doxoloxía
doxoloxía
(
s
f
[RELIX]
Fórmula litúrxica primitiva de uso xudeu e cristián que expresa unha loanza e glorificación de Deus (ou da Santísima Trindade). No s IV a fórmula de Gloria Patri converteuse no versículo final de toda a salmodia. Himnos como Gloria in excelsis e o Te Deum tamén foron considerados doxolóxicos. OBS: A primeira grafia <x> representa o son [ks].