"RAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1337.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa promovido polas Nacións Unidas desde 1965 para mellorar as condicións de vida do ser humano, tanto no relativo ao medio natural como ao medio humano. Desde 1990 publica anualmente o Informe sobre o Desenvolvemento Humano que clasifica os países segundo o Índice de Desenvolvemento Humano (IDH). Ten a súa sede en Nova York.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa das Nacións Unidas xurdido da Conferencia de Estocolmo (1972) e creado coa finalidade de velar polo equilibrio ecolóxico dos océanos, a prevención da erosión dos solos, a mellora das augas e a calidade da vida rural e urbana. Ten a súa sede en Nairobi.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada na Coruña a partir de 1978. Subtitulada “Información de Hostelería y espectáculos de La Coruña”, estivo dirixida por J. A. Gaciño Barral. Foi unha guía comercial e publicitaria da Coruña con crónicas de política local. Suspendida durante case un ano, reapareceu en xullo de 1979.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Programa da UNESCO que ten por finalidade o desenvolvemento, no marco das ciencias naturais e sociais, dunha base racional para a utilización e a salvagarda dos recursos da biosfera e para a mellora das relacións entre o ser humano e o medio, estudando non só o impacto humano no medio senón tamén as repercusións ambientais sobre a poboación humana. Foi promovido en 1970, durante a XVI Conferencia Xeral da UNESCO.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa rexional da Unión Europea, con vixencia entre 1986 e 1992, destinado a modernizar as economías das rexións mediterráneas, afectadas pola competencia de España e Portugal na ampliación a doce estados da UE.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Iniciativa da Unión Europea levada a cabo por un programa que ten como obxectivo reforzar a cooperación interrexional e transfronteiriza entre os seus estados membros e mellorar a eficacia das políticas e dos instrumentos de desenvolvemento rexional, grazas ao intercambio de información e experiencias a grande escala. Tratou de desenvolver e dinamizar as zonas rurais, baseouse na conquista das actividades agrarias, a potenciación dos recursos do patrimonio natural, histórico, arquitectónico e cultural e a diversificación das actividades socioeconómicas dentro dun marco de colaboración e cooperación. Financiouse co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa creado en 1961 pola ONU para colaborar nas necesidades urxentes de alimentos motivadas por catástrofes naturais ou para proporcionar axuda a países en desenvolvemento. Ten a súa sede en Roma.
-
-
Acción e efecto de programar.
-
Preparación e establecemento dun programa.
-
-
Conxunto de programas que ocupan todo o tempo de emisión dunha canle de radio ou televisión.
-
programación enlatada
Programación e publicidade gravada con anterioridade á emisión.
-
-
Ordenación operativa dun conxunto sistemático de contidos de aprendizaxe, obxectivos educativos e actividades didácticas.
-
Realización dun programa informático.
-
Conxunto de técnicas de racionalización da actividade económica que teñen por obxecto a determinación de medidas e periodificación que hai que aplicar en certos medios para a consecución dun obxectivo prefixado. Esta programación pode efectuala unha empresa privada ou un organismo estatal, dependendo do obxectivo e do alcance que vaian ter os seus resultados.
-
Conxunto de procedementos matemáticos que se empregan para resolver problemas de óptimos condicionados, é dicir, aqueles que consisten en maximizar ou minimizar unha función numérica con diversas variables suxeitas a certas limitacións. Comprende a programación lineal, a cadrática e a dinámica.
-
-
-
Que ou quen programa ou realiza unha programación.
-
-
Persoa que realiza un programa informático.
-
Aparato que executa as operacións correspondentes a un programa determinado.
-
-
-
-
Elaborar ou establecer un programa.
-
Dar as ordes necesarias a un aparato para que realice un programa.
-
Elaborar un programa informático.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a un programa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gráfico das fraccións proteicas do soro sanguíneo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de psicoterapia, popularizada por J. L. Moreno, que consiste na representación dramática improvisada por parte do paciente dos papeis suxeridos ou non polo director do xogo.
-
PERSOEIRO
Actor e director teatral. Formado no Teatro Experimental Independiente (1970) en Madrid, exerceu como profesor de interpretación e creou o Pequeño Teatro de Magallanes (1971). Realizou diversos traballos no cine e na televisión con coñecidos realizadores, como Mario Camus e Luis Buñuel. En Vilagarcía de Arousa creou a compañía de teatro Ítaca (1979), en que participou como director e escenógrafo de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1980), de C. Casares; Historia do Zoo (1981), de E. Albee; Amantes (Vencedores e Vencidos) (1982), de B. Friel, e Eclipse total (1984), de Ch. Hampton.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Karaman-Oghlu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de traballo que se emprega no sistema técnico e que equivale ao traballo necesario para levantar un quilogramo a un metro de altura: 1kgm = 1kp ·1m.
-
-
Unidade de masa no S I, do que é unha das sete unidades básicas. É a masa do prototipo internacional do quilogramo, construído en platino iridiado, e que é conservado na Bureau International des Poids et Mesures de Sèvres (Francia).
-
quilopond.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación gráfica da fala en que se poden apreciar e analizar as vibracións larínxeas, bucais e nasais das emisións lingüísticas.
-
GALICIA
Historiador. Interesado pola historia social e económica, a historia das ideoloxías políticas e as súas relacións con cuestións literarias e culturais, como integrante do Grupo Gándara publicou Desenvolvemento económico e transformacións políticas (1945-1975) (1998); ademais escribiu Nacionalismo radical, transición y proceso autonómico en Galicia (1975-1980) (1975), con L. Domínguez Castro, e Ramón Otero Pedrayo: vida, obra e pensamento (1998), con M. Valcárcel.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista e político. Doutor en Ciencias Económicas, foi catedrático na Escola de Comercio da Coruña e nas universidades de Santiago de Compostela e da Coruña (1970-1984). Deputado no Congreso por UCD na I lexislatura (1979-1982), participou na Comisión dos 9 (1979). Director adxunto de Caixa Galicia (1984-1994) e directivo en diversas entidades, foi nomeado director xeral (1994) e presidente (2002) da Confederación Española de Cajas de Ahorro (CECA). En 2003 elixírono vogal do Consello de Estado. Publicou, entre outros, La empresa socialista: una aproximación económica (1971), Sobre un modelo dinámico de monopolio (1971), La Economía como disciplina en etapa de transición hacia su constitución como ciencia empírica (1973) e Economía y educación (1983). Pertence á Academia Galega de Ciencias, á Royal Economic Society e á Sociedad Española de Sistemas Generales. Recibiu o Premio Fernández Latorre de xornalismo (1981) e a Medalla Castelao (2000).
VER O DETALLE DO TERMO