"Rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Areal da ribeira dereita da ría de Arousa, situado entre a praia de Aro e a punta da Ostreira, na parroquia do Xobre (A Pobra do Caramiñal).
-
PUNTA
Punta da ribeira dereita da ría de Arousa, situada na parroquia do Xobre (A Pobra do Caramiñal).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás ostras.
-
Persoa que vende ostras.
-
-
PUNTA
Punta da ría de Muros e Noia, situada entre a praia do Salto e a punta de Ventín, na parroquia de Abelleira (Muros).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, enxeñeiro, profesor e teórico de arquitectura alemán. Levantou estruturas suspensas e construcións de inflables de plástico. Da súa produción destacan as sobrecubertas da Exposición Federal de Xardíns de Kassel (1955) e Colonia (1957), o pavillón alemán da Exposición Universal de Montréal (1967) e as sobrecubertas das instalacións olímpicas de Múnic (1972). Publicou Das Hängende Dach (O teito pendurado, 1954) e Neuer Lebensraum (Novo espazo vital, 1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Xoán que dá nome ao concello de Outeiro de Rei, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello que pertence á comarca de Lugo situado no centro-L da Comunidade Autónoma de Galicia e no centro da provincia de Lugo (43° 05’ 40” de latitude N e 8° 36’ 40” de lonxitude O). Limita ao N cos concellos de Begonte e Cospeito (comarca de Terra Chá) e Rábade (comarca de Lugo), ao L co de Castro de Rei (comarca de Terra Chá), ao S co de Lugo (comarca de Lugo), e ao O co de Friol (comarca de Lugo). Abrangue unha superficie de 135,6 km2en que acolle a unha poboación de 4.979 h (2007), distribuída entre as parroquias de Arcos, Aspai, Bonxe, Caboi, Candai, Castelo de Rei, Cela, Folgueira, Francos, Guillar, Martul, Matela, Mosteiro, Outeiro de Rei, Parada, Robra, San Clodio de Aguiar, San Fiz de Paz, San Lourenzo de Aguiar, San Tomé de Gaioso, Santa Mariña, Santiago de Gaioso, Silvarrei, Sobrada de Aguiar, Taboi, Vicinte e Vilela. A capital está no lugar de Outeiro de Rei, na parroquia do mesmo nome, que está localizada a 118 km de Santiago de Compostela e a 11 km de Lugo....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto megalítico situado en Outeiro de Rei. Destaca o dolmen dos Bravos, de pequeno tamaño e formado por sete ortostatos que conforman un espazo poligonal. Conserva restos do corredor. Outra mámoa presenta gravados que representan unha cazola que ocupa o centro dun círculo formado por outras cazolas.
-
PERSOEIRO
Militar. Dirixiu a expedición contra New Orleans (1769) ao servizo da monarquía hispánica. Despois do fracaso da expedición de Alxer (1775), foi capitán xeneral de Andalucía (1776) e gobernador de Cádiz ata que foi destituído polo conde de Floridablanca (1787).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. As súas obras reflicten a vida da burguesía lisboeta do s XX coas fórmulas da narrativa realista do s XIX. Da súa produción destacan Patologia da Dignidade (1928), Ana Paula (1938), obra coa que iniciou o ciclo de cinco novelas Crónica da vida lisboeta, Peça em três actos (1944, Prémio Gil Vicente), O Navio dos Mortos e Outras Novelas (1952), Novelas pouco Exemplares (1967) e Memórias da Minha Vida e do Meu Tempo (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao palangre.
-
Pescador de palangre.
-
Embarcación que se emprega para pescar con palangre.
-
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Tirso que dá nome ao concello de Palas de Rei, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca da Ulloa, situado no centro da Comunidade Autónoma de Galicia e no centro-oeste da provincia de Lugo. A súa posición xeográfica é 42° 51´ latitude N e 7° 52´ lonxitude O. Limita ao N co concello de Friol (comarca de Lugo), ao L co de Guntín (comarca de Lugo) e Monterroso (comarca da Ulloa), ao S co de Antas de Ulla e Monterroso (comarca da Ulloa) e Agolada (comarca de Deza), e ao O cos de Melide, Santiso e Toques (comarca de Terra de Melide). Abrangue unha superficie de 199,7 km 2 cunha poboación de 3.667 h (2007), distribuía nas parroquias de Albá, Ambreixo, Augas Santas, Berbetouros, Cabana, O Carballal, Carteire, Coence, Covelo, Cuíña, Curbián, Felpós, Ferreira de Negral, Filgueira, Fontecuberta, Laia, Lestedo, Maceda, Marzá, O Mato, Meixide, Merlán, Moredo, Mosteiro de Devesa, Orosa, Palas de Rei, Pambre, Pidre, A Puxeda, Quindimil, Ramil, Remonde, Ribeira, Salaia, San Breixo, San Cibrao da Repostería, San Mamede do Carballal, San Miguel de Coence,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito do golfo de Bengala situado entre o SL do Deccan e Sri Lanka. Ten 100 km de ancho e moi pouca profundidade.
-
-
Que ou quen fai palleiros.
-
palleirán.
-
-
REINOS
Nome que recibiu o Reino de Navarra ata o s XI. Constituído pola dinastía ximena como oposición fronte ao Islam, mantivo esta denominación ata 1035, cando tomou o título de Reino de Navarra. Con este cambio de denominación pretendía marcar diferenzas fronte á Coroa de Castela, á que nalgunha ocasión prestara vasalaxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pobra de Trives baixo a advocación de santo Antonio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Foi director do Monte de Piedad e Caja de Ahorros de Santiago de Compostela, director da Real Sociedad Económica de Amigos del País (1878-1886) e impulsor da Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Escribiu Informe sobre foros, subforos y otras cargas semejantes que se conocen en el antiguo reino de Galicia (1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parque etnográfico situado no Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro). Dependente da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, está integrado por un pequeno poboado con pallozas, cunha mostra de mobiliario e útiles domésticos no seu interior, convertido en museo desde 1970; a igrexa prerrománica de Santa María a Real do Cebreiro (s IX) e unha hospedaxe fundada no s IX para atender os peregrinos que se dirixían cara a Santiago de Compostela.
-
-
Relativo ou pertencente á parra.
-
Lugar en que hai parras.
-
Parte dunha casa situada inmediatamente debaixo do tellado onde se almacenan distintos obxectos.
-
Taboleiro que se coloca a certa altura na cociña para poñer distintos obxectos e alimentos.
-