"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Realtivo ou pertencente aos ovirraptóridos.

    2. Animal fósil da familia dos ovirraptóridos.

    3. Familia de animais fósiles, bípedos e pequenos, similares ás aves, de ata 2 m de lonxitude. Presentaban cabeza curta, cunha protuberancia nasal, pico sen dentes, patas longas, con tres dedos con fortes garras, e cola baixa e curta. Viviron durante o Cretácico Superior, en Mongolia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación típica das femias dalgúns grupos de insectos, como por exemplo os odonatos, os ortópteros e os himenópteros. É o órgano empregado para poñer os ovos nos lugares adecuados segundo os grupos (os odonatos nas plantas acuáticas, os ortópteros baixo terra e os himenópteros dentro de plantas e animais) e, polo tanto, está adaptado en cada caso como órgano perforador ou escavador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal ou éster do ácido oxálico.

    2. Dianión do ácido oxálico, de fórmula - OCO - COO -.

    3. Líquido incoloro, inmiscible coa auga, que ferve a 186°C. Emprégase como disolvente para resinas e na síntese de α-cetoésteres. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente relixiosa dentro da alta Igrexa Anglicana que puxo o acento na revisión das notas da Igrexa, principalmente a súa catolicidade, vinculada á sucesión apostólica vivida na tradición e entendida como fidelidade dinámica no espírito que fala pola Igrexa. Comezou en Hadleigh (Suffolk) en 1833 e tivo a súa primeira formulación no sermón de John Keble sobre a apostasía nacional, o 14 de xullo de 1833, onde se reclamaba a liberdade da Igrexa ante o Estado. Destacan as Tracts for the Times, de onde vén o nome de tractarismo, e as obras de A. P. Perceval (The Churchman’s Manual, 1833) e de W. Palmer (Treatise on the Church os Christ, 1838). Deles xurdiu tamén a teoría das tres ramas da Igrexa (inglesa, oriental e romana), o ritualismo e o anglocatolicismo. Pese a que os seus abandeirados, como Pusey, se mantiveron dentro do anglicanismo, o movemento acabou coa entrada na comuñón romana de J. H. Newmann, en 1845.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que estimula o parto.

    2. Produto que se destina a estimular a contracción dos músculos lisos do útero. Emprégase sobre todo a fracción oxitócica do extracto do lóbulo posterior da pituitaria. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona polipeptídica segregada polo lóbulo posterior da hipófise que, como a vasopresina, actúa durante o parto sobre a fibra muscular lisa do útero e provoca a contracción. Estimula e secreción de leite e ten efecto sobre os riles. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que leva o acento de intensidade na derradeira sílaba. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e xurista. Fundou a Sociedade de San Vicente de Paúl e as Conferencias de San Vicente de Paúl. En 1833 xuntouse con F. René de Chateaubriand, co conde de Montalembert, con Jean-Baptiste-Henri Lacordaire e outros católicos progresistas. Foi partidario do liberalismo político, polo que sufriu ataques diversos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa de investigacións que se dedica á busca de posibles sinais radioeléctricos emitidos por seres extraterrestres intelixentes. O programa foi elaborado por Frank Drake e os seus colaboradores do National Radio Astronomy Observatory de West Virginia e foi levado a cabo durante os primeiros anos na década de 1960.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos artiodáctilos, da familia dos cérvidos, que presentan as hastas delgadas e longas, ramificadas cara a atrás e os ollos rodeados dunha franxa branca. Distribúense por América do Sur, habitualmente en espazos abertos. Comprenden unha única especie, Ozotocerus bezoarticus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. A súa achega ao teatro contemporáneo é comparable á de G. Eliot e J. Joyce en poesía e novela. De vida turbulenta, feito que se reflectiu na súa obra, foi decisivo para a súa carreira que o grupo de teatro Princetown Players estreara a súa obra Bound East for Cardiff (1916). Nos seus textos realiza un estudo naturalista das frustracións que determina o ambiente provinciano e reflicte a inspiración do expresionismo simbolista, todo isto adornado dunha prosa semipoética de enorme calidade. Na década de 1920 escribiu unha parte importante da súa produción, da que destacan as galardoadas co premio Pulitzer Beyond the Horizon (1920), Anna Christie (1922) e Strange Interlude (1928). O seu teatro posúe unha grande influencia de Strindberg e unha aplicación da psicoloxía para analizar os mitos clásicos e bíblicos. Foi un autor prolífico e escribiu sobre as conflitivas relacións familiares e o conflito entre idealismo e materialismo. Das súas obras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico irlandés. Comezou a súa carreira no teatro, onde representou con grande éxito as obras de W. Shakespeare. No cine interpretou habitualmente personaxes cunha certa carga de idealización romántica, como en The Savage Innocent (1959), Lawrence of Arabia (1962), Becket (1964), The Lion in Winter (1968), Goodbye, Mr. Chips (1969), The Ruling Class (1972), My Favourite Year (1981), Creator (1985), High Spirits (1987), Rebecca’s Daughter (1991), The Manor (1999) e Troy (2004). Recibiu un Oscar honorario polo conxunto da súa carreira (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Traballou a pintura, a fotografía e a colaxe, cunha forte presenza de elementos naturais. Evolucionou desde o figurativismo con contido simbólico cara a unha obra máis totalizadora onde empregou a instalación, a escenografía e os elementos naturais cun significado que vai máis alá das posibilidades do propio soporte. Destacan a serie Transubstanciación (1991), O namorado (1994) e Tríptico: Tempestade (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen actúa con pachorra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e inventor italiano. Estudou en Florencia e foi profesor nas universidades de Boloña (1864), Caller (1873) e Pisa (1882). Estudou a produción de correntes eléctricas e en 1859 ideou unha máquina de corrente continua provista dun inducido anular (ideado independentemente tamén por Z. T. Gramme), coñecido como o anel de Pacinotti ou anel de Gramme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa estadounidense dedicada á fabricación de automóbiles de luxo, constituída en Detroit a partir da New York and Ohio Corporation de Warren (Ohio), pouco tempo despois da súa fundación en 1899, e que xa fabricaba a marca Packard. En 1915 construíu o primeiro motor de doce cilindros para automóbiles de serie de EE UU. Pechou en 1958.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Convención formal pola que dúas ou máis persoas asumen determinadas obrigacións e dereitos e se comprometen ao seu cumprimento.

    2. Pacto que forma parte das convencións ou as complementa.

    3. Pacto polo que se establece o dereito real de anticrese a favor dun acredor.

    4. pacto comisorio.

    5. Acordo que se establecía entre dous pobos, xeralmente o romano e un pobo bárbaro, polo que os primeiros concedían aos segundos a posibilidade de establecerse nas terras do Imperio Romano. A cambio, estes comprometíanse a defendelas dos ataques doutros pobos bárbaros. OBS: Tamén se denomina co termo latino foedus.

    6. Pacto convido ou situación de feito creada entre dous estados, polo que os súbditos dun reciben do outro, nunha materia concreta, o mesmo trato legal ca os súbditos propios.

    7. Pacto polo que o vendedor se reserva o dereito de recuperar a cousa vendida devolvéndolle ao comprador o prezo da venda e abonándolle todos os gastos.

    8. Pacto en que unha das partes se adxudica vantaxes exorbitantes en detrimento das outras.

    9. Pacto que foi adoptado abusivamente, en infracción dunha lei prohibitiva, contra a moral ou os bos costumes, sen mediar causa do contrato ou ben con engano.

    VER O DETALLE DO TERMO