capataz

capataz

(< lat caput, -ĭtis‘cabeza’)

  1. s

    Persoa encargada de vixiar ou dirixir o traballo dun grupo de obreiros.

    Ex: O capataz da obra non nos soubo dicir cánto tempo ían tardar en rematala.

  2. s

    Persoa que ten ao seu cargo unha explotación agrícola.

    Ex: Durante o tempo que estivo emigrado foi capataz en Arxentina.

  3. capataz agrícola

    Titulado de grao inferior de estudios agrícolas, auxiliar dos enxeñeiros agrónomos e dos de montes.

Palabras veciñas

caparucheira | caparucho | caparuza | capataz | capaz | capcaudada | capcinés