Debye-Hückel, teoría de
Debye-Hückel, teoría de
[QUÍM/FÍS]
Teoría que explica as propiedades das solucións acuosas de electrólitos fortes, admitindo que están completamente disociados en ións e que as desviacións observadas respecto ao comportamento previsto pola ecuación de Arrhenius proveñen das súas interaccións electrostáticas. A teoría supón que cada ión se envolve nunha atmosfera iónica de signo contrario (apantallamento de Debye) e obtén, para o coeficiente de actividade medio de electrólitos, unha fórmula sinxela, función da forza iónica (I). A fórmula máis simple (coeficiente de actividade) proporciona valores válidos só para I<0,003; a máis complicada, ata I+0,1. Onsager estendeu esta teoría ao cálculo da condutividade eléctrica.