"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
-
Relativo ou pertencente aos cumáceos.
-
Crustáceo da orde dos cumáceos.
-
Orde de crustáceos de cabeza grande e arredondada, e tórax e abdome longo e estreito. As especies meirandes acadan os 35 mm. Teñen unha pequena cuncha que cobre a cabeza e os 3 ou 4 primeiros segmentos do tórax. Viven semienterrados na area e na lama, de xeito que deixan parte da cabeza sobresaíndo do substrato. Aliméntase grazas á transformación das maxilas en grandes filtros cos que recolle as partículas suspendidas na auga do seu contorno, acto que se ve favorecido coa creación dunha pequena corrente por medio do movemento do primeiro apéndice torácico. Existen unhas 500 especies, principalmente mariñas e algunhas propias dos esteiros.
-
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, no Piemonte, Italia (54.584 h [estim 1999]). É o principal centro de mercado para a produción agropecuaria da súa provincia, ademais de núcleo industrial e turístico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do Piemonte, Italia (6.903 km2; 555.573 h [estim 1999]). A capital é Cuneo. É unha importante área comercial e gandeira. Na industria destacan os sectores téxtil, químico e alimentario.
-
-
Relativo ou pertencente ás cupresáceas.
-
Planta da familia das cupresáceas.
-
Familia de árbores e arbustos da orde das coniferais á que pertencen os cipreses, os cimbros e as sabinas.
-
-
PERSOEIRO
Filólogo alemán. Con Griechische Schulgrammatik (1852) iniciou o método da filoloxía comparada. Outras obras importantes son Grundzüge der griechische Etymologie (Fundamentos de etimoloxía grega, 1858-1862) e Das Verbum der griechischen Sprache (O verbo na lingua grega, 1873-1876).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico alemán. Catedrático nas universidades de Kiel (1889), Bonn (1896) e Heidelberg (1897), realizou importantes traballos sobre química orgánica. Levou a cabo a síntese orgánica de hidracina, de ácido nitroso e de acidas, e descubriu os enlaces do diazol e a reacción de transposición que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que se compón de liñas curvas.
-
Que segue unha liña curva.
-
-
PERSOEIRO
Político inglés. Foi gobernador xeral da India (1899-1905) e levou a cabo a división da provincia de Bengala, feito que alentou o movemento político pola independencia. Foi lord do Selo Privado (1915-1916 e 1924-1925), membro do gabinete de guerra de Lloyd George (1916-1919) e ministro de Asuntos Exteriores (1919-1924). Deulle nome á liña divisoria fronteiriza establecida entre Rusia e Polonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás cuscutáceas.
-
Herbácea parasita da familia das cuscutáceas.
-
Familia de herbáceas parasitas da orde das solanais que só inclúe o xénero Cuscuta.
-
-
PERSOEIRO
Xeneral norteamericano. Oficial de artillería, destacou durante a Guerra de Secesión defendendo a Unión. Combateu os indios en Kansas, Dakota e Montana, onde morreu ao enfrontarse a unha coalición de tribos síux na Batalla de Little Bighorn.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á pel ou á cute.
-
Aplícase ao músculo que ten algunha inserción na derme.
-
Aplícase ao nervio que se distribúe por unha área concreta da pel.
-
-
PERSOEIRO
Naturalista francés. O seu interese pola historia natural xurdiu a partir do debuxo e do traballo con láminas. En 1794 viaxou a París tras ser chamado polo naturalista Geoffroy Saint-Hilaire, quen lle proporcionou un posto na área de anatomía nos xardíns reais. Impulsor dos estudios de anatomía comparada e paleontoloxía, desenvolveu un modelo científico propio e de certa transcendencia, o cuvierismo, que dominou as ciencias naturais europeas durante a primeira metade do s XIX. Defendeu a teoría catastrofista que explicaba os cambios xeolóxicos e biolóxicos observados na natureza como consecuencia de sucesivas “catástrofes”, ás que seguían novos procesos de creación, nos que os fósiles eran restos desas creacións anteriores. Enfrontouse, con éxito, a científicos, como o propio Geoffroy Saint-Hilaire e Lamarck, feito que atrasou a recepción do evolucionismo en Francia e noutros países. Publicou Leçons d’anatomie comparée (Leccións de anatomía comparada, 1800-1805), Recherches...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás dacrimicetáceas.
-
Fungo da familia das dacrimicetáceas.
-
Familia de fungos á que pertence o xénero Calocera.
-
-
PERSOEIRO
Primado de Alemaña (1806), barón de Dalberg. Arcebispo-elector de Maguncia, trasladouse en 1803 a Ratisbona. Foi nomeado primado de Alemaña, arquichanceler da Confederación do Rin, presidente da Dieta e gran duque de Frankfurt. De ideas ilustradas, realizou importantes reformas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría elaborada por J. Dalton coa finalidade de poder interpretar todo un conxunto de feitos experimentais, como por exemplo as relacións ponderais sinxelas entre os compostos químicos. Unha das principais proposicións da teoría afirma que todos os elementos químicos están constituídos por partículas moi pequenas, os átomos, que permanecen indivisibles durante as reaccións químicas. Tamén postula que o átomo ten un conxunto de propiedades, entre as que se atopa a masa atómica que é característica de cada elemento. Sostén, así mesmo, que cando dous ou máis elementos se combinan, o composto resultante está formado por átomos dos elementos reaccionantes. Finalmente, di que a cantidade mínima dun composto é a molécula e que esta ten que estar constituída, como mínimo, por un átomo de cada un dos elementos que a orixinan. Esta teoría foi o fundamento de posteriores hipóteses físicas e químicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘moito’.
-
PERSOEIRO
Político e avogado francés. Foi procurador do Consello do Rei (1785-1791), pero dende 1789 participou nos movementos revolucionarios e alistouse dende o primeiro momento na Garda Nacional. Foi nomeado presidente do distrito de Cordeliers e fundou, xunto con Marat e Desmoulins, entre outros, a Sociedade dos Dereitos do Home e do Cidadán (1790), que se transformou posteriormente no Club dos Cordeliers. Formou parte da Comuna de París e do Directorio do departamento de París, desde o que encabezou a revolta republicana que se produciu despois da fuxida do monarca Luís XVI e culminou na matanza do Campo de Marte. Despois deste suceso exiliouse por pouco tempo no Reino Unido, pero ao seu regreso a París participou na revolución do 10 de agosto de 1792. A Asemblea decretou a suspensión do rei e nomeouse un Comité Executivo, en substitución do goberno, no que Danton foi nomeado ministro de Xustiza. Elixido deputado por París para a Convención Nacional, en setembro de 1792, foi un dos xefes do...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático francés. Profesor de estatística nas universidades de Nancy e de París e de física matemática na de París, foi un dos representantes máis destacados da escola francesa contemporánea de estatística. Cómpre salientar as súas investigacións nos campos da xeometría diferencial e da física teórica. Foi director do Institut de Statistique de París, presidente do Instituto Internacional de Estatística e membro da Académie des Sciences.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor austríaco. Foi un dos representantes do expresionismo, e a súa poesía vincúlase a miúdo con problemas filosóficos. Publicou, entre outras obras, Das Nordlicht (A aurora, 1910) e Der neue Standpunkt (O novo punto de vista, 1916).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás daucáceas.
-
Herbácea da familia das daucáceas.
-
apiácea.
-