Píramo
Píramo
[MIT]
Deus fluvial da mitoloxía grega. A versión máis antiga narra o suicidio de Tisbe ao saber que estaba embarazada de Píramo sen estar casados, e este, ao saber da súa morte, tamén se mata. Os deuses transformáronos en correntes de auga. Píramo pasou a ser o río homónimo de Cilicia e Tisbe unha fonte que vertía nel. A outra versión foi inmortalizada por Ovidio nas Metamorfoses. Píramo e Tisbe, dous mozos de Nínive, morren traxicamente a causa dun erro, porque Píramo, crendo que a súa amada fora devorada por un león, suicídase ao pé dunha moreira -que desde aquela dá o froito vermello- onde ambos se citaban. Tisbe, en chegando ao lugar e ver o corpo sen vida de Príamo, tamén se mata.