"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cobra capcaudada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dialecto catalán falado no Capcir, nos Pireneos orientais (Francia). Mantén moitas afinidades léxicas coas falas occitanas veciñas (tampar ‘pechar’) e morfolóxicas (miu, miva ‘meu’, ‘miña’). Tamén destaca a conservación do artigo (lo, los ‘o’, ‘os’) e con respecto á fonética, a vocalización do -l- intervocálico + consoante (autre ‘outro’) e os cambios de QUA-, GUA- a ca-, ga- (gardar ‘gardar’) e do -s- sonoro procedente do -d- e -c- intervocálicos diante das vocais palatais e ou i (tesa ‘facho’, rasú ‘razón’). Ademais presenta algún fenómeno de seu, como o cambio de Ū a oe (oell, ‘ollo’), que se recolle nas zonas de transición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos argumentos, razoamentos ou preguntas falsos pero con aparencia de verdade, que se din para enganar o interlocutor ou suscitar nel algún comentario que o comprometa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cobra capdenal.
-
MUNICIPIOS
Municipio das Illes Balears, no extremo NL de Mallorca (6.321 h [1996]). Predominan os cultivos de cereais, améndoas, oliveiras, viña e figos. A industria redúcese a pequenas fábricas de augardente e téxtiles. O turismo experimentou un gran desenvolvemento, especialmente en cala Ratjada, ata convertelo na principal actividade económica. A vila foi fundada por Xaime II en 1300 dentro do antigo termo de Artà e non conseguiu a súa independencia ata 1819. Conserva un cerco amurallado construído ao longo do s XIV, coñecido como o castelo de Capdepera. A igrexa de Sant Bartomeu construíse fóra das murallas entre 1830 e 1840.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xornalista. Retirouse da carreira militar en 1854 para dedicarse a diversas actividades públicas. Militou na Unión Liberal e fundou os xornais El Correo e La Península. Foi elixido deputado en 1858 e, contrario á política de Isabel II, exiliouse en 1866. Regresou despois da Revolución de 1868 e foi novamente deputado e subsecretario do ministerio de Facenda. Publicou Hacienda de la nación (1872).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e naturalista. Estudiou gramática, filosofía, matemáticas e medicina en València e dereito en Salamanca. Interesouse pola arqueoloxía e pola botánica. Mantivo correspondencia con Haller e con Linné, de quen traduciu ao castelán Philosofia botanica (Filosofía botánica) e Species plantarum (As especies das plantas). A súa publicación máis destacada é Teoremas y problemas para examinar y saber usar cualesquiera aguas minerales (1785).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, dramaturgo e xornalista. Fundou a revista Los Miserables e dirixiu a revista L’Esquella de la Torratxa. En 1939 exiliouse a París ata 1973, ano en que se instalou en Andorra. É autor das novelas La balada de les set germanes (A balada das sete irmás, 1912), e da peza teatral Nadal en temps de guerra (Nadal en tempos de guerra, 1938). En colaboración con V. Mora escribiu Cançó de amor i de guerra (Canción de amor e de guerra, 1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, ensaísta e crítico. Cultivou a poesía de ton intimista coas obras Melpómene (1912), La fiesta del mundo (1922), Canto gallego (1955) e Romances del general San Martín (1959); a novela coa publicación de Arbaces, maestro de amor (1945); e o ensaio con América (1926). Foi membro da Academia Argentina de Letras, da Academia Nacional de la Historia e correspondente da Real Academia Española de la Lengua. Acadou o Premio Nacional de Literatura (1920) e o Premio da Sociedad Argentina de Escritores (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da rexión Central, en Ghana (86.620 h [1984]). Situada sobre rocha granítica, atópase á beira dun lago de auga salgada separada do mar por unha franxa areosa. O seu porto está no golfo de Guinea. A actividade económica principal é o comercio de xoias, marfil e ouro. Foi unha das primeiras colonias de Portugal, pasando en 1641 a mans de Holanda e en 1665 a Inglaterra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cabo Canaveral.
-
CONDADOS
Condado de Liberia (5.827 km2; 83.900 h [estim 1986]). A capital é Robertsport.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación inglesa da Cidade do Cabo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
capialzo.
-
-
Entreter a alguén con evasivas e enganos.
-
Superar con habilidade un compromiso, unha dificultade ou un traballo desagradable.
-
Facerlle sinais a alguén desde lonxe coa intención de chamar a súa atención.
-
Lidar coa capa unha res na arte da tauromaquia.
-
Estar ou aguantar á capa, mantendo a embarcación parada, aínda con vento, para conseguir unha maior seguridade do barco en situacións de temporal.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ao significado ‘chamar a alguén’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
aso romano circular e baixo cunha asa vertical que se empregaba nos sacrificios e nas comidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sacerdote que asiste ao altar ou ao coro con capa pluvial.
-
PERSOEIRO
Narrador e autor dramático checo. Doutorado en Filosofía en 1915, dirixiu o teatro municipal de Praga (1921-1923). O seu teatro adquiriu sona universal, sobre todo R.U.R (Rossum’s Universal Robots) (1920), obra na que introduciu a palabra robot. A súa produción caracterízase pola sátira político-social e pola crítica do fascismo e do uso da ciencia ou da técnica para a explotación do home. Publicou reportaxes e narracións como Povídky z jedné kapsy (Contos dun peto, 1929) e novelas como Válka smolny (A guerra das salamántigas, 1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Karel Matĕj Čapek.
-
PERSOEIRO
Economista. Experto en gastronomía e colaborador habitual nas revistas Club de Gourmets, Sobremesa e Gran Reserva. Crítico gastrónomo do xornal El País, é autor de diversos libros, entre eles, Manual del pescado, Mil pares de huevos, Pícaros, ollas, inquisidores y monjas ou Comer en Andalucía.
VER O DETALLE DO TERMO