dehiscencia

dehiscencia

(< lat dehiscentĭa, ppres de dehiscĕre ‘abrirse’)

    1. s f [BIOL]

      Proceso polo que un órgano animal ou vexetal se abre de forma espontánea para dar saída ao seu contido.

    2. dehiscencia ascendente [BIOL]

      Dehiscencia lonxitudinal na que o órgano comeza a abrir pola súa base.

    3. dehiscencia circuncisa/transversal [BIOL]

      Dehiscencia na que o órgano se abre ao ancho.

    4. dehiscencia loculicida [BOT]

      Dehiscencia que se produce ao fenderse os carpelos que forman o froito ao longo do seu nervio medio.

    5. dehiscencia lonxitudinal [BIOL]

      Dehiscencia que ten lugar ao longo do órgano.

    6. dehiscencia operculicida [BIOL]

      Dehiscencia que se realiza mediante a separación dun opérculo.

    7. dehiscencia placenticida/septicida/sutural [BOT]

      Dehiscencia que se produce pola separación dos carpelos que forman o froito, seguindo as liñas de unión.

    8. dehiscencia poricida [BOT]

      Deshiscencia que se produce pola apertura de poros ou orificios.

  1. [FISIOL]
    1. s f

      Separación natural ou espontánea dunha parte do organismo.

    2. dehiscencia folicular

      Rotura do folículo De Graaf, na metade do ciclo menstrual, que permite o desprendemento do óvulo.