"ROM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1150.

  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, un león rampante de goles, colgando das súas garras dianteiras unha folla de figueira en cada unha. Outro trae, en campo de prata, un león rampante de goles; bordo de goles cargado de oito aspas de ouro. Outro, escudo mantelado: 1, de prata, cunha cruz flordelisada de goles; 2, de prata, cun león de goles; 3, de goles, cun M de prata surmontado de coroa de ouro; bordo de goles cargado de oito aspas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista. Letrado do Consello de Estado e militante de Alianza Popular e do PP, foi secretario xeral de Sanidade, director do Instituto de Estudios de la Administración Local, subsecretario da Presidencia do goberno e subsecretario do Ministerio da Gobernación. Foi deputado no Congreso de los Diputados (1982-1989) e no Parlamento galego (1993-1996), e presidiu a Deputación Provincial da Coruña. Foi vicepresidente da Xunta de Galicia (1982), conselleiro de Agricultura, Gandaría e Montes (1990-1993) e de Sanidade e Servizos Sociais (1993-1996). Foi ministro de Sanidade e Consumo (1996-2000) e presidiu o Consello de Estado (2003-2004). Escribiu Lecturas para estos tiempos: sociedad abierta, globalización, inmigración, multiculturalismo (2002) e El artículo 107 en el marco de la constitución española de 1978 (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Formou parte da Junta Central de la Vacuna de Cuba onde aplicou por primeira vez a vacina da varíola (1804). Escribiu Disertación sobre la fiebre maligna llamada vulgarmente Vómito Negro, enfermedad epidémica de las Indias Occidentales, que constitúe unha das mellores monografías sobre febre amarela da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e escritor. Doutor en Medicina pola Universidad Complutense de Madrid, colaborou en diversas publicacións médicas e noutras publicacións. Escribiu Vivencias galaicas (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño. Foi garda mariña en Ferrol (1780) e interveu en numerosas batallas navais en Europa, América e o norte de África. Ascendido a tenente de navío (1797), enfrontouse cos ingleses do almirante Jewis fronte ao cabo de San Vicente. Loitou durante a Guerra da Independencia, ascendeu a brigadier (1814) e opúxose á restauración da monarquía apoiando o levantamento de Porlier. Fuxiu a Reino Unido e volveu a España tras o Pronunciamento de las Cabezas de San Juan, pero tivo que volver a exiliarse ata 1832. Presidiu a Xunta Revolucionaria de Cádiz, foi capitán xeneral da Armada e director xeneral da mesma, ademais de senador pola Coruña (1837-1838) e senador vitalicio (1845-1846). Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de obras e escultor. De estilo barroco, a súa primeira obra foi o retablo para a confraría do Rosario para a igrexa de San Domingos, que está perdido. En 1663 comezou a traballar con retablos para Mateo de Prado, para quen fixo os colaterais do de Santa María de Conxo (1664-1665) e outras obras. En 1669 fíxose cargo das obras do convento de Conxo onde rematou o claustro (1674) e a reforma da escaleira (1690). Finalizou a igrexa dos xesuítas (1670-1673). En 1673 realizou a coroación do cadeirado do coro baixo da igrexa de San Martiño Pinario, onde destaca o dinamismo, a plasticidade, os efectos de claroscuro e a abundante decoración barroca. En 1674 comezou a construción do convento das mercedarias cuxa igrexa se consagrou en 1689. Destaca tamén a capela do Rosario de Santa Baia de Arealonga (Vilagarcía de Arousa). Ademais realizou varias reformas no colexio de Fonseca, onde se encargou de reedificar a capela, ampliar o claustro e construír o remate da fachada, e fixo diversas vivendas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xogador de baloncesto. Xogou como pivote no Real Madrid e gañou sete campionatos de Liga, cinco Copas do Rei, dúas Copas de Europa, unha copa Korac e dúas Recopas. Integrante da Selección Nacional Absoluta en 174 ocasións (1979-1982), acadou as medallas de prata no Eurobasket (1983) de Francia e nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984). Retirouse en 1995. Recibiu a Medalla de Oro al Mérito Deportivo (1998), concedida polo Consejo Superior de Deportes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa. Ingresou no convento das mercedarias de Santiago de Compostela e, por orde do seu confesor, Luís de Salcedo, escribiu a súa Autobiografía, que se conserva manuscrita, e numerosas cartas entre 1698 e 1701.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor de orixe galega. De estilo barroco, formouse con Domingos de Andrade e na etapa final da súa obra colaborou con Fernando de Casas e Simón Rodríguez. Na primeira época realizou, entre outros, os dous órganos da catedral de Santiago de Compostela. Tamén desta época é o retablo da Soidade (1708) na mesma catedral, os retablos maiores das igrexas de Santa Salomé (1712) e do Pilar (1720), en Santiago de Compostela, e os retablos principais da colexiata de Santa María de Iria Flavia (1714), do santuario da Virxe da Barca de Muxía (1717) e da capela do Santo Cristo na igrexa de Santa María das Areas en Fisterra (1721). En Iria Flavia realizou tamén un cadeirado de coro e dúas tribunas. Nestes retablos xa amosou un lixeiro movemento en planta e a interrupción do entaboamento na rúa central, onde abriu grandes vans para acoller a imaxe titular. Na súa etapa final centrouse na realización de retablos e substituíu a columna salomónica por unha máis avultada e polo estípite. Desta fase final...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. De orixe galega, foi mestre de estudantes e lector de Artes no colexio de San Gregorio de Valladolid, catedrático de Teoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (1716), prior do convento de Santiago en varias ocasións e vigairo provincial do Reino de Galicia (1726-1727).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. De orixe galega, foi colexial en San Gregorio de Valladolid e exerceu como prelado nos conventos de Villalpando, Astorga, Pontevedra, Lugo, Santiago, Ribadavia, Tui e A Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de elementos do cerebro embrionario que dan lugar ao cerebelo, á protuberancia anular e ao bulbo raquídeo, e que están formados polo mielencéfalo e polo metencéfalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico alemán. Foi profesor en Berlín e especializouse en patoloxía e neuroloxía. A súa obra Lehrbuch der Nevenkrankheiten (1840) está considerada como unha obra clásica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oscilacións do corpo e tendencia a caer, que se manifesta no paciente dereito, cos pés xuntos e os ollos pechados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten a forma dun rombo.

    2. Sistema cristalino con tres clases de simetría, en que o poliedro fundamental é un paralelepípedo rectangular, forma composta de tres pinacoides básicos. As arestas do poliedro fundamental son os eixes cristalográficos do sistema e forman tres ángulos rectos: á=â=ã. A bipirámide rómbica formada por oito caras ten forma de triángulos escalenos, corta os tres eixes fundamentais segundo parámetros desiguais a, b, c. OBS: Tamén se denomina sistema ortorrómbico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos rombíferos.

    2. Equinodermo fósil da orde dos rombíferos.

    3. Orde do filo dos equinodermos que apareceron no Ordovícico e se extinguiron no Devónico, e que se caracterizaban porque as placas do cáliz, máis ou menos globoso, presentan estruturas romboidais ben marcadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Filipinas situada no mar de Sibuyan, entre as illas de Sibuyan e Tablas, na rexión de Tagalog Meridional (82 km2). A súa capital é Romblon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paralelogramo que ten os lados iguais e cuxas diagonais se cortan no punto medio e son perpendiculares entre elas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao romboedro.

      2. Que ten a forma dun romboedro.

    1. Sistema cristalino formado por cinco clases cristalinas cun eixe principal de simetría que é ternario. OBS: Tamén se denomina sistema trigonal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Paralelepípedo coas caras en forma de rombo.

    2. Forma fundamental do sistema romboédrico que deriva do hexaedro deformado dunha maneira homoxénea.

    VER O DETALLE DO TERMO