"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade trisemanal que apareceu na Coruña o 2 de outubro de 1856, e que cesou o 9 de decembro do mesmo ano. Dirixida por Ricardo Puente Brañas, contaba coa colaboración de Leandro Saralegui, Manuel Murguía, Antonio e Francisco de la Iglesia, Xosé López de la Vega, Aurelio Aguirre e Antonio de San Martín. Nun principio contou con imprenta propia e nos últimos números editouse nos obradoiros de Timoteo Pombo. Dividiuse nas seccións “Revista comercial de La Coruña”, “Correspondencia de Galicia”, “Sección doctrinal”, “Parte oficial”, “Noticias nacionales y extranjeras”, “Sección poética”, “Variedades”, “Gacetilla”, “Folletín” e “Anuncios”. Combinou as novidades sociais e políticas coa literatura, como demostra a aparición de poemas en castelán e galego, diversas entregas de narracións e lendas, e recensións de libros en galego de Vicetto ou do Ensayo de una historia literaria de Galicia, de Murguía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Adhesión respectuosa ao proceder, á vontade ou aos desexos doutro.
-
Actitude que amosa unha persoa ao aceptar o trato, os agasallos, etc, cunha persoa de situación máis modesta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao conduto deferente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diminución ou desaparición da febre.
-
-
-
Estado ou calidade de deficiente.
-
Carencia de algo que se considera necesario ou conveniente.
-
-
Perda ou anormalidade dunha estrutura ou función psicolóxica, fisiolóxica ou anatómica, calquera que sexa a súa causa. As deficiencias poden ser de tipo temporal ou permanente e inclúen a existencia ou aparición dunha anomalía, defecto ou perda producida nun membro, órgano, tecido ou outra estrutura do corpo, incluídos os sistemas propios da función mental. Representan a exteriorización dun estado patolóxico e refliten perturbacións a nivel de órgano. Clasifícanse en intelectuais, psicolóxicas, da linguaxe, do órgano da audición, do órgano da visión, viscerais, musculoesqueléticas, desfiguradoras, xeneralizadas e sensitivas, entre outras.
-
deleción cromosómica.
-
Estado no que está un composto cando o número de electróns que forman un enlace químico é menor ca o necesario para formar enlaces simples normais. Neste caso, os enlaces do composto son multicéntricos.
-
Carencia de calquera elemento químico necesario para o correcto desenvolvemento dun organismo vivo. A falta destes minerais reflíctese nas distintas especies vexetais e animais mediante síntomas típicos e comúns. Así, se as follas dos extremos dos abrochos se tornan amarelas e os nervios presentan unha cor verde, é sinal inconfundible da escaseza de ferro, mentres que esta carencia no ser humano provoca anemia.
-
Enfermidade causada pola carencia de vitaminas, minerais e aminoácidos debido a unha dieta inadecuada. É un exemplo o raquitismo, provocado por unha falta de vitamina D, ou o escorbuto, por mor da falta de vitamina C.
-
-
-
-
Proceso polo que un órgano animal ou vexetal se abre de forma espontánea para dar saída ao seu contido.
-
dehiscencia ascendente
Dehiscencia lonxitudinal na que o órgano comeza a abrir pola súa base.
-
dehiscencia circuncisa/transversal
Dehiscencia na que o órgano se abre ao ancho.
-
dehiscencia loculicida
Dehiscencia que se produce ao fenderse os carpelos que forman o froito ao longo do seu nervio medio.
-
dehiscencia lonxitudinal
Dehiscencia que ten lugar ao longo do órgano.
-
dehiscencia operculicida
Dehiscencia que se realiza mediante a separación dun opérculo.
-
dehiscencia placenticida/septicida/sutural
Dehiscencia que se produce pola separación dos carpelos que forman o froito, seguindo as liñas de unión.
-
dehiscencia poricida
Deshiscencia que se produce pola apertura de poros ou orificios.
-
-
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista bilingüe aparecida na Coruña o 2 de xuño de 1990, editada polo Centro de Publicaciones do ministerio do Interior. Subtitulouse “Revista de la Administración General del Estado en la Comunidad Autónoma Gallega” e contou coa colaboración de José María Álvarez, Perfecto Hermida e Begoña Cristeto, entre outros. Dividiuse nas seccións: “Sumario”, “Informes”, “Consejo de Ministros”, “Datos”, “Inversiones” e “Documentos”. Incluíu artigos referentes á economía e aos orzamentos, á xustiza, á alimentación, á educación e á ciencia e outros casos.
-
-
Pracer intenso e exquisito.
-
Aquilo que causa pracer.
-
Biscoito recheo de marmelada de pera e albaricoque, crema, cabelo de anxo ou outro produto, e conformado en forma de rolo. Tamén poden recibir este nome distintas preparacións culinarias sen que correspondan a un procedemento particular.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poemario publicado por Yolanda Castaño en 1998. Na liña do seu primeiro libro, Elevar as pálpebras (1995), os textos xiran ao redor do amor, da ausencia do amado, do desexo de liberación ou da deshumanización da vida urbana. A obra recibe a influencia da poesía erótica de Delmira Agostini e, en última instancia, de Catulo e Safo. Organízase nun poema final e cinco partes unidas por un fío argumental que despregan as etapas dunha relación amorosa: “Sensitiva”, “As historias”, “A felonía”, “Se penso nas cousas que fixemos”, “O goberno das vontades” e “Poética das incertidumes”. A primeira parte plasma un mundo paradisíaco que corresponde ao presente gozoso dun amor correspondido. Iníciase co cumprimento dun rito, morder unha orquídea incendiaria que ten os efectos máxicos da mandrágora e descobre un mundo sensual a través da enumeración de praceres gustativos (fresca confitura, marmelos louros, nésperas de mel, malvasías, etc) que abren o camiño cara ao desexo, á iniciación sexual, ao encontro...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de delicuescente.
-
-
Feito de cometer delitos.
-
-
Conxunto de infraccións penais consideradas dentro do marco social. É un fenómeno innato en toda sociedade porque o delito é un acto humano; é por isto polo que a sociedade procura previla ou reprimila cunha serie de medidas destinadas a reducir o seu impacto, a través da política criminal. O influxo do ambiente social (pobreza, desestruturación, etc) é un factor destacado entre as súas causas. Fálase neste sentido de áreas de delincuencia e de subculturas de delincuencia. O que parece certo é que toda a delincuencia resulta favorecida pola mesma civilización moderna: crecente despersonalización e anonimato para a maioría dos individuos; crecente desestruturación familiar e frustración persoal ante a imposibilidade de alcanzar certos ideais que a propaganda presenta; desprecio social de valores éticos (como, p ex, a solidariedade, substituída polo culto á competitividade). Tamén hai que destacar a diferenza que se pode establecer entre a delincuencia urbana e a rural....
-
delincuencia xuvenil /
Conxunto de actos delitivos, transgresións ás leis e manifestacións concomitantes que teñen como suxeito, en actos individuais ou colectivos, a persoas non adultas. O fenómeno social que constitúe modernamente a delincuencia xuvenil fixo que se separase o seu estudo da delincuencia xeral. O motivo desta diferenciación está na necesidade de que a acción xurídica, o control social e os medios de corrección sexan diferentes dos que a sociedade ten respecto aos adultos. Así, xurdiu unha nova lexislación, diferenciada da criminal, que se caracteriza pola ausencia ou a suavización do rigor formal que hai nos procedementos criminais e por unha atención primordial ao ambiente e ás circunstancias que envolven os delincuentes.
-
-
-
-
Desaparición máis ou menos rápida dunha inflamación, un tumor ou un absceso.
-
Fragmentación en partículas pequenas que sofre un cristal ao perder a auga de cristalización.
-
-
-
-
Perturbación total ou parcial das facultades mentais. Pode ser de natureza biolóxica, por mor do envellecemento, ou debido a lesións cerebrais, especialmente no encéfalo e nas súas coberturas, e supón a perda dunhas facultades antes existentes.
-
demencia precoz
esquizofrenia.
-
demencia presenil
Nome xenérico para certos trastornos dexenerativos cerebrais propios da idade madura, que se manifestan arredor dos 40 ou 50 anos. O máis frecuente é a enfermidade de Alzheimer.
-
demencia senil
Demencia que se produce principalmente por trastornos circulatorios no cerebro en idades avanzadas. Aparece como resultado do envellecememnto progresivo.
-
-
Conduta ou acción desprovista de razón.
-
-
-
Relativo ou pertencente á demencia.
-
Que é absurdo e incomprensible.
-
-
PERSOEIRO
Escritora. Destacou, sobre todo, na produción teatral con obras como Turneu în provincie (Xira por provincias, 1946), Trei generaţti (Tres xeracións, 1956), Oameni şi jivine (Homes e bestas, 1956) e Arborele genealogic (Árbore xenealóxica, 1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Doutrina política que defende a intervención do pobo no goberno e na elección dos gobernantes. O termo democracia xurdiu na Grecia antiga no s V a C como un sistema político no que o poder do goberno ou kratia era detentado e exercido polo pobo, en contraposición a outras formas exclusivas de goberno como a aristocracia, a plutocracia ou a oligarquía. En Roma, a forma de goberno democrática consolidouse varios séculos, pero foi subsituída pola proclamación do Imperio, aínda que a civilización romana achegou unha tradición republicana baseada na soberanía popular sobre os asuntos públicos, que se expresaría no medievo no Dixesto. As bases da democracia moderna establecéronse en Inglaterra no s XVII. A promulgación da Bill of Rights (1688) e as formulacións teóricas de Locke ou Hobbes, debuxaron un estado derivado dunha convención entre os homes libres que acordaron entre si a formación dunha entidade capaz de garantir os seus dereitos. Montesquieu, Rousseau e outros pensadores...
-
democracia cristiá
Conxunto de movementos, partidos políticos e sindicatos que poñen ao servizo da democracia a doutrina dos Evanxeos. Xurdiu como un intento de reconciliar o cristianismo co novo mundo xurdido da Revolución Francesa e liberar a Igrexa do seu compromiso co Antigo Réxime. Definiu unha ideoloxía que combinaba a concepción católica de xustiza social coas ideas liberais sobre a democracia política. As raíces atópanse en dous movementos paralelos, pero distintos, de mediados do s XIX: o catolicismo liberal e o catolicismo social. Trala oposición de diversos pontífices, Pío IX, León XIII e Pío X, á creación dun partido democratacristián, desde o papado de Benedic22to XV xurdiron os primeiros partidos: Luigi Sturzo fundou o Partito Popolare Italiano (1918), antecedente da democracia cristiá actual (Partito Democrazia Cristiana). Máis tarde apareceron o Parti Démocrate Populaire (1924) (Mouvement Républicain Populaire), a Unió Democràtica de Catalunya (UDC, 1931) e a Falange Nacional Chilena...
-
democracia directa
Sistema político no que o pobo exerce a soberanía sen a intervención dun organismo representativo. O pobo intervén directamente, non só na elección dos cargos, senón tamén en tarefas lexislativas e executivas a través de asembleas, como sucedeu nas polis gregas, logo recuperadas por Rousseau. As características económicas, sociais, territoriais e demográficas do moderno estado-nación fan imposible o desenvolvemento da democracia directa, aínda que se deseñan determinadas fórmulas para a participación dos cidadáns na toma de decisións, como son as asembleas directas, onde o corpo electoral discute e adopta decisións, como os Landsgemeinden (“asembleas comunais”) suízos, ou nas asembleas de veciños, como o réxime de concello aberto en España, para municipios cunha poboación inferior a cen habitantes.
-
democracia orgánica
Sistema político no que a expresión da vontade popular se canaliza por medio de agrupacións naturais das persoas nos seus ámbitos de relación básicos: a familia (marco primario de desenvolvemento social), o municipio (espacio fundamental de convivencia) e o sindicato (entendido como asociación de produtores). Foi o réxime político vixente en España dende a aprobación do Fuero de los Españoles (17.7.1945) ata a promulgación da Ley de Reforma Política (4.1.1976).
-
democracia política
Conxunto lexislativo e constitucional que asegure o libre exercicio das liberdades políticas, entre outras, as de asociación, de expresión e de reunión.
-
democracia popular
Réxime político establecido ao final da Segunda Guerra Mundial en diversos estados do leste e do surleste de Europa. Creouse baixo a dirección dos partidos comunistas como unha forma estatal no período de transición do capitalismo ao socialismo e como unha modalidade da ditadura do proletariado. Caracterízase pola socialización dos medios de produción, a planificación social e económica centralizada e o monopolio do poder en mans dunha elite do partido comunista.
-
democracia representativa
Sistema político no que o pobo exerce a soberanía mediante a elección periódica polo corpo electoral dos órganos representativos. O pobo elixe os seus gobernantes a través das eleccións políticas e estes represéntano nas tarefas gobernativas. O sistema impera, trala Segunda Guerra Mundial e a descolonización, na maioría de estados democráticos dos cinco continentes.
-
-
País cun sistema de goberno democrático.
-
Sistema de participación de todos os membros dunha organización na toma de decisións.
-
...
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida o 21 de marzo de 1936 en Ourense subtitulada “Órgano de Unión Republicana”. Cesou probablemente en xullo do mesmo ano. Contou coa colaboración de Rafael Romero Gracia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade trisemanal aparecida o 20 de outubro de 1868 en Pontevedra. Fusionouse con outros periódicos e pasou a titularse La Democracia, La República Federal e La Democracia Republicana. Levaba por subtítulo “Periódico defensor de las ideas democráticas” e imprimíase nos obradoiros tipográficos de J. M. Madrigal e Cía. No seu equipo de redacción figuraba Nicanor Rey. Entre os seus obxectivos destacaba facer públicas todas as cuestións que non fosen acordes con respecto aos principios da revolución da Gloriosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política fundada en 1996, liderada por Enrique Marfany. De orientación centrista e autonomista, presentou a súa candidatura en todos os procesos electorais celebrados a partir de 1997. Trala celebración das eleccións municipais de 1999 os seus candidatos accederon ás alcaldías dos concellos de Ordes, Touro e Xinzo de Limia. Concorreu ás eleccións autonómicas de 2001 formando parte da federación Democracia Progresista Galega.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter obreirista que apareceu en Lugo, probablemente en decembro de 1973. Subtitulado “Órgao das Comisións Obreiras de Lugo”, contiña artigos de carácter político e analizaba a situación económica e laboral de diferentes empresas.
VER O DETALLE DO TERMO