"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor, fillo de Alphonse Daudet. Máis crítico que novelista, foi sobre todo un xornalista acedo e defensor do ideal nacionalista de Charles Maurras, con quen fundou o diario L’Action Française. Da súa produción destacan as obras: Les morticoles (1894), Les Kamchatka (1895) e L’Avant Guerre (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e arqueólogo francés. Foi profesor de historia grega nas universidades de Dijon e Sorbonne, e director da École Française d’Athènes (1949-1969). Entre outras obras publicou: Etapes de l’arqueologie (Etapas da arqueoloxía, 1942) e L’Art antique (A arte antiga, 1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás davaliáceas.

    2. Fento da familia das davaliáceas.

    3. Familia de fentos á que pertence a cabriña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Xeorxia (1089-1125), fillo de Xurxo II. Aproveitou a primeira cruzada e a decadencia turca para reconstruír cidades e repoboar extensas comarcas. Foi o primeiro dos soberanos de Xeorxia que tivo exército permanente. Conquistou Tbilisi (1121) e o seu reino estendíase dende o Mar Negro ata o Caspio e dende o Cáucaso ata Armenia, logo de ocupar a súa capital, Ani, en 1123. Fixo importantes reformas na xustiza, na Igrexa e no exército, e foi un gran protector das artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo británico. Activista, pacifista e anarquista, preocupouse por elevar a fotografía aos niveis das demais artes. Adscribiuse ao pictorialismo propugnado por Peach Robinson, xunto aos membros do Linked Ring Brotherhood, grupo fundado por el mesmo. Introdutor do material kodak no Reino Unido, nas súas imaxes empregou unha serie de teas finas para proporcionarlles sensación de irrealidade ás súas creacións, co que deu paso a unha estética nova. En moitas delas reflectiu estampas bucólicas dos campos ingleses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Comezou a súa andaina artística como gravador para despois dedicarse á pintura. Acadou unha gran sona como retratista e trasladouse a San Petersburgo, onde foi pintor de cámara do Tsar Alexandre I. Pertenceu á Royal Academy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deseñador e construtor de avións inglés. Iniciou o seu traballo na industria do automóbil, ata que en 1908 deseñou o seu primeiro enxeño voador, un aeroplano cun motor de 50 HP de potencia, que construíu e pilotou en 1910. En 1920 fundou a compañía De Havilland Aircraft, dedicada á construción de avións. Durante a Segunda Guerra Mundial creou o bimotor Mosquito. Ademais, foi un dos primeiros construtores de avións a reacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista e dirixente socialista. Marchou a Nova York en 1872 e doutorouse en Ciencias Politicas pola Universidade de Columbia (1878), na que obtivo unha cátedra. No 1887 ingresou nos Knights of Labor, a principal organización obreira dos EE UU, e dende o comezo destacou como orador e publicista. En 1890 abandonou a súa carreira académica e ingresou no Socialist Labor Party (Partido Socialista Laborista, SLP). Neste partido ocupouse inicialmente do diario The Daily People, pero pronto accedeu a unha posición de liderado, cargo que exerceu de xeito autoritario ao tempo que defendeu unha orientación marxista. Os membros descontentos coa súa actuación abandonaron o partido e integráronse no Social Democratic Party de Eugene Debs. No 1905 uniuse con Debs e outros líderes obreiros en Chicago para constituír unha nova central sindical, a Industrial Workers of the World (Traballadores da Industria do Mundo, IWW), coa esperanza de que se convertese nun vehículo da loita de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría que explica as propiedades das solucións acuosas de electrólitos fortes, admitindo que están completamente disociados en ións e que as desviacións observadas respecto ao comportamento previsto pola ecuación de Arrhenius proveñen das súas interaccións electrostáticas. A teoría supón que cada ión se envolve nunha atmosfera iónica de signo contrario (apantallamento de Debye) e obtén, para o coeficiente de actividade medio de electrólitos, unha fórmula sinxela, función da forza iónica (I). A fórmula máis simple (coeficiente de actividade) proporciona valores válidos só para I<0,003; a máis complicada, ata I+0,1. Onsager estendeu esta teoría ao cálculo da condutividade eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación quincenal aparecida no concello de Teo entre os anos 1911 e 1915. De tendencia lerrouxista, subtitulouse “Órgano de la Sociedad de Agricultores”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político belga. Foi cofundador e dirixente do Movemento Rexista, de tendencia antiparlamentaria e autoritaria (1935). Durante a Segunda Guerra Mundial organizou a Lexión Valona, que combateu contra a URSS. Ao rematar a guerra fuxiu a España, mentres en Bélxica foi xulgado e condenado a morte en rebeldía pola súa colaboración coa Alemaña nazi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Cursou estudios na Universität Berlin e na Universität Göttingen, onde se doutorou en 1950. En 1952 marchou aos EE UU, onde se nacionalizou en 1961. Centrou os seus estudios nos métodos de illamento de electróns e ións e, en 1955, desenvolveu a trampa de Penning que permite capturalos mediante un intenso campo magnético e un lixeiro campo eléctrico estático. En 1975 ideou un método para arrefriar os átomos ou partículas atrapadas. En 1989, compartiu o Premio Nobel de Física con Wolfgang Paul e con Norman F. Ramsey.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pai de Día e sogro de Ixión. Cando lle reclamou o dote que lle correspondía ao sogro tralo casamento, este guindouno a un foxo cheo de carbóns ardentes e morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Foi ministro de Colonias (1893-1895) e de Asuntos Exteriores en dúas ocasións (1898-1905 e 1914-1915), desde onde impulsou a expansión colonial e económica de Francia. Mediou na constitución da Entente Cordial (1904) e da Triple Entente (1907). Foi ministro de Mariña (1911-1913) e durante a Primeira Guerra Mundial conseguiu que Italia se decantase polo bando aliado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor cinematográfico francés. Formouse no Conservatorio de París e iniciou a súa carreira traballando para os cineastas da nouvelle vague. Das súas producións destacan: Hiroshima mon amour (Hiroshima meu amor, 1959), Tirez sur le pianiste (Disparen sobre o pianista, 1960) e Le mépris (O desprezo, 1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás deleseriáceas.

    2. Alga da familia das deleseriáceas.

    3. Familia de algas vermellas á que pertencen os xéneros Apoglossum e Delesseria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés. Discípulo de Adolphe Adam, nos inicios da súa traxectoria profesional foi organista de igrexa e posteriormente mestre de coro do Théâtre-Lyrique e da Opéra. Fixéronse célebres os seus ballets Coppélia (1870) e Sylvia (1876), e a ópera Lakmé (1883).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Contratenor inglés. Formou parte dos coros das catedrais de Canterbury e de St. Paul, e debutou en Londres en 1943. Xunto con Desmond Dupré formou o conxunto Deller Consort, dedicado á interpretación de música antiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político grego. Foi ministro de Asuntos Exteriores en varias ocasións, e sostivo unha política expansionista e de reivindicacións territoriais. Elixido primeiro ministro (1885-1886, 1890-1892, 1895-1897, 1902-1903 e 1904-1905), alentou a sublevación dos cretenses e a guerra con Turquía. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo francés. Destacou como un dos grandes representantes da escola rexional e distinguiuse polos seus estudios sobre o hábitat e o poboamento rural. Entre outras obras, cómpre mencionar Le Déclin de L’Europe (O declinar de Europa, 1920), L’Empire Britannique (O Imperio Británico, 1923) e La France économique et humaine (A Francia económica e humana, 1946-1948).

    VER O DETALLE DO TERMO