"RAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1337.
-
-
Poliedro que ten por base un polígono calquera e as outras caras (caras da pirámide), constitúen triángulos que teñen un vértice común (vértice da pirámide). Denomínase triangular, cuadrangular, pentagonal, etc, segundo se a base é, respectivamente, un triángulo, un cuadrilátero, un pentágono, etc. Unha pirámide é regular se a base é un polígono regular e se as caras son triángulos isósceles. A altura dunha pirámide é a distancia do vértice con respecto ao plano do polígono. O volume da pirámide é o terzo da superficie da base pola altura. Cortando unha pirámide cun plano obtéñense dous poliedros, o que contén o vértice é tamén unha pirámide; o outro, que non remata en punta, recibe o nome de pirámide truncada.
-
-
Monumento de forma piramidal empregado antigamente en Exipto como sepulcro e polos maias e os aztecas como templo. A pirámide do Sol pertence á civilización mexicana de Teotihuacán, formada por cinco andares de socalcos, xunto coa pirámide da Lúa. Tamén en México, as culturas do golfo e as toltecas edificaron as pirámides de El Tajín (Veracruz) e Tula. Os maias construíronas tamén en Tikal e en Chichén Itzá. No antigo Exipto empregábanse como tumbas dun faraón ou dunha raíña. O seu uso estendeuse posteriormente a Sudán. En realidade, a pirámide exipcia era o centro dun vasto complexo arquitectónico: un templo de recepción, unha rampla ou calzada, a pirámide en si e, finalmente, unha serie de almacéns e edificios. Durante o longo período que estivo en uso, desde o reinado de Djoser I (2737-2717 a C) ata o de Amosis (1570-1546 a C), a pirámide experimentou unha serie de cambios. Ás do Imperio Antigo (2686-2181 a C), auténtica idade das pirámides, pertencen algunhas da dinastía III, como a...
-
pirámide de chanzos
Pirámide que presenta, en todas as súas caras, unha sucesión decrecente de chanzos, amodo de escaleira.
-
-
-
Nome aplicado a diversas formacións anatómicas que teñen unha forma semellante á dunha pirámide.
-
pirámide de Laloulette
Prolongación superior do istmo do tiroide.
-
-
Representación gráfica que consiste nunha pirámide con diferentes niveis, con que se trata de recomendar unha alimentación máis equilibrada, tanto en canto aos tipos de alimentos que se deben consumir, como nas cantidades recomendadas. Na base estarían os carbohidratos procedentes dos cereais (pan, arroz, etc); no primeiro nivel as froitas e as verduras, que achegan vitaminas e fibra; no segundo os lácteos, que proporcionan calcio e proteínas, as carnes e os peixes (con proteínas, ferro, etc); e no último nivel as graxas, aceites e doces, cuxo consumo debe ser moderado.
-
Histograma dobre simétrico que representa a estrutura por idades e sexos dunha poboación. A partir da súa análise dedúcense moitos datos referentes á historia demográfica do século anterior á data de referencia, en especial aos aspectos relacionados coa natalidade, mortalidade, crecemento natural e real e migracións, e pódense extraer conclusións ou indicios sobre o futuro demográfico desa poboación. Na base refírense datos sobre a cantidade de efectivos, xa sexa en números relativos ou absolutos, contabizándose desde o centro do eixe de ordenadas cara aos dous extremos. O eixe de abscisas é dobre, á dereita recolle o conxunto de mulleres de cada idade, e á esquerda o de homes, ascendendo en grupos quinquenais desde a base cara ao cumio. As pirámides representan a situación demográfica dunha poboación; así, as poboacións subdesenvolvidas ou novas mostran unha base ancha e unha diminución progresiva e regular ata o cumio. Son poboacións con taxas de natalidade e mortalidade elevadas. As...
-
Diagrama de forma xeralmente piramidal en que se representa a biomasa, os niveis de enerxía ou o número dos organismos de cada nivel trófico dun ecosistema. Os organismos produtores (fotosintetizadores) ocupan a base da pirámide. Por riba deles, existen diversos tipos de consumidores (fitófagos, carnívoros depredadores de herbívoros e carnívoros depredadores de carnívoros). Cada nivel trófico mantense grazas á enerxía que obtén do nivel inmediatamente inferior; cada nivel trófico ten unha produción maior ca o seu nivel inmediatamente superior e menor ca o seu nivel inferior, posto que cada nivel superior se explota con menos intensidade. A pirámide de números representa o número de organismos a cada nivel trófico; a pirámide de biomasa, o peso total dos organismos de cada nivel nun momento dado, e a pirámide de produción, o fluxo de enerxía, coa velocidade con que se produce un alimento e a súa cantidade total.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena pirámide cuadrangular, de pouca altura e ampla base, que xeralmente vai colocada sobre un obelisco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome rexistrado da aminofenazona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deus fluvial da mitoloxía grega. A versión máis antiga narra o suicidio de Tisbe ao saber que estaba embarazada de Píramo sen estar casados, e este, ao saber da súa morte, tamén se mata. Os deuses transformáronos en correntes de auga. Píramo pasou a ser o río homónimo de Cilicia e Tisbe unha fonte que vertía nel. A outra versión foi inmortalizada por Ovidio nas Metamorfoses. Píramo e Tisbe, dous mozos de Nínive, morren traxicamente a causa dun erro, porque Píramo, crendo que a súa amada fora devorada por un león, suicídase ao pé dunha moreira -que desde aquela dá o froito vermello- onde ambos se citaban. Tisbe, en chegando ao lugar e ver o corpo sen vida de Príamo, tamén se mata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Exipto, situada no Delta oriental. Residencia real de Ramsés II (casa ou dominio de Ramsés), foi, xunto con Memfis, a sede principal deste soberano e dos seus sucesores. Segundo a Biblia, os hebreos foron obrigados a fabricar os adobes para construíla, ata que fuxiron no Éxodo. Non se sabe con exactitude onde estaba situada; ; primeiramente identificouse con Pelusium, pero A. H. Gardiner inclinouse despois por Tanis (actual San el-Hagar), a uns 167 km ao NL do Cairo. Outros investigadores identificárona con Qantir, a uns 19 km ao S de Tanis.
-
GALICIA
Xurista, pai de Leandro Pita Romero. Foi o fundador, principal promotor e presidente da Federación Agraria de Ortigueira (1920-1926). Contribuíu a divulgar a obra socio-educativa das Sociedades Gallegas de Instrución establecidas en América e fundou e presidiu a Agrupación Cultural de Ortigueira (1916). Publicou El batallón literario (1895) e La voz de la Raza. Idearium de un aldeano (1919). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gráfico onde se representa a cantidade de chuvia caída en relación ao tempo. Realízase sobre unha folla de papel aplicada a un cilindro, movido por un aparello de reloxaría que xira ao redor do seu eixe nun día ou nunha semana.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (1.790 h [2001]). A actividade agrícola, principalmente de cereais, e pecuaria perderon forza en favor da industria, que se basea nos sectores papeleiro e téxtil, na fabricación de ladrillos e na madeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca do Barbanza, situado no O da Comunidade Autónoma de Galicia e no SO da provincia da Coruña. A súa posición xeográfica é 42° 36’10” latitude N e 8° 56’ 00” lonxitude O. Limita ao N co concello de Porto do Son (comarca de Noia), ao L co de Boiro (comarca do Barbanza), ao S coa ría de Arousa, e ao O co de Ribeira (comarca do Barbanza). Abrangue unha superficie de 32,3 km2, en que acolle unha poboación de 9.923 h (2007) distribuída nas parroquias do Caramiñal, Lesón, Posmarcos, Santiago de Deán ou O Castelo e O Xobre ou O Maño. A capital está na vila da Pobra do Caramiñal, na parroquia do Caramiñal, localizada a 54 km de Santiago de Compostela e a 118 km da Coruña. Está adscrito á arquiarquidiocese de Santiago de Compostela e ao partido xudicial de Ribeira.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A Pobra do Caramiñal sitúase entre a serra do Barbanza e a ría de Arousa, os dous accidentes orográficos que configuran o seu territorio. A primeira esténdese pola... -
GALICIA
Parroquia do concello de Pobra do caramiñal, a. baixo a advocación de .
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Lesón (A Pobra do Caramiñal) sobre o río Pedras. Datada no s XVIII, foi construída en cantaría e conta con tres vans e arcos circulares, posteriormente ancheouse con bóveda de formigón. Atópase na C-550.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Impresión que deixa a planta do pé cando se marca mediante procedementos axeitados sobre un papel, co obxecto de estudar o xeito en que se apoia no chan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación gráfica da intensidade de corrente en función da voltaxe, realizada cun polarógrafo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dispositivo que nalgunhas máquinas serve para manter fixa a ferramenta que ten que traballar a peza.
-
GALICIA
Xornalista e escritor. Redactor de A Nosa Terra (1977-1979), La Voz de Galicia (1979-1993) e director de Antena 3 Radio en Santiago de Compostela (1990-1993), foi profesor de comunicación audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela desde 1996. Publicou Guía del Camino de Santiago (1982), El camino de Santiago (1992), El sistema radiofónico gallego (1995) e A imaxe sonora na radio en Galicia (2001). Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor estadounidense. Viviu en Washington (1835-1836) e instalouse en Florencia (1837). Influído por A. Canova, fixo obras idealistas e esculturas monumentais. Da súa produción destacan Eve, Greek Slave e J. C. Calhoun, en Charleston.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de san Sebastián.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Foi membro do grupo futurista, tivo contactos con T. Tzara e cos dadaístas, co Novembergruppe, co De Stijl, coa Bauhaus, e en París formou parte do Cercle et Carré (1930) e de Abstraction-Création (1932). As súas pinturas concibíronse como organismos cheos de movemento e de vida cromática.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Anuncio ou exposición ordenada, oral ou escrita, dos obxectivos, intencións ou partes de algo que se vai realizar ou desenvolver.
-
Proxecto e realización dunha empresa específica dunha certa envergadura determinando o espazo, o tempo e os recursos. Un programa de investigación oceanográfica.
-
Exposición dos propósitos políticos dunha persoa, un grupo ou un partido político.
-
-
-
Relación ordenada das distintas partes dun acto ou espectáculo.
-
Escrito ou impreso explicativo dun acto ou espectáculo.
-
-
-
Elenco dos espectáculos e emisións de radio ou televisión, que se presentan nun momento ou período determinado ou en relación a unha iniciativa determinada.
-
Cada unha das unidades temáticas independentes que emite unha cadea de radio ou televisión.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estratexia global de acción que ten por finalidade desenvolver políticas e estratexias pertinentes para a transición cara ao modelo de desenvolvemento sostible tal como se estableceu na Conferencia das Nacións Unidas para o Medio Ambiente e o Desenvolvemento de Rio de Janeiro en 1992. Formula as medidas para a cooperación internacional, a consevación e xestión dos recursos para o desenvolvemento e o fortalecemento do papel dos grupos principais implicados, ademais de ofrecer directrices sobre os medios de execución, asignación de recursos financeiros, científicos ou tecnolóxicos. Estableceu catro seccións: as dimensións sociais e económicas (cooperación internacional para acelerar o desenvolvemento sostible dos países pobres), conservación e xestión dos recursos (biodiversidade, bosque e atmosfera), fortalecemento dos grupos principais (mulleres, nenos, indíxenas, agricultores, sindicatos, comunidade científica) e medios de execución (recursos de financiamento, xurídicos internacionais)....