"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
CIDADES
Cidade do estado de Minas Gerais, Brasil, situada na beira do río Doce (173.669 h [1980]). É un importante centro comercial de cacao, de cana de azucre e de gando. Fundada en 1938, denominouse Figueira ata o ano seguinte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Abadín baixo a advocación de santa María Madanela.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Guadalajara ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Guadalajara.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
gorecer.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado ao S do Guadiana e drenado pola canle do Zújar (7.285 h [2001]). A economía é agrícola (cereais, viñas, oliveiras e algodón) e gandeira (lanar e porcina). Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de San Gregorio (s XII) e a de Santa María, declarada Ben de Interese Cultural en 1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Miranda, Venezuela, situada a uns 30 km ao L de Caracas (295.528 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor italiano. Da súa produción destaca Il destino si chiama Clotilde (1942) e Don Camilo (1950). A súa obra é unha sátira das loitas políticas rurais desde un punto de vista dereitista.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Colombia, no departamento de Meta (1.350 km). Nace na Cordillera Oriental Andina, co nome de Guayabero, e desemboca no Orinoco, preto de San Fernando de Atapabo, en Venezuela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Comisaría de Colombia (53.460 km2; 110.631 h [estim 1997]). A capital é San José del Guaviare (53.667 h [1997]).
-
PERSOEIRO
Teórico musical italiano. Monxe beneditino do mosteiro de Pomposa, preto de Ferrara. Introduciu innovacións no canto eclesiástico e atribúeselle a creación da pauta musical de catro liñas. Para fixar e facer reter a entoación dos graos da escala musical, empregou as primeiras sílabas de cada hemistiquio da primeira estrofa do himno a San Xoán Bautista Ut queant laxis. Escribiu diversos tratados teóricos, como o titulado Micrologus.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Animadora teatral. Coñecida como Fusa Guillén, desenvolveu a súa actividade na comarca de Ferrolterra, desde a Asociación Cultural Garola de Cedeira, onde creou un colectivo para a posta en escena de espectáculos para a infancia e a mocidade. Tamén colaborou con diversas escolas municipais de teatro da área de Ferrol. É coautora de textos como O segredo de Daniel, Unha aboa a catro patas e A escada.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido por Filipe V o 30 de setembro de 1716 a frei Pedro de Mosquera e Pimentel de Soutomaior, prior en Castela da orde de San Xoán de Xerusalén, para o seu sobriño Antonio Miguel Mosquera e Villar Pimentel e Sarmiento de Meira, señor de Vilar de Paio Muñiz e da casa de Guimarei. No s XIX o marquesado pasou á casa de Rubiáns. Trae as armas dos Mosquera: en campo de prata, cinco cabezas de lobo, de sable, lampasadas de goles, postas en aspa; no timbre presenta a coroa de marqués.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Guimarei (A Estrada). É un conxunto formado por unha torre de orixe medieval e un pazo do s XVIII. A torre pertenceu a unha fortaleza destruída polos Irmandiños en 1467. Conserva sobre a porta principal dúas inscricións co apelido Villar. O pazo adopta unha planta en forma de U co corpo central máis desenvolvido ca os laterais e cunha soa altura. Destaca a fachada do corpo principal formada por unha porta arquitrabada e cun escudo coa coroa de marqués e coas armas dos Villar, Mosquera e Sarmiento. Sobre el sitúase a cornixa curva a xeito de frontón e rematada con pináculos.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Friol. Ten planta de nave única cuberta con bóveda de canón. O arco de triunfo é de medio punto e apóiase en pilastras. A ábsida cóbrese con bóveda estrelada con terceletes. A fachada está franqueada por dous contrafortes. A porta é de arco de medio punto e sobre ela sitúase un rosetón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. Baixo o pseudónimo de Guittone d’Arezzo escribiu poemas amorosos, políticos e de contido moral. Foi un dos autores que introduciron a escola poética siciliana en Toscana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Guntín baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO