"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Discípulo de Alonso Sánchez Coello, substituíuno como pintor de cámara do rei (1596) e especializouse nos retratos reais. O seu estilo, na liña de Antonio Moro, influíu na arte da corte de Filipe IV. Cultivou tamén a pintura relixiosa, dentro da corrente manierista derivada de Navarrete e Tiziano. Pintou Fray Hernando de Rojas, El caballero santiaguista, numerosos retratos de Filipe II e San Agustín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante. Debutou con sete anos nun tablao flamenco e dedicouse por completo ao mundo da copla e do folclore. Da súa discografía destacan Que dile y dile (1975), Marinero de luces (1985), Se me enamora el alma (1989), Amor eterno (1996) e Buena suerte (2004). Ademais, protagonizou as películas Yo soy esa (1990) e El día que nací yo (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María Isabel Pantoja Martín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se utiliza en topografía para medir ángulos horizontais. Está formado por un cilindro vertical dividido en dúas partes, segundo un plano horizontal, que poden xirar unha respecto da outra, con cadansúa parella de fendas que serven para orientalas nunha dirección determinada. O ángulo que forman as direccións en que están orientadas ambas as dúas partes vén dado por unha escala graduada situada na xunta entre esas partes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Representación escénica muda que se basea no xesto e na expresión corporal, frecuentemente acompañada de música. En Grecia era un simple accesorio da danza, e entre os romanos, malia que o mimo era famoso grazas ao tráxico Pílades de Cilicia e ao cómico Batilo de Alexandría, non se estableceu na súa forma definitiva ata a época de Augusto. Ocupou un lugar preeminente na Commedia dell’Arte, sobre todo con Arlequín e Colombina. A ópera cómica do s XVIII tomou dela moitos elementos, e foi J. G. Noverre (1727-1810), director das festas na corte francesa, quen lle devolveu a súa rigorosa natureza de espectáculo sen canto e sen fala. Máis tarde chegaron as formas estilizadas e decorativas de I. Stravinskij, S. Prokof’ev e O. Respighi. Pantomimas famosas son a Petruska de I. Stravinskij ou El sombrero de tres picos de Falla. Xa ben entrada a segunda metade do s XX recuperou as súas características, diferenciándose claramente da danza e do ballet, e centrándose rigorosamente no...

    2. Representación que se fai con ánimo de enganar.

    3. Acción ou actitude finxida para enganar a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á pantomima ou ao pantomimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que representa unha pantomima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Martiño que dá nome ao concello de Pantón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Terra de Lemos, situado na provincia de Lugo no centro-leste da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 30’ 40’’ de latitude N e 7° 37’ 30’’ de lonxitude O. Limita ao N co concello do Saviñao (comarca de Terra de Lemos), ao L cos de Monforte de Lemos e Sober (ambos os dous na comarca de Terra de Lemos), ao S cos de Sober e Nogueira de Ramuín (comarca de Ourense) e ao O cos de Carballedo e Chantada (ambos os dous na comarca de Chantada). Abrangue unha superficie de 143,2 km 2 , en que acolle unha poboación de 3.073 h (2007) distribuídos nas parroquias de Acedre, Atán, Cangas, Castillón, Deade, Eiré, Espasantes, Ferreira de Pantón, Frontón, Mañente, Moreda, Pantón, Pombeiro, Ribeiras de Miño, San Fiz de Cangas, San Vicente de Castillón, Santalla de Toiriz, Santo Estevo do Mato, Següín, Serode, Siós, Toiriz, Toldaos, Tribás, Vilamelle e Vilar de Ortelle. A súa capital está no lugar do Castro de Ferreira, na parroquia de Ferreira de Pantón, a 138 km de Santiago...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produto que contén, en forma de clorhidratos, todos os alcaloides do opio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte exterior do fondo dun buque, comprendida entre a quilla e os costados verticais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fungo pecizal que presenta un carpóforo de cabeza oval, acuminada e oca con pregaduras lonxitudinais anastomosadas que forman alvéolos, semellantes aos dunha colmea, de cor parda escura. Ten un longo pé oco, duns 10-15 cm, de cor branca e aspecto graúdo fariñento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera sal ou éster do ácido pantoténico.

    2. Substancia en forma de pos brancos, higroscópica, inodora, amarga e soluble na auga. É termolábil e un compoñente do coenzima A.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compoñente do complexo vitamínico B. É o factor antidermatítico do polo e un factor de crecemento de lévedos e bacterias. É compoñente do coenzima A e como tal intervén no proceso metabólico dos glícidos, e tamén é necesario para a síntese de ácidos graxos, esterois e hormonas esteroides. É un líquido aceitoso amarelo, soluble na auga e nos disolventes orgánicos. Emprégase en medicina e en nutrición en forma de sal cálcico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pantoterios.

    2. Mamífero da infraclase dos pantoterios.

    3. Infraclase de mamíferos, da subclase dos terios, de dimensións pequenas ou medianas, que presentan dentes pequenos e incisivos. Son animais carnívoros ou insectívoros. Viviron durante o Mesozoico e probablemente eran moi próximos ao tronco que deu orixe a todos os terios vivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Coñecido como Jean Moréas, escribiu en francés. Os seus primeiros libros mostran unhas claras resonancias de Baudelaire e Verlaine, pero máis tarde distanciouse do simbolismo, do que foi voceiro, para atopar a súa propia voz poética. Da súa produción destacan Les Syrtes (1884), Les Cantilènes (1886), Le Pélerin passionné (1891-1893) e Iphigénie en Tauride (1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de citodiagnose que se emprega para a detección precoz do cancro de útero, baseada no exame citolóxico dun frotis vaxinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comida abundante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoguete infantil feito de papel ou tea e suxeito a unha armazón lixeira, que se eleva no aire aproveitando a acción do vento e que se dirixe cunha corda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua crioula que se fala en Aruba, Bonaire e Curação (Antillas Neerlandesas). A lingua oficial é o neerlandés, pero o papiamento está moi estendido. Formouse a partir do crioulo afroportugués das illas de Cabo Verde e da Guinea portuguesa, o castelán das Antillas e diversos vocábulos neerlandeses. O papiamento desenvolveuse na illa de Curação a partir de 1500 para permitir que os escravos africanos se puidesen comunicar cos seus donos. Desde 1998 ensínase nas escolas.

    VER O DETALLE DO TERMO