].