Martínez Pereiro, Carlos Paulo
Filólogo. Doutor en Filloloxía Galego-portuguesa, centrou os seus estudios, sobre todo, nos campos da literatura medieval galego-portuguesa e nas relacións entre escrita e plástica nas literaturas en lingua galega e portuguesa. Publicou As cantigas de Fernan Paez de Talamancos (1992), Natura das animalhas. Bestiario medieval da lírica profana galego-portuguresa (1996), A pintura nas palavras. “A Engomadeira de Almada Negreiros”: uma novela em chave plástica (1996), Razões de fogo, versos fabricados. Sonetos portugueses dos séculos XVI, XVII e XVIII (1998) e A indócil liberdade de nomear. (Por volta da "interpretatio nominis" na literatura trovadoresca) (1999, Premio Espiral Maior de Ensaio), e, en colaboración, Luís de Camões. Doce canto en Terra Alheia? Apêndice: Camões em Terra Alheia (Presenças camonianas na lírica galega) (1998). Recibiu o Premio de Investigación Xunta de Galicia (1992).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Maianca, Oleiros