"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo e poeta inglés. Creou un teatro en que expoñía os seus ideais de autor renacentista e que se distinguía pola paixón que deu aos seus personaxes e pola incorporación da historia nacional á trama. Das súas obras destacan Tamburlaine the Great (1590), onde expresa o ideal de identificación coas ideas do Renacemento; Edward II (1594) e The Tragicall History of Doctor Faustus (1604), publicadas postumamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe literario creado polo escritor estadounidense Raymond Chandler, que protagonizou unha serie de sete obras de temática policial. Caracterizado como o prototipo de investigador privado da novela negra, loita contra a corrupción do diñeiro e do poder político.
-
PERSOEIRO
Avogado e xornalista. Da súa produción destaca La resistencia gallega. Discurso acerca del movimiento de protesta a que dio origen el proyecto de supresión de la Capitanía General de Galicia (1893).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e director teatral. Traballou no grupo O Facho e, en 1983, fundou Danthea Teatro, compañía en que dirixiu as súas producións A máis forte (1985), Sobre o tabaco (1985) e Peluquillas Mangariñas II (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor uruguaio. Autor de obras narrativas, ensaios e crónicas de viaxes, os seus primeiros contos apareceron en 1944. Da súa produción destacan o relato extenso Los aborígenes (1960); as recompilacións de contos Los días por vivir (1960), Los prados de la conciencia (1968), Vida o muerte (1971) e La máscara (1977); e as novelas El paredón (1962), La otra mitad (1966) e El color que el infierno me escondió (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Doutor en Filloloxía Galego-portuguesa, centrou os seus estudios, sobre todo, nos campos da literatura medieval galego-portuguesa e nas relacións entre escrita e plástica nas literaturas en lingua galega e portuguesa. Publicou As cantigas de Fernan Paez de Talamancos (1992), Natura das animalhas. Bestiario medieval da lírica profana galego-portuguresa (1996), A pintura nas palavras. “A Engomadeira de Almada Negreiros”: uma novela em chave plástica (1996), Razões de fogo, versos fabricados. Sonetos portugueses dos séculos XVI, XVII e XVIII (1998) e A indócil liberdade de nomear. (Por volta da "interpretatio nominis" na literatura trovadoresca) (1999, Premio Espiral Maior de Ensaio), e, en colaboración, Luís de Camões. Doce canto en Terra Alheia? Apêndice: Camões em Terra Alheia (Presenças camonianas na lírica galega) (1998). Recibiu o Premio de Investigación Xunta de Galicia (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Foi director da Escola de Práctica Xurídica e secretario do Instituto de Criminoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Escribiu El delito fiscal (1982), La circunstancia agravante de precio, recompensa o promesa (1983), Consideraciones en torno a la creación de un delito relativo a la publicidad engañosa (1984), La Reforma de los delitos contra la propiedad en la ley orgánica del 25 de junio de 1983 (1984) e Las condiciones objetivas de punibilidad (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Exerceu como notario ata que ingresou no mosteiro de Santa Luaría de Oseira, onde se ordenou sacerdote en 1955. Escribiu Vida de San Bernardo (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Deportista. Foi director de arbitraxe e organización da Federación Galega de Judo e presidente da comisión xestora da Federación Galega de Taekwondo. Foi campión galego de taekwondo, subcampión de España e medalla de bronce no Campionato Internacional Open USA. Publicou Iniciación ao taekwondo (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño. Foi capitán de corveta e secretario da Escuela Naval Militar de Marín. Escribiu artigos sobre a historia marítima galega e as obras El despacho de Méndez Núñez: En el Museo de Pontevedra (1944) e Serie de modelos de plomo del Museo de Pontevedra (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Foi xefe do Servicio de Programas Culturales de TVE e xefe do Servicio de Programas Dramáticos de TVE. Escribiu numerosas obras sobre temas históricos e de heráldica, entre as que destacan Cuartilla, Consideraciones sobre lo humano, lo lírico y lo clásico en la poesía de Lope de Vega, Trovadores gallegos. Macías el Enamorado y Juan Rodríguez del Padón (1944), El bosque de Ancines (1966) e Elegía de la muerte de mi padre, Torres, pazos y linajes de la provincia de La Coruña (1978). Foi membro da Real Academia de la Historia de Madrid, da Real Academia Galega, da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario, da que foi presidente de honra, da Academia Gallega de Jurisprudencia y Legislación e da Academia Nacional de Bellas Artes da República Arxentina. Recibiu a Medalla de Galicia (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico italiano. Converteuse en erudito das Sagradas Escrituras, fundamentalmente na crítica paleográfica do Novo Testamento. Arcebispo de Milán (1978) e cardeal desde 1980, as súas posturas cualificáronse de progresistas ao favorecer o diálogo entre ateos e crentes, así como entre as distintas relixións. Escribiu Non temiamo la storia (1992), La preghiera di chi non crede (1994) e Verso Gerusalemme (2002). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociales (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo, político e economista alemán. Foi, xunto con F. Engels, o creador do socialismo científico e o fundador da Liga dos Comunistas (1847). O estudo e a crítica da economía política, especialmente da inglesa, foron os factores desencadeantes na formación da teoría marxista da sociedade ou materialismo histórico, e as implicacións políticas inherentes á análise que se incluían sobre o capitalismo deron lugar ao socialismo científico, base teórica da revolución proletaria. En 1931 comezou a traballar na redacción do xornal Rheinische Zeitung (Gaceta Renana), que dirixiu (1842-1843) ata que foi clausurado. Ante a imposibilidade de traballar en Alemaña, trasladouse a París onde coñeceu a F. Engels, con quen colaborou constantemente, e a outros revolucionarios como Mikhail A. Bakunin ou L. Blanqui. Foi expulsado de Francia polas súas colaboracións no semanario Vorwärts e marchou a Bruxelas (1945). En 1949 chegou a Londres, onde permaneceu o resto da súa vida e escribiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Motociclista. Especialista en probas de resistencia, foi campión de España de Enduro (1979-1985), gañou o Rallye de Tunisia (1987), a Baixa España Aragón (1987) e conseguiu o segundo posto no París-Dakar (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e gravador. Iniciouse na pintura desde cativo, en 1912 instalouse en Vilagarcía de Arousa, onde coñeceu a obra de Castelao, que marcou a súa traxectoria artística e espertou o seu interese pola importancia do debuxo como arte. Viaxou a Madrid en 1915 e introduciuse no mundo cultural da capital. De volta a Galicia colaborou en Vida Gallega, Faro de Vigo e El Pueblo Gallego e xunto con Rafael Dieste e Manuel Antonio comezou a forxar a vangarda galega. Realizou retratos, viñetas e estampas que mostraban o inicio dunha nova xeración, a dos Novos ou dos Renovadores, mentres mantiña tamén relación cos membros da Xeración Nós. En 1926 recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra e viaxou a París onde perfeccionou a súa técnica, empregando o gravado para a reprodución exacta e a xilografía como medio esclarecedor da forma. Coñecía e rexeitaba o academicismo e en París descubriu a vangarda europea e recibiu a influencia do eslavismo de rusos como M. Larionov ou N. Gontcharova. Percatouse...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e compositor. Comezou a súa carreira musical na década de 1960. Pertenceu á compañía de discos CBS, coa que editou, entre 1970-1973, O lento camiñar e Historia de un amor. Escribiu diversas cancións, das que destacan ‘Noche no estás sola’ e ‘Calle sin tiempo’.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo e político italiano. Foi senador e ministro da Instrución Pública (1862), pero dedicou parte da súa vida á investigación científica. Autor do Ensaio sobre os fenómenos eléctricos dos animais (1840), continuou os traballos de Galvani sobre a electricidade nos seres vivos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Coñecido tamén como “o derradeiro dos góticos” pola súa novela Melmoth the Wanderer (1820), converteuse nun especialista do xénero de terror. Publicou as novelas The fatal revenge or the Family of Montorio (1807), The Wild Irish Boy (1808), The Milesian Chief (1812) e a traxedia en verso Bertram (1816).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista. Chanceler de Francia (1768), aboliu o parlamento de París (1771) e intentou establecer un goberno que eliminase calquera oposición á monarquía. Trala morte de Luís XV de Francia (1774) foi destituído.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político. Fundou o movemento monárquico L’Action Française e dirixiu a revista e o diario do mesmo nome. Foi favorable á evolución dos nacionalismos e anticipou algúns axiomas do fascismo. Escribiu L’avenir de intelligence (1905), Enquête sur la monarchie (1900-1909), La Musique intérieure (1925) e Romanticisme et révolution (1925).
VER O DETALLE DO TERMO