"Nan" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1411.

  • Que indigna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución que crearon en Madrid (1876-1940) varios profesores de universidade e instituto, separados do ensino oficial por mor da protesta contra un decreto de Instrución Pública (1875). Dos membros fundadores, destacou Francisco Giner de los Ríos, a quen lle sucedeu (1915) Manuel B. Cossío. O seu nacemento está directamente unido á chamada segunda cuestión universitaria e ao movemento krausista. Con Manuel de Orovio no ministerio de Fomento, un Real Decreto de 26 de febreiro de 1875 mandaba poñer en vigor a Lei de 1857, pola que todos os catedráticos debían suxeitarse a textos oficialmente autorizados e esixía, ademais, someter os programas á aprobación do goberno. Con esa mesma data enviouse unha circular aos rectores en que se esixía que non se ensinase nada contrario ao dogma católico nin á monarquía constitucional. A protesta universitaria que deu orixe á ILE empezou en Santiago de Compostela e estivo comandada polos profesores Laureano Calderón Arana e Augusto González Linares,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ensaio pedagóxico para a reforma do segundo ensino, creado en Madrid polo Real Decreto de 10 de maio de 1918, con Santiago Alba no Ministerio de Instrución Pública. Dirixido pola Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, o seu plan de estudios caracterizábase pola continuidade no estudo das materias, con programas cíclicos e estudios comúns e obrigatorios ata os 15 anos, coa posibilidade de poder especializarse posteriormente nos dous cursos seguintes. O alumno distribuíase en dúas seccións, a primeira de carácter preparatorio para os comprendidos entre os 8 e os 10 anos. Ampliábase o abano de materias incluíndo o grego, as linguas modernas, o ensino artístico, o ensino manual e a música. O profesorado estaba composto por catedráticos numerarios de instituto, mestres de grao superior e aspirantes ao maxisterio secundario. Os seus principios poden buscarse na filosofía de Giner de los Ríos, na defensa da unidade do primeiro e segundo ensino, no ensino cíclico, na relación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está situado entre consoantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico xeriatra. Foi presidente da Sociedade Galega de Xeriatría, xefe do Servicio de Xeriatría da Cruz Vermella Española na Coruña, director da Revista Española de Geriatría y Gerontología e profesor de xeriatría nas universidades da Coruña e Santiago de Compostela. É autor de diversos traballos e libros sobre a súa especialidade e publicou Iniciación a la Geriatría (1981) e Salud Pública y envejecimiento (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do sheng de Shandong, China (1.480.915 h [1990]). É un centro comercial e de transportes debido á proximidade da rexión agrícola do N de Shandong e é produtora de algodón, cacahuetes e tabaco. A partir de 1949 instaláronse fábricas de construción de maquinaria, produción téxtil, papel e cemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escudeiro, probablemente de orixe galega. Desenvolveu a súa actividade en Portugal entre 1325 e 1350. Segundo a rúbrica da súa cantiga de escarnio tivo bens en Pavia, no distrito de Évora. Relacionouse con Johan de Gaia, Estevan da Guarda e o xograr Johan de León na corte do conde de Barcelos. Atribúenselle só dúas composicións recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: unha cantiga de amor fragmentaria, que mantén os motivos tradicionais, e un escarnio político, que emprega o artificio das rimas macho-femia, un dos trazos característicos da escola galego-castelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista británico. Profesor na Cambridge University (1951-1972). En 1931 introduciu o concepto de multiplicador do emprego, recollido máis tarde por J. M. Keynes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da rexión de Kasai Occidental, República Democrática do Congo (393.030 h [estim 1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Biólogo. Doutor en Ciencias Biolóxicas E investigador do CSIC desde 1972, foi secretario (1979-1983) e director (1990-1994) do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo. É membro do Seminario de Estudios Galegos e do Consello da Cultura Galega (1991-1993). Estudiou principalmente a pesca nas costas galegas e publicou artigos de prensa, informes e libros, como A pesca galega e a súa investigación (1978) e A Galicia mariñeira. Foi deputado do Parlamento galego na IV lexislatura (1993-1997) polo PSdeG-PSOE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Nápoles 1376 - 1414) Rei de Nápoles (titular entre 1386 e 1400 e efectivo entre 1400 e 1414) e titular de Hungría, fillo e sucesor de Carlos III de Nápoles. En 1400 derrotou a Luís II ; de Anjou, pretendente ao trono napolitano e en 1403 fíxose coroar como rei de Hungría. Despois de ocupar Roma (1408), foi expulsado polo antipapa Xoán XXIII, co apoio de Luís II de Anjou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Iniciou a súa carreira na compañía de María Guerrero, onde destacou como intérprete de diversas obras de Jacinto Benavente e onde iniciou unha longa traxectoria profesional. Foi unha das primeiras actrices españolas en ser convidadas a traballar en Hollywood.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Lector xeral en Sagrada Teoloxía, foi catedrático en Santiago de Compostela. Foi custodio, ministro provincial e visitador da provincia de San Gregorio de Filipinas. En 1952 ingresou na Orden Civil de Alfonso X el Sabio, con categoría de encomenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Doutor en Filosofía e catedrático de escultura, foi o primeiro decano da facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. A súa obra ten matices surrealistas, entendida cunha vangarda con reminiscencias barrocas. Escribiu ensaios de arte cunha concepción filosófica, entre outros, Teoría bruta de la forma frágil: escritos adverbiales de arte, estética y enseñanza (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a unha dor viva e moi intensa, como se fose producida por un obxecto punzante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor. Despois da Guerra Civil (1936-1939) instalouse en Barcelona, onde levou a cabo o seu labor editorial. Fundou a Editorial Planeta en 1949, que publica preferentemente obras de autores en lingua castelá, e en 1952, instituíu o Premio Planeta, un dos máis importantes do mundo da literatura castelá. Recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito Cultural da Deputación de Barcelona e a Creu de San Jordi da Generalitat de Catalunya (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e escultor. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo (1995), iniciou a súa formación na Escola de Artes Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela e co pintor Fernando Artal. Ampliou a súa formación no ámbito do deseño. Realizou unha obra de carácter conceptual e informalista que mostra o seu interese pola xeometría. Realizou as ilustracións de A casa da madriña (1993), de L. Bojunga. Participou, entre outras, na Bienal Caricatura Galega (Ourense, 1991) e na mostra Novos Valores da Bienal de Pontevedra e no Salón de Outono da Coruña (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Discípulo de K. Marx, foi o principal voceiro do socialismo alemán desde 1848. Despois dunha crise ideolóxica pola falta de eco do alzamento de Garibaldi, enfocou a súa actividade propagandística exclusivamente cara aos traballadores e defendeu o establecemento de organizacións políticas obreiras para loitar polo sufraxio universal. En 1863 fundou a Asociación Xeral de Traballadores Alemáns e foi o seu presidente, pero desanimado pola crecente oposición á súa visión da democracia, trasladouse a Suíza. Foi rehabilitado polo Partido Socialdemócrata, que defendeu a vía democrática e parlamentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra atribuída a Carlos Calixto Bustamante, coñecido como Concolorcorvo. Algunhas investigacións modernas sinalan que foi publicada en Lima e que o autor real é un aventureiro castelán. A obra, concibida como un manual para viaxeiros, presenta as características da novela picaresca e describe unha viaxe entre Bos Aires e Lima.

    VER O DETALLE DO TERMO