capcinés
capcinés
(
s
m
[LING]
Dialecto catalán falado no Capcir, nos Pireneos orientais (Francia). Mantén moitas afinidades léxicas coas falas occitanas veciñas (tampar ‘pechar’) e morfolóxicas (miu, miva ‘meu’, ‘miña’). Tamén destaca a conservación do artigo (lo, los ‘o’, ‘os’) e con respecto á fonética, a vocalización do -l- intervocálico + consoante (autre ‘outro’) e os cambios de QUA-, GUA- a ca-, ga- (gardar ‘gardar’) e do -s- sonoro procedente do -d- e -c- intervocálicos diante das vocais palatais e ou i (tesa ‘facho’, rasú ‘razón’). Ademais presenta algún fenómeno de seu, como o cambio de Ū a oe (oell, ‘ollo’), que se recolle nas zonas de transición.